Jorge Saavedra
Jorge Saavedra Miranda, nado na Coruña en 1992, é un modelo e empresario galego.
Jorge Saavedra | |
---|---|
Nacemento | 1992 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo da fotógrafa Paloma Miranda, deuse a coñecer no concurso de modelos de Área Central, que venceu en 2010[1], así como en concursos de beleza locais. En 2011 gañou o premio Coolpeople na Cibeles Week de Madrid desfilando para Knack Men. Modelou para a firma californiana Hollister Co., ao tempo que se iniciou profesionalmente na venda de roupa en distintos establecementos[2].
En 2012 rodou en Portugal a curtametraxe O corpo de Afonso[3]. En 2014 lanzou unha cadea de restaurantes de comida xaponesa, con locais en Madrid e na Coruña.
Notas editar
- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Área Central tiene nuevos 'tops': Jorge Saavedra y Sara Núñez" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-07.
- ↑ "LinkedIn de Jorge Saavedra". Consultado o 7/2/2018.[Ligazón morta]
- ↑ "The King's Body". 2013-10-11. Consultado o 2018-02-07.