Abrir o menú principal

Helena Muñoz

(Redirixido desde "Elena Muñoz")

Helena Muñoz Fonteriz, nada en Madrid o 18 de decembro de 1971, é unha política galega, do PPdeG.[1]

Helena Muñoz
Nacemento18 de decembro de 1971
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
Fillosdúas
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Vigo do PP.

É licenciada en ciencias económicas pola Universidade de Vigo, con especialización en economía pública. Posteriormente acadaría a praza de funcionaria do corpo superior da Administración, na escala superior de finanzas. Traballou na Consellería de Pesca e na Intervención Xeral da Xunta de Galicia, órgano que chegaría a dirixir o 23 de abril de 2009.

O 3 de xaneiro de 2012 foi designada para ocupar o cargo de conselleira de Facenda do goberno galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

En febreiro de 2015 cesou como conselleira da Xunta para presentarse ás eleccións municipais por Vigo.

Repetiu candidatura nas eleccións locais de 2019 nas que a súa formación obtivo uns pésimos resultados o que provocou a súa dimisión como líder do PP vigués así como a de tódolos integrantes nos primeiros postos da lista. Aos poucos días foi designada senadora por designación autonómica polo parlamento de Galicia, onde ten a maioría absoluta o seu propio partido.[2]


Predecesor:
Marta Fernández Currás
  
Conselleira de Facenda
 
2012 - 2015
Sucesor:
Valeriano Martínez García

NotasEditar

Véxase taménEditar