Consellería de Facenda e Administración Pública
A Consellería de Facenda e Administración Pública é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. O seu titular actual é Miguel Corgos López-Prado.
Historia
editarA consellería de Facenda recibiu ese nome dende abril de 2009, co goberno de Alberto Núñez Feijóo. Ese nome tamén o levara entre marzo e setembro de 1983. Anteriormente fora denominada consellería de Economía e Finanzas ou tamén como Economía e Facenda, e integraba tamén as competencias en promoción económica. Durante un determinado período entre 1983 e 1984 ocuparase tamén das competencias sobre comercio.
Conselleiros
editar- Carlos Otero Díaz (1981-1983) - Consellería de Economía e Finanzas, e despois consellería de Facenda.
- Carlos Mella (1983-1984) - Consellería de Economía, Facenda e Comercio.
- Xaime Trebolle (1984-1986)
- Ángel Mario Carreño (1986-1986)
- Xosé Antón Orza (1985-1986)
- Carlos Otero Díaz (1986-1987)
- Fernando Salgado García (1987-1989)
- Xosé Antón Orza (1989-2005)
- Xosé Ramón Fernández Antonio (2005-2009)
- Marta Fernández Currás (2009-2011) - Consellería de Facenda.
- Elena Muñoz (2012-2015)
- Valeriano Martínez García (2015-2021)
- Miguel Corgos López-Prado (2021-...)
Estrutura interna
editarSecretarías e direccións xerais
editarAdemais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que neste caso particular se denomina secretaría xeral e do patrimonio (ocupada a partir de xaneiro de 2012 por Socorro Martín Hierro, a consellería de Facenda conta coas seguintes direccións xerais:
- Intervención xeral: Almudena Chacón (con rango de dirección xeral)
- Dirección xeral de Orzamentos: Miguel Corgos López-Prado
- Dirección xeral de Tributos: Carlos Enrique Rodríguez Sánchez
- Dirección xeral de Planificación e fondos: Francisco Javier Rodríguez Seijo
- Dirección xeral de Función pública: José María Barreiro Díaz
- Dirección xeral de Política financeira e Tesouro: Eugenio García Lalinde