Valeriano Martínez

economista e político galego

Valeriano Martínez García, nado en Aldán (Cangas) en 1961 e finado en San Caetano (Santiago de Compostela) o 6 de outubro de 2021,[1] chamado tamén Tito Martínez[2], foi un economista, funcionario e político galego que chegou a ser conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia.

Infotaula de personaValeriano Martínez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata
Aldán, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 2021 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Edificio Administrativo de San Caetano, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político , funcionario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorXunta de Galicia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. En 1985 aprobou as oposicións para ser funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Facenda.

Na administración autonómica foi primeiro director xeral de Recursos Humanos do Sergas (1996-2002), e despois director xeral de Transporte ás ordes directas de Núñez Feijoo a partir de 2003. Cando logo das eleccións de 2005 o PP perde o goberno, é nomeado auditor do Consello de Contas de Galicia, ata que coa vitoria de Núñez Feijoo en 2009 é nomeado secretario xeral da presidencia da Xunta.

O 9 de febreiro de 2015 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Facenda do goberno galego[3], baixo a presidencia de Alberte Núñez Feijoo. Uns meses despois concorreu nas listas do PPdeG e foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016.

En xaneiro de 2017 renunciou ao cargo de deputado no Parlamento de Galicia[4] para darlle entrada a outras persoas no hemiciclo do Hórreo. Volveu ser elixido nos comicios de 2020 como deputado e en setembro de 2021 de novo volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.[5]

O 6 de outubro de 2021 faleceu dun infarto mentres traballaba no edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano.[2] Na súa lembranza colocouse unha placa nos xardíns deste complexo.[6]


Predecesor:
Helena Muñoz Fonteriz
  
Conselleiro de Facenda
 
2015 - 2021
Sucesor:
Miguel Corgos

Vida persoal editar

Casara e tivo un fillo. Viviu as últimas décadas da súa vida en Bueu[2].

Notas editar

Véxase tamén editar