Abrir o menú principal

Conversa usuario:AMPERIO/Arquivo 2

Active discussions


Ano 2014


Índice

Cándido NocedalEditar

Ola, Amperio! Fixen un par de arranxiños no artigo Cándido Nocedal. Ollo cos tradutores automáticos, pois poden xogar malas pasadas: por exemplo, nas ligazóns externas ás webs xtec.es e ucm.es aparecían como xtec.é e ucm.é.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xaneiro de 2014 ás 18:08 (UTC)

Arquivo de conversasEditar

Ola, Amperio; tes que crear unha subpáxina de usuario (por exemplo, Conversa usuario:Amperio/arquivo 1) e facer un copia-pega das mensaxes que hai na túa páxina de conversa actual. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xaneiro de 2014 ás 11:36 (UTC)

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimosEditar

Ola AMPERIO. É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes activar a ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2014 ás 19:38 (UTC)

O único que fai e marcar en amarelo. Mira, en US Airways débeche aparecer marcado Phoenix.
Despois xa e cousa do usuario facer a edición. Neste exemplo habería que mudar [[Phoenix]] por [[Phoenix, Arizona|Phoenix]]. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2014 ás 21:01(UTC)

Proposta na tabernaEditar

Boas AMPERIO! Fixen unha proposta na taberna que penso que pode ser interesante, se queres podes pasarte a opinar. Unha aperta!! ----Piquitoconversa7 de xaneiro de 2014 ás 14:13

ReinosEditar

Ola, Amperio. Grazas polo aviso. Con todo, voume abster, pois non coñezo o tema e tampouco non é algo que me saque o sono. O que si teño bastante claro, pero non é máis ca unha opinión persoal, é que Kallaikia non pasa a Reino de León por un erro de tradución senón por un claro afán de terxiversación da historia, logrado ademais. Un saúdo e que se dea ben o debate. --Atobar (conversa comigo) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:39 (UTC)

RE:Pasaxeiros do RMS TitanicEditar

Xa se ocupou HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 13:11 (UTC)

Re: Políticos galegosEditar

Pois non teño ningún método para buscar os nomes, procuro o nome no buscador. Pero moitos deses artigos xa os fixera eu, por iso me soan os nomes... Parabéns polos teus artigos de eleccións. Saúdos! --Xas (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 16:15 (UTC)

políticos galegosEditar

Ola, Amperio; non estou de acordo co das redireccións; debe poñerse o nome que aparece nos títulos dos artigos, pois ese é o nome con que a persoa aparece referenciada. Vou poñer dous exemplos moi extremos (non deben ser tomados ao pé da letra, son só exemplos) para explicarme mellor: Poñemos que unhas eleccións tiveron lugar durante o reinado de Afonso XIII e non Alfonso XIII porque aquel é o nome empregado en galego; tamén podemos dicir que Escipión o Africano e non Publius Cornelius Scipio Africanus Maior gañou unha batalla, porque é o nome e o formato de nome utilizado hoxe en día lingua galega para referírmonos a el.

Amais, en moitos casos existen erratas (falta de tildes...); e entendo que hai que adaptar os nomes igual que hai que adaptar os topónimos.

Un saúdo! E bo traballo cos artigos das eleccións! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2014 ás 18:51 (UTC)

Ola de novo! Sería interesante ademais de crear os artigos sobre eleccións que aínda non existen, completar os artigos xa existentes aos que lle faltan os deputados que foron elixidos por Galicia (por exemplo, as Eleccións Xerais 1977 en España); anímaste?
Aproveito para pedirche de novo que teñas coidado cos tradutores automáticos; así, por exemplo no artigo das Eleccións Xerais 1933 en España traduciches o nome do partido "Unió Socialista de Catalunya" por "Uniu Socialista de Catalunya".
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de xaneiro de 2014 ás 08:54 (UTC)

1914Editar

Ola, Amperio; nas eleccións Xerais 1914 en España mudei a ligazón a Marqués de Santillana por Joaquín de Arteaga (es:wiki). Augusto Príncipe Bárcena aparece na lista de deputados elixidos por Lugo e por Ourense; é posible? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xaneiro de 2014 ás 15:34 (UTC)

circunscricións electorais na RestauraciónEditar

Ola AMPERIO, quería recordarche que dende 1871, na I República e na Restauración, a circunscrición electoral para o Congreso dos Deputados non é a provincia (si o é para o Senado), polo tanto os deputados son elixidos non por unha provincia, senón por un distrito electoral, como por exemplo e de Pontedeume ou o da Estrada. Parabéns polo teu traballo nos artigos das eleccións. Saúdos. --Xas (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 16:51 (UTC)

Si que o dicía sobre todo polo artigo Eleccións Xerais 1898 en España, pero tamén por todos os demais nos que utilizas a clasificación provincial. Por outra banda, na páxina do Congreso dos Deputados si que aparecen os distritos electorais polos que foron elixidos, pero tes que entrar na elección, como podes ver neste caso. Saúdos. --Xas (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 21:32 (UTC)

grupos consonánticosEditar

Ola, Amperio! En galego os grupos consonánticos (-cc-, -ct-, -pc-...) adoitan perder un dos elementos cando van diante dunha vogal pechada (i e u); así, temos circunscrición e non *circunscrición, ao igual que produción e non producción. Precisamente unha das excepcións é outro termo que aparece nos artigos, adicto, dado que existe adicción para distinguir de adición. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xaneiro de 2014 ás 13:28 (UTC)

Ola! Dicíao polo de *circunscripción, pero xa o corrixiu Xas. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xaneiro de 2014 ás 15:11 (UTC)

Ferrer i GuàrdiaEditar

Ola, Amperio; Francesc é o nome propio do pedagogo, non unha tradución. A WP non é unha fonte primaria, pero aparece ben explicado no cabezallo do artigo en inglés: Francesc Ferrer i Guàrdia (known as Francisco Ferrer y Guardia in Spanish and often simply as Francisco Ferrer) was a Spanish free-thinker and anarchist. O seu nome é na súa forma catalá e a tradución é ó castelán, e non ó revés. A lápida existente en Montjuïc (que por certo, non acolle os seus restos, senón que é unha homenaxe) está en castelán, polo que se adaptou o seu nome a esa lingua. Algo similar pasa coa tumba de Francesc Sabaté Llopart.

Antes da creación do Rexistro Civil era común a vacilación na recolla escrita dos nomes das persoas, fomentada ademais por réximes políticos que fomentaban a castelanización de topónimos e antropónimos. A igrexa católica tamén xogou un papel importante neste sentido, se ben en Cataluña estaba máis ligada ao catalanismo e respectaba as formas vernáculas. Hai exemplos de escritores galegos, como Lois Pereiro (Luis Ángel Sánchez Pereiro) ou Avilés de Taramancos (José Antonio Avilés Vinagre) que tiñan o seu nome oficial en castelán pero dos cales se utliza a forma galega, tanto na Galipedia como na bibliografía xeral.

Como nota curiosa, na prensa do movemento anarquista de finais do século XIX e comezos do XX era común traducir os nomes das persoas, co propósito de facelas máis achegadas aos lectores; así, era común que nos textos en castelán se falase de Pedro Kropotkin ou Miguel Bakunin. Isto facíase tamén cos autores cataláns.

Non sei se me expliquei ben. De todos modos agora non teño a man bibliografía en galego para o nome de Ferrer i Guàrdia, pero hei mirar textos de Dionisio Pereira onde debe saír o seu nome. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xaneiro de 2014 ás 18:33 (UTC)

ChamboEditar

Este era o programa *Chambo da TVG. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xaneiro de 2014 ás 19:59 (UTC)

PropostasEditar

Boas AMPERIO! Cando abras unha proposta lembra que temos dúas posibles opcións para a portada: artigos destacados e artigos destacados sobre Galiza. A primeira trata artigos xerais (xeografía, historia, personalidades, etc, mais cun carácter máis global), mentres que a segunda se refire concretamente a Galiza (historia, xeografía, personalidades, literatura...). Dígocho porque propuxeches a historia de Lugo para artigo destacado en lugar de destacado sobre Galiza. Grazas polas túas achegas e propostas, unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 20:32 (UTC)

PechadasEditar

Porqué?--. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 21:13 (UTC)

A política (Wikipedia:Votacións) marca un período de votación mínimo. En calquera caso, unha vez transcorrido ese período, podelas pechar ti mesmo (non é tarefa exclusiva dos administradores). Lembra que ao pechar os aprobados hai que preparar os resumos para a portada:

En xaneiro:

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) foi creada en 1992 polo concello da Coruña. Ten a súa sede no Palacio da Ópera da Coruña. Dende a tempada 2013-14, o director ruso Dima Slobodeniouk ocupa o cargo de director musical da orquestra coruñesa, mentres que o burgalés Víctor Pablo Pérez ocupa o posto de director honorario logo de vinte anos á fronte da orquestra herculina. A OSG ofrece unha tempada sinfónica de concertos anual e adoita participar na Tempada Lírica da Coruña, tamén ten participado nos principais festivais musicais de música clásica da cidade herculina, como os desaparecidos Festival Mozart e o Festival de Ópera da Coruña, foi a orquestra residente do Festival Rossini de Pesaro (Italia) entre 2003 e 2005, e ten sido a orquestra acompañante no Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol en varias ocasións.

Levou a cabo xiras por Alemaña e Austria, e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos de España. En 2007 realizou a súa primeira xira por Suramérica, que a levou a escenarios de Chile, a Arxentina, o Brasil e o Uruguai, mentres que a finais de 2009 se presentou no famoso Musikverein de Viena. En 2007 foi nomeada para os Premios Grammy. A Orquestra Sinfónica de Galicia creou, á súa vez, o Coro da OSG, a Orquestra de Cámara, a OSG Camerata, a Orquestra Nova da OSG, os Nenos Cantores da OSG, o Coro Novo da OSG e o proxecto social ABANCA ReSuena.

editar

En febreiro:

A hidria de Xerusalén é unha pía de pedra de case un metro de altura conservada na igrexa de Santa María de Cambre. Considerada pola tradición como un dos seis recipientes nos que Xesús de Nazaret transformou a auga en viño nas vodas de Caná, a peza áchase moi deteriorada debido ao costume popular de raspar a pedra para elaborar remedios cos que tratar diversas doenzas. Fixo parte da exposición Gallaecia Petrea do ano 2012.

A pía bautismal da igrexa de Cambre non é a única escultura que foi considerada ao longo dos séculos como unha das "hidrias de Caná". Na actualidade existen en Europa máis dunha trintena deste vasos, todos aparecidos entre os séculos X e XVI. A primeira referencia documental conservada da hidria de Cambre data do ano 1519, nun preito pola xurisdición eclesiástica da igrexa de Santa María de Cambre. Nese mesmo século dous estudosos, o Licenciado Molina e Ambrosio de Morales, deron tamén noticia da reliquia nas súas obras sobre o "reyno de Galicia".


editar

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 21:19 (UTC)


As instrucións están en Wikipedia:Sobre Galicia#Vindeiros artigos sobre Galicia na Portada. Tenche que quedar unha cousa parecida a esta: Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2014. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 21:29 (UTC)
Si, se queres podes pechar tamén o de Redondela. Non hai motivo para non facelo. No resumo de portada lembra poñer ao principio a ligazón interna ao artigo así.--. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 21:34 (UTC)

Historia de LugoEditar

Moitas grazas! O certo é que coido que aínda queda moito traballo por facer nese artigo pero de seguro que a revisión da comunidade lle será moi proveitosa. Apertas! Woden (eh ho?!) 24 de xaneiro de 2014 ás 08:37 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

   
A utilización do navegador Mozilla Firefox co Corrector de Galego do Proxecto Trasno instalado é, quizais, a mellor ferramenta de corrección ortográfica para traballar na Galipedia.


Ola AMPERIO. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 20:40 (UTC)

Porqué non probas Mozilla Firefox? Navegador de calidade e de balde, dispón dun corrector ortográfico interno para o que se poden descargar, tamén de balde, complementos de "dicionarios" en varias linguas, entre elas o Corrector de Galego feito polo Proxecto Trasno, baseado na normativa da RAG do ano 2003.--. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 22:24 (UTC)

CoordenadasEditar

Síntoo, AMPERIO. Levo tempo sen meterme a fonduras wikipédicas e andp algo perdido, así que non che podo axudar co das coordenadas. Pregúntalle a un dos habituais. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 25 de xaneiro de 2014 ás 19:56 (UTC)

RE:Localización nos mapasEditar

Boas, vin que o mapa de California xa funciona, non sei moi ben que lle pasaba. O do outro artigo teño que revisalo con máis calma así, que se non corre présa, mirareino para a semana, que nesta estamos coa malla! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 23:41 (UTC)

Moi ben o de Zafarraya :)
Outra cousa que che quería comentar sobre os cambios que fixeches no modelo Concello. Non se poden facer modificacións importantes nos modelos que se usan amplamente nos artigos sen antes ter debatido o cambio na taberna e ser aceptado pola comunidade. Iso por unha banda, por outra, as probas tampouco se poden facer sobre os modelos do espazo de nomes principal, deben facerse en modelos que estean nas túas subpáxinas e en artigos que estean nas túas subpáxinas para non afectar ós artigos da enciclopedia. Só cando se comproba que o modelo funciona correctamente, ou polo menos iso parece :), é cando se pode pasar ó espazo principal. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2014 ás 22:18 (UTC)
Non, non te preocupes, na wiki non se escacharra nada! só queda "escondido" :) A ver se o luns podo mirar o mapa ese. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2014 ás 22:24 (UTC)
Ah, non vin o aviso para mirar o mapa de localización de Rusia, vale, cando teña un momento a ver se lle atopo algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 19:01 (UTC)

Boas, xa está amañado o mapa de Texas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 09:47 (UTC)

Retirar propostaEditar

Mellor deixar que cumpra o prazo que marca a política (Wikipedia:Votacións).

De ser rexeitada, se se fan melloras, pode volver a propoñerse dentro de tres meses. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 12:52 (UTC)

Non hai unha cifra mínima exacta de referencias que teña que ter un artigo! --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 12:58 (UTC)
Quero dicir que, para min, non ten suficientes referencias. Gustaríame que tivera máis referencias, de fontes acreditadas, máis referencias de fontes bibliográficas, que as referencias idénticas estiveran agrupadas... etc.
Xe tes o Firefox co corrector de galego activado, ao editar páxinas vanche saír palabras subliñadas en vermello. De non ser así revisa que apareza instalado en Ferramentas->Complementos->Extensións. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 13:08 (UTC)

Para agrupar referencias idénticas teslle que poñer nome (o que ti queiras, preferiblemente descritivo, con letras maiúsculas e cortiño) a primeira vez que apareza, e despois simplemente chamas a ese nome. Exemplo.

A primeira vez que aparece:

[1]

A segunda:

[1]

A terceira, cuarta, quinta... igual que a segunda:

[1]


Código:

A primeira vez que aparece:
<ref name=XCT2014>[http://www.xunta.es/tema/c/Ciencia_e_tecnoloxia Ciencia e tecnoloxía. Xunta de Galicia]</ref>
A segunda:
<ref name=XCT2014/>
A terceira, cuarta, quinta... igual que a segunda:
<ref name=XCT2014/>
{{Listaref}}

Revisa as correccións que xa fixen eu aquí

Tes máis información en Wikipedia:Citar as fontes#Referencias repetidas e tamén en Wikipedia:Libro de estilo#Notas e Véxase tamén. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 13:35 (UTC)

RE:ParabénsEditar

Grazas pola parte que me toca, catro ou cinco artigos que puiden modificar, o resto foi a comunidade :), e seguimos! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:27 (UTC)

RealezaEditar

Pois si que tes razón, na convención de nomes só figuran os reis. Aínda que a tradición en todas as linguas da nosa contorna é traducir os nomes dos membros da realeza, se no caso dun rei traducimos o apelido, non traducir o apelido dos irmáns ou fillos é un tanto absurdo,.--Sernostri (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 16:56 (UTC)
A verdade é que é un pouco sorprendente, normalmente a norma é traducir os nomes de todos os membros da realeza, ou que acturaran como soberanos aínda que non fosen reis, despois hai excepcións, así por exemplo nalgunhas linguas non hai tradición de traducir o nome de Juan Carlos I pero noutras si.--Sernostri (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 17:09 (UTC)

RE: FerramentaEditar

Eu non puxen tal. Só fun copiando o que outro deixara polo camiño. En calquera caso, o feito de que non funcione seguramente teña que ver coa lenta desaparición do Toolserver. Descoñezo se hai actualmente algunha opción similar. --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 17:12 (UTC)

Iso é independente. As mensaxes personalízanse en cada conversa. O único que se me ocorre agora é borrar directamente esas ligazóns que non funcionan. --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 17:20 (UTC)
Non, perdoa se a mensaxe daba a entender que me alporicei. Andaba ás présas e escribín rápido a resposta. Non era a miña intención parecer alterado. --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 17:26 (UTC)

A ver, non sei se entendín ben. Entendo que sabes facer para non ter que poñer o prefixo "Ficheiro:", pero que non sabes como non estragar os artigos que teñen ese formato. Se é iso, xa adianto que é imposible sen mudar os artigos un a un. É iso? --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 18:02 (UTC)

Vale, creo que agora entendín. Éche mellor deixalo como estaba, porque así fas que o parámetro |mapa= sexa obrigatorio, mentres que antes non o era. Se o que queres é incluír esa liña co texto "Mapa" só tes que engadir o código ! colspan="2" bgcolor="#e3e3e3" | Mapa onde corresponda. --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 18:19 (UTC)
A ver se agora vai... Pódese facer, mais implica mudar todos os artigos que usan o modelo, porque no campo |mapa= terán algo do seguinte estilo: |mapa=[[Ficheiro:<nomedoficheiro>|130px]]. Habería que modificalos para que só puxese |mapa=<nomedoficheiro>|130px. Pero non sei se paga a pena facelo, porque a idea do mapa de localización é que se engada automaticamente sen ter que facer ou especificar nada. É dicir, que o código do modelo saiba o lugar no que se atopa a cidade e inclúa o mapa de localización sen necesidade de escribir o código que pos ti no parámetro |mapa= na túa páxina de probas. Non sei se me explico. Ademais, ti mesmo abriches o debate na Taberna sobre a fusión dos modelos das diferentes cidades, entón ese traballo que intentas facer deberías facelo sobre o código de {{Cidade}}, dado que sería o modelo resultante da fusión. Non? --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 18:43 (UTC)
Non, por favor, de pesado nada. É unha das miñas tarefas pendentes (entre outras moitas). Para que o sistema poña automaticamente os mapas cómpre elaborar un bo código no modelo en cuestión ({{Cidade}}) para conseguilo. É dicir, hai que atopar o xeito de incluír o {{Mapa de localización}} dentro de {{Cidade}} e non nos artigos. Entendes? Iso sería o ideal. Ao final, o mellor vai ser adaptar o modelo de cidades doutra Wikipedia, pero leva consigo o traballo de modificar todos os artigos de cidades para adaptalos ao novo formato do modelo. Sería un esforzo que deberiamos facer entre todos os que poidamos, porque penso que é importante de cara á homoxeneización das caixas de información ao longo de todos os artigos sobre as cidades do mundo. --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 19:03 (UTC)

Cantar de XestaEditar

Por favor, Amperio: volvo insistir en que teñas coidado cos tradutores automáticos. Nunha ollada superficial no artigo cantar de xesta mirei un montón de "los cantares" -> "cantárelos", amais de cousas sen traducir (que lle poden pasar a calquera, vaia) como "alejandrino" ou "quizá"; se podo á noite mirareino con máis calma. Tamén corrixín algunha ligazón interna cara a artigos existentes na gl:wiki, como La Chanson de Roland. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xaneiro de 2014 ás 19:10 (UTC)

Ola, de novo! Para comprobar se existe un artigo na gl:wiki, o que adoito facer é ir mirando as ligazóns do artigo orixinal e ver se teñen interwiki ao galego para ver se existe o artigo correspondente. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xaneiro de 2014 ás 19:59 (UTC)

Modelo:Mapa de galipedistasEditar

Feito, creo. ##※ Sobreira ►〓 parlez 2 de febreiro de 2014 ás 23:07 (UTC)

PizzutoEditar

estaba a editar o artigo pero deume conflito de edición; como xa tiña formatada a sección "traxectoria", incluína ao ver que non tiñas o marcador "en uso", pois pensei que xa remataras a edición. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de febreiro de 2014 ás 11:52 (UTC)

Obviamente non traducín todo o tocho da traxectoria en tres minutos tras mirar a túa primeira edición, simplemente pensamos en crealo a un tempo, e aumenteino coa sección que non incluíras; espero que non che pareza mal. Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de febreiro de 2014 ás 11:55 (UTC)

Proposta de categorizaciónEditar

Boas AMPERIO! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:38 (UTC)

Ay CarmelaEditar

Ola, Amperio; si, referíame á canción, por iso a incluín na sección de música. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de febreiro de 2014 ás 16:38 (UTC)

El paso del EbroEditar

Bonjour,
Pour éditer la musique, n'importe quel éditeur de texte suffit (avec la documentation).
Pour prévisualiser, mediawiki et l'extension Score sont très lents, mais ça marche. On peut utiliser frescobaldi (plus rapide, mais accepte des choses que l'extension Score ne comprend pas).
Cordialement, Coyau (conversa) 8 de febreiro de 2014 ás 14:23 (UTC)

Re: Cara al SolEditar

Non se pode. Ata 80 anos despois da morte dos autores. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 16:51 (UTC)

A propiedade intelectual, que é o que nos afecta, sempre pertence ao autor (e aos seus herdeiros), e así está reflectido na lei, con independencia de que a obra fora encargada ou fora vendida ou o soporte físico sexa propiedade de X... etc.
Aos 70 anos do pasamento do autor (80 en España) a obra que sexa (falando sempre da propiedade intelectual, non da propiedade física) pasa ao dominio público. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 17:08 (UTC)

Non estou seguro de que se poda chegar a publicar nunca, explícome. No caso da música clásica non se poden publicar partituras de, por exemplo, a transcrición para frauta da Sonata para para violín de César Franck, por que? Hai unha editorial que ten a exclusiva desa obra que mercou a editorial, e aínda que Franck morreu en 1890 non se pode reproducir ningunha páxina da partitura. De feito non se poden reproducir nin sequera obras de Bach ata o punto de que se nun conservatorio queres facer unha audición de alumnos o concerto ten que indicar no programa "concerto con carácter didáctico/pedagóxico" para evitar problemas coa SGAE, por moi absurdo que sexa pagar dereitos dunha obra dun compositor finado hai 200 anos. Non entendo moito de dereitos, pero coas obras de música clásica o asunto é un tanto complexo e chegou a haber accións contra IMSLP (que chegou a pechar, aínda que afortunadamente reanudou a súa actividade). Por se te serve de algo, ou para que lle deas un pouco máis ao coco. Un saúdo! Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 22:33 (UTC)

EspañaEditar

Boas AMPERIO! O que vexo na sección de deportes é o seguinte:

  • As afirmacións de que España é unha potencia deportiva mundial teñen que estar referenciadas. Eu non creo que o sexa, xa que nos medalleiros dos Xogos Olímpicos (tanto de verán como de inverno), a situación de España é máis que discreta. Non sigo todos os deportes, pero non vexo a España ao nivel de países como Estados Unidos, Alemaña, Francia, Reino Unido, ou mesmo Italia (presentes en moitas máis modalidades). Unha cousa é que España sexa a gran dominadora e equipo imbatible en hóckey a patíns, que tivera varios éxitos internacionais en fútbol, baloncesto e balonmán (por exemplo) a que sexa unha potencia mundial, xa que hai moitas modalidades nas que non ten presenza algunha a nivel internacional (por exemplo rugby XV ou hóckey sobre xeo, por citar dous de equipo). É a miña opinión, mais se achegas algunha referencia que indique que é asi non serei eu quen o poña en duda. Do mesmo xeito o das artes marciais, non as sigo, pero hai que referencialo.
  • Para min hai que retirar a información dos clubs que hai na táboa, os clubs non representan a países, representan aos seus seareiros que poden sentirse ou non identificados co país (unha porcentaxe maior ou menor de seareiros do FC Barcelona non se sinte identificada con España, por exemplo). No tenis poría só os datos da Davis, a Federación e Xogos Olímpicos, os éxitos os metería no corpo do artigo e salientaría a Nadal como o mellor tenista español.
  • A Volta a España é considerada como unha das tres voltas ciclistas máis importantes polo UCI World Tour, eso se podería explicar un pouco, seguro que hai moitas referencias sobre eso.

Así de pronto é o que lle vexo a esa sección. O artigo está moi ben, o que lle vexo eu é que precisa algunha referencia máis, hai moitas seccións sen referenciar (comparado con Portugal ten menos da metade de referencias). Eu penso que os artigos principais deberan estar feitos na súa maioría, pero é unha cuestión persoal e non votarei negativo por este motivo. Seguramente debamos plantexarnos a revisión do artigo de Alemaña a raíz desta votación (eu alo menos me arrepinto agora de telo votado). Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 14:02 (UTC)

RE: SaltoEditar

Boas! Xa vin o comentario, non sei por qué non me marca os erros ortográficos o corrector da Wikipedia, tereino que reler todo, aínda que o bo sería que o revisara alguén que teña máis dominio de lingua ca min. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 18:20 (UTC)

Re:Varias cousasEditar

Pregúntasme se hai problema en ligar banco malo dende outro artigo. Claro que non. Que problema ía ter?!

O páxina do Wikirreto é da comunidade e pódea actualizar calquera, como tódalas demais. Tentarei ir facéndoo eu, porén gústame ler os artigos antes, e estades a facer tantos que non dou feito. Parabéns! --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2014 ás 18:40 (UTC)

WikirretoEditar

Vaia, non me fixara! O mellor vai ser desfacer a miña edición entón, porque actualicei sen ter en absoluto en conta iso. Grazas por avisáresme! --Alberte Si, dígame? 16 de febreiro de 2014 ás 16:55 (UTC)

Raíña consorte (d:Q240291)Editar

A verdade é que non o sei. Poderías preguntalo na taberna? Seguro que hai usuarios con máis criterio ca min neste tema, que cho contestan. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2014 ás 19:05 (UTC)

AdministraciónEditar

Boas AMPERIO! Vendo o teu traballo cos modelos e as túas aportacións creo que poderías ser un bo administrador, non sei se te apetecería, en tal caso deberas ter unha conta de correo dispoñible para que os usuarios te podan escribir (non sei se a tes, non sei onde mirar). Se non tes inconvinte presento a túa candidatura. Unha aperta! Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2014 ás 20:29 (UTC)

Grazas. Saúdos.--Loisteixeiro (conversa) 26 de febreiro de 2014 ás 20:01 (UTC)

OpiniónEditar

Boas AMPERIO! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:42 (UTC)

Nova ZelandiaEditar

Non ahi de que, pois aqui estamos para que isto mellore e medre--Alfonso mande 4 de marzo de 2014 ás 20:10 (UTC)

Cambios na elección de administradoresEditar

AMPERIO, sería interesante que deses a túa opinión no debate aberto para cambiar a política de elección de administradores. Un saúdo, Pontevedra78·conversa 4 de marzo de 2014 ás 20:39 (UTC)

PecharEditar

Pois non. Non creo que debas pechala por:

  1. A política só marca a duración mínima
  2. A proposta é para o mes de maio.
  3. Non vexo a necesidade, conveniencia, presa, urxencia ... ningunha de pechar--. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2014 ás 15:03 (UTC)

Nomes propiosEditar

Boas Amperio! Como comentei na Taberna, estamos a traballar nunha proposta de política para os nomes propios nos artigos sobre persoas, e estaría ben que opinases (se podes e tes tempo). Moitas grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:12 (UTC)

REEditar

Como dato anecdótico está ben, eu moito non sei de linguas, podes corrixirme na taberna se digo burradas, non me molesta nin me importa que outros sexan conscientes das miñas carencias nese sentido, non podemos saber de todo. Apertas! Piquito (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 00:37 (UTC)

PD: Tentarei rematar o do hóckey sobre xeo de Sochi e facer a páxina do masculino. Piquito (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 00:38 (UTC)

Boas! Xa me puxen co do hóckey, se me dás uns días o acabo ben. Piquito (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 00:57 (UTC)

conxugación verbalEditar

Ola, Amperio; precisamente nese artigo, Benigno Fernández Salgado o que fai é criticar a Gramática do idioma galego de Manuel Lugrís Freire por incluír como imperfecto de subxuntivo as formas verbais rematadas en -ara, -era e -ira.
En Normativa oficial do galego - Verbo podes ver que a forma 'houbera' é antepretérito de indicativo (corresponderíase aproximadamente co castelán "había + participio"), mentres que a forma 'houbese' é copretérito de subxuntivo (correspóndese co castelán "hubiera" o "hubiese").
Outra cousa: nas oracións subordinadas, o pronome precede o verbo; así, no canto de "quero dicir que escríbese así en galego", o correcto é "quero dicir que se escribe así en galego".
Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de marzo de 2014 ás 01:14 (UTC)

Non teñas medo a preguntar cando teñas algunha dúbida, por favor. De propina: do verbo "dar" leva til para distinguilo da contracción "de + a" (tamén "ti dás"); isto serve mesmo cando leva un pronome ligado ("dálle sen medo"). Boa noite! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de marzo de 2014 ás 01:19 (UTC)

Liège - Liexa?Editar

Anoto na lista de tarefas pendentes. Habería que buscar se existe algunha referencia para o exónimo galego, e de non habelo corrixir a forma Liexa e manter a orixinal en francés. Desas cousas saben máis Servando (que de feito creou o modelo de concellos) e Xabier Cid entre outros, eu non teño moitas fontes onde buscar. Habería que revisar tamén o artigo de batalla de Liège. Ben visto! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de marzo de 2014 ás 01:31 (UTC)

WP:NPPEditar

Boas AMPERIO! Hay aberta unha Wikipedia:Votacións/Política de títulos dos artigos sobre persoas, poderías dar o teu punto de vista? Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 11 de marzo de 2014 ás 16:58 (UTC)

Varios asuntosEditar

Boas! Vin que empregaches o Modelo:Vía, cres que lle falta algo? Eu intentei facer un apartado para poñer os lugares ou países que se atravesan, pero funcionábame mal.

Estou a traballar no Modelo:Elección, quixen facelo dende cero, máis dame tamén problemas na listaxe de opcións e votos. Como vexo que controlas, ti que farías?

Tamén, seguindo a proposta de Norrin de fragmentar a política de nomes dos artigos, creei Wikipedia:Nomes de infraestruturas, está en proceso, e vendo que tamén traballas niso, sería importante contar co teu punto de vista.

E por último, quero felicitarche polo teu inminente nombramento coma admin.

PD: Non pasa nada polo do modelo de hóckey, e tendo en conta as poucas mans que hai para traballar neste asunto, case ata me alegro :). --Pontevedra78·conversa 11 de marzo de 2014 ás 20:37 (UTC)

Hóckey sobre xeoEditar

Boas AMPERIO! Grazas polo modelo! Agora xa podo ir rematando os traballos pendentes do hóckey sobre xeo nos XXOO de 2014. Unha aperta! Piquito (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 22:21 (UTC)

Nova OrleánsEditar

Ola, Amperio; quedará activa a redirección pois, pero non podería arranxarse o modelo para poder pór directamente o nome da cidade sen que haxa unha dirección indicando o estado a que pertence? Non creo que haxa moitos casos, pero pode chegar a ser estraño.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2014 ás 23:25 (UTC)

Nova Zelandia 2Editar

Boas AMPERIO! Estou agora a ler o artigo de Nova Zelandia, comparándoo co homónimo en inglés é lixeiramente máis curto e ten menos referencias, poderías botarlle un ollo para ver se podemos engadir algo máis, creo que deste xeito habería máis posibilidades de que a comunidade votara a favor. Unha aperta e grazas pola proposta. Piquito (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 10:34 (UTC)

Boas! O dos dous artigos principais é unha opción persoal miña, pode discutirse e se a maior parte da comunidade opina que deberan quedar eses artigos que queden. Sobre a extensión e as referencias, están ben, non sei se haberá algo máis que referenciar, pero o número de referencias está acorde co tamaño do artigo, o dicía máis ben por se había algo que nos faltase, pero se eso xa o mirarei se teño tempo algún día ao rematar todos os marcadores "en uso" que teño, e se acaso revisar outras wikis que coñeza por se atopo algo máis que poda ser interesante, aínda así non creo que debera haber moito problema para que saia escollido artigo de calidade. Unha aperta! Piquito (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 22:56 (UTC)

Fixen un pequeno retoque na sección "Exploradores europeos", mira a ver qué che parece. Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 00:11 (UTC)

Graciñas! Acabo de reorganizar un pouco o artigo segundo os artigos sobre Portugal e Alemaña como indicou Adorian, mais hai certas cousas que non está claro qué facer con elas. Engadín algunha cousiña máis en cultura e tentarei engadir algo máis estes días. Unha aperta e grazas polo da Semana Santa! Piquito (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:35 (UTC)

Por certo!! Ao traer contidos dende a wiki en inglés atopeime con que hai un modelo de cita de enciclopeda que non temos e polo tanto a referencia non sae... Podes facer algo con eso? Eu non estou metido no tema dos modelos e non sei se temos algún equivalente. Graciñas!! Piquito (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 08:41 (UTC)

País desaparecidoEditar

Ola Amperio. Moitas grazas polo teu aviso do modelo País desaparecido. --XoioÉche o que hai 12 de marzo de 2014 ás 11:51 (UTC)

JakobstadEditar

A páxina é dobre, entrando en pietarsaari.fi tamén vai. En calquera caso, se optamos por Jakobstad hai que referenciar o cambio. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 15:29 (UTC)

Non, as formas dobres estás (expresa e afortunadamente) desterradas da wiki. As regras son claras: 1) Forma galega -> 2) Forma estranxeira mais habitual en galego (non en inglés) -> 3) Forma estranxeira a criterio do primeiro editor. O único motivo para conservar Jakobstad sería que fose a forma mais amplamente en uso (estilo da diferenza Belfast<->Béal Feirste). --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 15:39 (UTC)

Boas! Vendo que hai un pouco de lío con este tema expuxen a explicación (se cadra me liei algo) na Conversa:Pietarsaari. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 22:17 (UTC)

ParabénsEditar

Ola, AMPERIO, parabéns polo resultado da elección. Eu non participei na túa escolla porque non me decatei. Se o fixese, teríame inclinado pola opción que propuña Elisardojm, porque creo que che falta aínda un pouco de rodaxe. En calquera caso, a comunidade cre que non, e a min paréceme ben. Estou seguro de que os vindeiros meses hanche de dar os pés de chumbo que creo que se necesitan. Apertas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2014 ás 08:18 (UTC)

Parabéns!, agora a darlle duro! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 10:22 (UTC)

REEditar

Non te preocupes. Vouno quitar porque o serbio xa aparece mais arriba, xa que ten dous alfabetos (cirílico e latino). --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 11:52 (UTC)

Modelo:VíaEditar

Boas! Como vin que andas a traballar coas interestatais, puxen o parámetro mi para as millas. Recorda que podes engadir cantos parámetros desexes segundo as necesidades que se vaian presentando.

Como viches, xa está funcionando o parámetro lugar. Se podes, empregao soamente para indicar estados (Estados Unidos, Francia, España) pois estou a pensar como facer para poñer as entidades subestatais, pois probei en A-6 e non me gusta nada como queda. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 18:40 (UTC)

Andiven a traballar un pouco no modelo, agora da a posibilidade de poñer o que queiramos antes de " que atravesa". Para que quede mellor, penso que debe ir sen bandeiras, e sempre manexándonos dentro dunha categoría, por exemplo, para a AP-9 puxen "Cidades que atravesa" e para A-6 porei as CCAA. Creo que é o mais sinxelo. Saúdos, Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 15:25 (UTC)
No caso de que teña unha caixa máis completa, creo que sería mellor non poñelo no modelo. Que che parece? Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 15:34 (UTC)
Non pasa nada! :) Refírome a que se poñemos, coma no caso das interestatais, unha caixa detallada coa quilometraxe, penso que é mellor non facer o mesmo na caixa do modelo:Vía. Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 15:41 (UTC)
A que parámetro estado te refires? Saúdos, Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 19:51 (UTC)
Paréceme un tanto "inasumible" para esta wiki tal grado de especificación. Creo que por momento debemos seguir traballando como ata agora, e ir desenvolvendo o modelo segundo vaian aparecendo novas necesidades. Saúdos, Pontevedra78 conversa 14 de marzo de 2014 ás 20:17 (UTC)
Posiblemente non entendín ben o código, deume a sensación de que é para cambiar as características do modelo, revisareino entón, desculpa! :) Pontevedra78 conversa 15 de marzo de 2014 ás 00:14 (UTC)


Por certo, que imos facer cos antigos modelos? Eu creo que podemos eliminalos, agás o Estrada, que quedaría coma "Xacemento Galipédico". Vou propor na Taberna, a ver que se decide. Saúdos, Pontevedra78 conversa 14 de marzo de 2014 ás 20:17 (UTC)

REEditar

Coido que ten que facelo un admin. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 10:06 (UTC)

AladinoEditar

Aínda estaba a rematar o artigo, de feito tiña pendente a ligazón galega, creo que un compañeiro xa a engadiu. Saúdos.Nachonion (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 11:09 (UTC)

vandalismos desde IPsEditar

Ola, Amperio; nestes casos ou procuro evitar os bloques e mesmo as mensaxes ás IPs, porque adoitan ser IPs compartidas en centros de estudos: os bloqueos poden afectar a máis persoas cá que fixo a edición, e as mensaxes non creo que cheguen a esa persoa. Amais, na maioría dos casos, máis que vandalismos (no sentido de facer o mal) son meros xogos ou probas de edición, para comprobar cunha frase tonta que é posíbel editar na Wikipedia. Eu non lle dou moita importancia, revirto e quedo tan ancho, a verdade.

Noutra orde de cousas: creo que o artigo de Nova Zelandia xa está bastante aquelado; quédame revisar as referencias, pero agora está en uso.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de marzo de 2014 ás 11:54 (UTC)

Datos dos ficheirosEditar

Ola AMPERIO/Arquivo 2, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2014 ás 12:43 (UTC)

Bot inoperativoEditar

Síntocho.

Dende as últimas actualizacións de software, teño o bot inoperativo. E creo que a Toliño e aos outros pásalle o mesmo :-( --. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2014 ás 18:30 (UTC)

MoscoviaEditar

Evidentemente, o Gan é un erro mecanográfico meu. O problema é que esquecera poñer a marca "lixo", redirixindo a Gran Ducado de Moscova, cousa que acabo de facer grazas á túa advertencia. --XoioÉche o que hai 16 de marzo de 2014 ás 15:20 (UTC)

  • E que o esquecemento (meu) incluíu o de "non facer o novo artigo", cousa que si fixeches ti por min, o que che agradezo fondamente. Un saúdo e moitas grazas de novo. --XoioÉche o que hai 16 de marzo de 2014 ás 15:51 (UTC)

Reino de Nova ZelandiaEditar

Boas AMPERIO! Por que revertiches a miña edición en Reino de Nova Zelandia? A idea ao eliminar a redirección era facer despois o artigo a partir do homónimo en inglés. Se se deixa como redirección habería que eliminar do cabezado de Nova Zelandia a ligazón interna, pero creo que ben se pode crear o artigo. Un saúdo! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 16:54 (UTC)

Si, perdoa, debín ter posto un marcador de lixo. Non o ía facer xa, pensaba en deixar a ligazón en vermello para que se alguén a fixera (eu ou calquera), mais cometín o erro de non marcar como lixo, perdoa. Piquito (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 17:01 (UTC)
Non, non, eu non toco nada!! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 17:03 (UTC)

Nova ZelandiaEditar

Ola, Amperio! Bótalle un ollo a este artigo, que se cadra pode dar contido ao apartado "Historia de Nova Zelandia". Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2014 ás 10:41 (UTC)

amosar/agocharEditar

Ola, Amperio; non teño moita idea de técnica; en que artigo/modelo estás a traballar? Se cadra bótalle un ollo ao Modelo:Rueiro de Pontevedra, a ver se che serve de axuda. Quizais o Usuario:Toliño ou mesmo Usuario:HombreDHojalata che poidan botar unha man, que controlan máis deses asuntos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2014 ás 12:34 (UTC)

Ah! entendinte mal; tes que ir ao historial, comparar dúas edicións (a que queres agochar) e aparéceche a opción mostrar/agochar. Fedella sen medo! :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2014 ás 12:41 (UTC)
Para agochar a última acción tes que revertela primeiro. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2014 ás 12:47 (UTC)
Nos casos en que se edita nas páxinas dun usuario (reversión de vandalismos, corrección de homónimos...) adoita deixarse unha mensaxe na páxina de conversa, pero neste caso ao ser retirado non creo que sexa necesario. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2014 ás 12:54 (UTC)

UniformesEditar

Grazas pola información, xa incorporei un par de cousas, aínda que ao ser un artigo xeral tampouco é bo que vaia moi recargado, se ves calquera incorrección ou outra cousa no artigo dimo para corrixilo.--Sernostri (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 18:37 (UTC)

REEditar

Grazas Amperio, mais é unha guía para min de cara a completar Wikipedia:Transliteracións, así que irei baleirando a páxina pouco a pouco. --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 15:25 (UTC)

Bloqueo IPEditar

Ola. Desexo solicitar o desbloqueo da IP 193.144.97.214. Estamos nun centro educativo e os alumnos non poden crear usuarios. Supoño que é un problema das IP da Xunta de Galicia, que son colectivas, de maneira que o vandalismo puido facerse dende outros centros. Graciñas. --AArizaga (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 11:33 (UTC)

  Feito!; Amperio, cando bloquees unha IP, procura permitir a creación de usuarios. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2014 ás 11:40 (UTC)

Eu creo que os bloqueos a IPs de centros educativos son inútiles, pois a persoa que fai só un vandalismo nunha edición de proba non é consciente do bloqueo. De feito, denominar vandalismo é excesivo, pois adoitan ser parvadas ás que non hai que dar maior importancia. As edicións adoitan ser revertidas ao pouco tempo. Porén, se unha IP está bloqueada, moita xente que accede desde os centros educativos e non sabe como se crea unha conta de usuario pode pensar que non é certo que calquera persoa pode editar na Galipedia. A min non me importa que a xente fedelle, probe e bote unhas risas poñendo que a súa aldea ou un club de fútbol é o mellor do mundo, ou que tal persoa é unha petarda; prefiro que a xente quede coa idea de que a Wiki é unha enciclopedia aberta onde cada quen pode contribuír. Amais, normalmente volven visitar a páxina despois e comproban que os vandalismos son revertidos, polo que creo que a Wiki gaña en fiabilidade.
De todos xeitos, non teñas medo a actuar e bloquear segundo o teu propio criterio, dálle para adiante sen medo, que para iso a comunidade confiamos en ti cando te eliximos administrador :)
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2014 ás 14:42 (UTC)

aeroportosEditar

AMPERIO, en principio non hai necesidade de mover Aeroporto de Múnic. Como regra xeral tomamos a forma mais sinxela nos títulos (así temos Rosalía de Castro e non Rosalía de Castro Murguía, por mais que o 2º sexa o completo). Xa que logo, só empregamos título mais longo cando sexa necesario (por exemplo, de haber mais dun aeroporto). --Norrin (Fálame) 24 de marzo de 2014 ás 16:20 (UTC)

Ben, tampouco é como dis, na wiki inglesa e alemá empregan a forma simple. É ben certo que non temos política aprovada polo de agora (aínda que chegará, espero), pero precisamente por iso cómpre cinguirnos ao que temos (formas simples). Na web do aeroporto, por certo, tamén empregan a forma simple ([1]) --Norrin (Fálame) 24 de marzo de 2014 ás 16:29 (UTC)

RE: AndizhanEditar

Non, Andizhan é a forma rusa e a que tivo durante moitos anos. Hai pouco mudáronse os topónimos ás formas usbecas tradicionais, que son as oficiais, mais as outras tamén son lexítimas. A política de topónimos di que "poden valer como redireccións topónimos non oficiais, pero con uso internacional ou local: como topónimos de linguas autóctonas non oficializados (Perpinyá), transliteracións alternativas (Tōkyō), ou termos de grande difusión internacional, como Iraq." Pois neste caso, pode quedar como redirección. --Norrin (Fálame) 25 de marzo de 2014 ás 12:20 (UTC)

RE:Avisos para as votaciónsEditar

Haberá que dar de novo aviso á xente para ver se sae unha votación máis clara, xa me poño eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 01:54 (UTC)

Concordo con poñer o aviso de Harvey Milk porque a votación aínda está comezando e a xente aínda terá tempo para revisalo de forma axeitada, pero para o artigo de Nova Zelandia non me parece axeitado. Hai que ter en conta que revisar un artigo de calidade non se pode facer nun par de días, hai que revisalo a conciencia, con calma e valorando tódolos puntos posibles, e iso leva moito tempo, non podemos anunciar a votación dun artigo de calidade na que a xente non terá tempo de participar axeitadamente.
Pero acabo de ver que HombreDHojalata‎ fixo unha obxección á votación así que antes haberá que falar con el para aclarar o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 01:35 (UTC)

REEditar

Xa está. Había campos repetidos. En calquera caso, é un modelo doado de adaptar cara ao Modelo:Infobox, e haberá que facelo. O tema das ligazóns en vermello, pois non se pode evitar... mais as ligazóns en vermello son boas!! --Norrin (Fálame) 26 de marzo de 2014 ás 07:53 (UTC)

Xa che respondín ao de Barajas. --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2014 ás 09:57 (UTC)

RE: Nova ZelandiaEditar

Boas AMPERIO! O certo é que deixei un pouco de lado o artigo, espero incluír algo sobre a xustiza nos próximos días. Sobre o voto, se por min fora votaría a favor, mais na votación de Portugal dixen que se debían rematar os artigos principais e agora non debo facer o contrario por bo que me pareza o artigo, xa que outros usuarios se poderían molestar; tentei ir facendo algún artigo principal e fixen un e outro o comecei, pedinlle a Norrin se podía facer o da relixión para facer o maior número posible pero está ocupado... eu tampouco me vou poder poñer a facelos porque teño como 6 ou 7 artigos co marcador "en uso" ou "en tradución" que debera acabar (de feito estes días conto con rematar o de Penderecki, que tiña ganas de facerlle un artigo ben completo), se puideras axudarme coa creación deses artigos agradeceríacho, pero entende que non creo que deba votar a favor contradicindo o que fixen con Portugal. Unha aperta e parabéns co traballo, é posiblemente un dos mellores artigos sobre países da Galipedia. Piquito (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 08:53 (UTC)

Boas outra vez! Os únicos artigos que creo que se deberan facer para votar a favor son os Artigos Principais (se quedan un ou dous sen facer non pasa nada (en Portugal quedou un sen facer e votei a favor). Eu comecei co da música, mais como te comentei teño moito choio e pouco tempo. Grazas por crear os artigos novos, incluído o do escudo, que aínda que non é un Artigo Principal creo que si é importante nun artigo sobre un país. Unha aperta!! Piquito (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 22:48 (UTC)

Grazas! Refíreste a se preciso axuda cos artigos sobre Nova Zelandia que comecei? Piquito (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 23:39 (UTC)

Axuda, axuda... creo que non... o que necesito é tempo! Metinme en demasiadas cousas, espero ir facendo pouco a pouco os que me quedan, de Penderecki fáltame pouco e creo que esta noite ou mañán pode que o remate, os do hóckey sobre xeo penso que podo ir rápido con eles, o da sinfonía de Shostakovich teño que poñerme, e o Requiem de Mozart... quero facer un artigo longo e o máis completo posible e terei que ir facendo pouco a pouco... se vexo que non dou feito avísote. Mil grazas!! Piquito (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 23:48 (UTC)

BarajasEditar

Non te preocupes, seica fun tamén eu brusco. En calquera caso, a Wikipedia:Nomes de infraestruturas servirá para solucionar estas cousas, supoño, mais ten que desenvolverse un pouco mais e ser votada, que case non ten participación. Apertas, e perdoa novamente! --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2014 ás 10:36 (UTC)

demografíaEditar

Ola, Amperio; despois á noite reviso o artigo; caralludo o gráfico que fixeches sobre as relixións! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de marzo de 2014 ás 17:28 (UTC)

BloqueoEditar

Ola, AMPERIO. Grazas por avisarme. Vou por partes

  • Estou en desacordo co bloqueo e con como o fixeches. Se un usuario destrúe contido, como foi o caso, temos obviamente que recuperalo, e temos que avisar o usuario de por que non pode facer iso. Non estamos aquí para impoñer orde e xustiza, senón para crear unha casa de convivencia. Bloquear un usuario rexistrado é unha acción moi seria, que queda no historial do usuario para sempre, e nunca debe ser feita á lixeira. Aquí hai moitos indicios que puntan a que había que ter actuado con máis calma, como que efectivamente o usuario destrúe un artigo que el mesmo creou. Así que por unha parte hai que levantarlle o bloqueo a este usuario, e fareino en canto acabe aquí.
  • Ora ben, o problema despois é máis complexo, pois ten que ver con manter o artigo ou con retiralo. En principio, por moito que un usuario se arrepinta moralmente de crear un artigo, el cede os seus dereitos sobre el. Polo tanto, ten tanto dereito el a borrar o seu artigo como teño eu a borralo. Mellor dito, ten tan pouco dereito a borralo como teño eu. Dende esta perspectiva, habería que reverter as edicións, como moi ben fixeches.
  • Pero despois pasamos a se deberiamos, en calquera caso, borrar o artigo porque a) os datos fosen falsos, b) fose un exemplo de autobombo e c) o artigo fose sobre unha persoa sen relevancia enciclopédica. Do primeiro non nos consta. Pero o segundo parece que si, e o terceiro... é complexo. Eu así, co que puiden ver, e se contrastar esta información, sería partidario de reducir moito o artigo, neutralizalo e mantelo. Pero se quixésemos borralo (tanto ti, coma min, como o usario ColectivoLiterario, tería que ir á páxina de Votacións para Borrar, explicar por que quere borrar este artigo, sometelo á votación... e a comunidade decidiría.

Espero que non che pareza moi duro o primeiro punto. Entendo que estás empezando, e teño iso en consideración. Creo que debo ser duro nos termos, pero ao mesmo tempo nada do que fixeches é irremediable, nin horrible. Saúdos, e grazas de novo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 19:42 (UTC)

Bueno, acabo de ver que bloquearas o usuario a perpetuidade. Non vou engadir máis do que xa dixen, pero iso, pensa en que a nosa misión non é castigar, senón protexer a wikipedia. Unha persoa que destrúe contido, unha vez, podemos convencela de que actúe mellor. Pode ser un grande usuario no futuro, cando entende que e por que. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 19:46 (UTC)

En absoluto son necesarias as desculpas. É unha fase de aprendizaxe que non remata xamais. :) Estas cousas pasan. Sobre os prazos dos bloqueos... cada administrador ten o seu guieiro: eu son partidario de bloqueos curtos, porque do que se trata é de que esa persoa non siga destruíndo contido xa. Se ten capacidade para lembrarse dentro dun par de días do divertido que é destruír contido e seguir nesas, pois creo que xa hai que ir a máis. Polo demais, sempre mellor avisar, dialogar, tentar que as cousas malas non pasen, antes de bloquear. Apertas, e grazas de novo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 20:07 (UTC)

Adiantóuseme Xabier na resposta á consulta. En calquera caso seguimos traballando a prol do proxecto. Grazas pola túa dedicación. --. HombreDHojalata.conversa 27 de marzo de 2014 ás 20:32 (UTC)

GalilibrosEditar

Acabo de realizar a proposta en Galilibros. Rógoche que votes o que desexes. En galilibros non hai comunidade expresa nin normas escritas polo que eu estimo que calquera, inda sen edicións, pode votar. A páxina de votación está en Wikibooks:Elección de administradores. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  28 de marzo de 2014 ás 01:26 (UTC)

Na Taberna da Galipedia, zona de propostas, anunciei a creación de dita páxina para máxima transparecia: Wikipedia:A Taberna (propostas)#Proposta en Galilibros-- Lmbuga / Conversa comigo  28 de marzo de 2014 ás 01:28 (UTC)

RE: Salto de esquíEditar

Boas AMPERIO! Paréceme ben, se cadra se podería incluír que históricame é un deporte practicado principalmente por homes e que en Sochi 2014 disputouse por primeira vez a competición feminina nuns XXOO, xa que é relativamente recente e importante (máis aínda vendo que as Wikipedias son principalmente cousa de homes), mais non sei se quedaría un enunciado un pouco longo para a portada, así que como vexas, fíome de ti. Unha aperta!! Piquito (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 16:13 (UTC)

LeninEditar

Boas! non te preocupes que non pasa nada :) xa dixen que se revertise sen problemas se se quería. Saúdos!--Adorian (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 21:23 (UTC)

MoverEditar

Podes mover Radiotelevisión Española a Radio Televisión Española? Xa que é o nome correcto. Saúdos e grazas --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 30 de marzo de 2014 ás 21:52 (UTC)

E tamén Macedonia - Μακεδονία a Macedonia, Grecia. Saúdos e grazas --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 30 de marzo de 2014 ás 23:01 (UTC)

RE:SitenoticeEditar

Desde que se pon o anuncio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 08:35 (UTC)

Como queiras, pero xa que hoxe é 31 ben pode quedar ata mañá que cambiamos de mes :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 08:44 (UTC)
Ola, AMPERIO, sinto non poder axudarte. Ou sexa, creo que si podería, pero tería que buscar como e iso vaime levar un tempo e unha cabeza fresca que nin hoxe nin mañá vou ter. Eu nesas zonas da wikipedia estou bastante "peixe" e non me gustaría meterme en sarillos dos que non puidese saír. :) Seguro que Elisardojm ou Toliño che poden axudar dunha maneira máis eficaz ca min coa bóla da Wikipedia. :) Síntoo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de abril de 2014 ás 07:54 (UTC)
Si, eu creo que con reverter a miña última edición xa se restaura o logo correcto, dalle sen medo que non se rompe nada :). Quédache de "deberes". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2014 ás 08:07 (UTC)
Moi ben :). Posiblemente non che aparecía cambiado no momento porque non se refrescara a páxina, para obrigar ó navegador a refrescar a páxina tes que premer ctrl+F5 en Firefox, creo que tamén vale para o exploter. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2014 ás 10:31 (UTC)

Borrado de formas dobresEditar

Boas AMPERIO, antes de borrar as formas dobres, cómpre que nada ligue a elas como aquí. Grazas polo traballo! --Norrin (Fálame) 1 de abril de 2014 ás 15:29 (UTC)

Mais movementosEditar

Boas AMPERIO, podes mover Baja California e Baja California Sur (ver nas conversas os motivos)? Grazas! --Norrin (Fálame) 2 de abril de 2014 ás 07:47 (UTC)

Non é comparable e, en calquera caso, é aplicación de Wikipedia:Toponimia. Cando digo que non é comparable refírome a que o que non é normal e castelanizar até a última parroquia de Galicia; que entidades de certa entidade (valga a redundancia) teñan nome galego é normal. O que non sería normal é que empregáramos Exea dos Cabaleiros. --Norrin (Fálame) 2 de abril de 2014 ás 08:21 (UTC)
Redireccións poden quedar na forma orixinal (mais non dende a dobre), iso non hai problema. --Norrin (Fálame) 2 de abril de 2014 ás 08:29 (UTC)
Sí, o de Éire cómpre mudalo. Eu xa fixen algúns, mais supérame. Aquí teño listados algúns "a vixiar", pola frecuencia con que aparecen. Queda como redirección, ao ser unha forma correcta. Outra cousa sería empregar no texto os nomes irlandeses (oficiais) cando non hai nome galego, iso sí é lexítimo, seguindo o criterio do 1º editor. --Norrin (Fálame) 2 de abril de 2014 ás 08:46 (UTC)

re:consutasEditar

Ola, Amperio;

Seguindo a política de topónimos da Galipedia, o nome indicado nos artigos debe ser Irlanda, pero Éire pode quedar como redirección; marco a páxina para ir corrixindo as ligazóns.
A votación sobre Nova Zelandia pode pecharse xa, ao cumprirse hoxe os 30 días de prazo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2014 ás 08:58 (UTC)

Ola AmperioEditar

Acabo de facer un comentario na proposta que fixeches. O malo é que case non sei do que falas e é posible que mexe fóra do testo. Estou en desacordo con Lameiro, pero non podo votar sen saber onde están as normas para seren aprobadas páxinas destacadas e páxinas... Supoño que haberá normas diferentes que expresen criterios para as dúas votacións. Se me indicas o que hai, míroo e poderei votar, inda que votarei bastande dende fóra-- Lmbuga / Conversa comigo  3 de abril de 2014 ás 00:32 (UTC)

RE:NZEditar

Non, non votei Nova Zelandia a destacado porque xa tivemos hai pouco a Portugal, e por variar un pouco de temática. PD: deixeiche unha mensaxe en Republika Srpska, discordo (amablemente) co movemento. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 12:37 (UTC)

VisceralidadeEditar

Boas AMPERIO. Sei que son un pouco visceral e apaixoado de mais, perdoa se ás veces "salto" moi rápido. Non teño teima algunha contra ti (digo isto por se o pensas, pola conversa na Taberna que comentaches), non quero que penses iso. Apertas ;) --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 14:00 (UTC)

MilkEditar

Boas AMPERIO! Vin o teu voto na votación de Harvey Milk. Poderías indicar as eivas que lle ves ao artigo para que outros usuarios podamos traballar na súa mellora para tentar mudar o sentido do teu voto? Grazas, Piquito (conversa) 3 de abril de 2014 ás 21:42 (UTC)

Boas, en ningún momento tiña a intención de que mudaras o teu voto, tes todo o dereito a votar en contra, o único que te pedía era que expuxeras o que ves mellorable no artigo para que se puidera solucionar. Un saúdo, Piquito (conversa) 4 de abril de 2014 ás 08:23 (UTC)

Bloqueo IPEditar

Moitas grazas polo esforzo. Efectivamente o bloqueo xa rematou. A ver se entre a xente que traballamos en centros educativos imos arranxando o problema, porque xa me teño topado con el demasiadas veces. Por desgraza, eu pouco podo facer, porque o noso centro é de educación superior, equivalente a universidade, e estou seguro de que os vandalismos non saen daquí. Apertas e grazas de novo. --AArizaga (conversa) 4 de abril de 2014 ás 09:21 (UTC)

artigo destacado xulloEditar

Ben feito; se acaso o 31 de maio aínda non hai artido destacado para xuño, modifícase e listo. Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de abril de 2014 ás 21:09 (UTC)

AxudiñaEditar

Boas AMPERIO!! Por fin me puxen co artigo do Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014, mais no Modelo:Hóckey sobre xeo hai algúns falliños:

  1. Pódense poñer bandeiras nos árbitros e liñas?
  2. Os liñas non se ven.
  3. O marcador aparece predeterminado coa hora do partido.

Creo que sería máis axeitado poñer o termo en inglés penalty minutes ou penalties ou PIM, xa que ata onde eu sei, non hai léxico para o hóckey sobre xeo en galego e o de faltas... faltas hai moitas e non implican PIM. Graciñas!! Piquito (conversa) 11 de abril de 2014 ás 23:50 (UTC)

Graciñas! Moito mellor! Unha soa cousa sobre os liñas: solamente se ve un dos liñas, e se puidera verse que son liñas como no modelo en inglés xa sería a repanocha. Perdoa polas molestias. Piquito (conversa) 12 de abril de 2014 ás 11:05 (UTC)

OpiniónEditar

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Substitucións absolutasEditar

Ola Amperio.

Ten tino coas substitucións. Por exemplo. Se "Istambul" forma parte do nome dun ficheiro e o substitúes por "Estambul", a ligazón ao ficheiro queda quebrada.

Un abrazo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2014 ás 18:28 (UTC)

CanaánEditar

Penso que a forma correcta é "Canaán". Porén, para os topónimos en principio non é necesaria a referencia bíblica. A RAG da Canaán en cananeo. Saúdos! --Norrin (Fálame) 15 de abril de 2014 ás 10:50 (UTC)

Por certo, sei que son un cansino, mais poderías facer os movementos requiridos no taboleiro dos administradores? non me importa amañar ligazóns eu, mais non podo facer os movementos... --Norrin (Fálame) 15 de abril de 2014 ás 12:37 (UTC)

BordoEditar

Sen bordo porque é unha imaxe mellor, os que votaron a favor tamén estarán de acordo con ela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 21:59 (UTC)

RE:ImaxesEditar

Si, calquera pode subilas indicando sempre a orixe, o autor e a licenza orixinal, sempre e cando a licenza da imaxe en Flickr sexa compatible coa de Commons, claro está. Isto quere dicir que só se poden pasar a Commons imaxes de Flickr que teñan licenza CC-BY, CC-BY-SA ou que estean no Dominio Público. Podes atopar esas imaxes con este buscador de Flickr poñendo abaixo de todo que busque só imaxes con licenza CC e que permitan uso comercial e obras derivadas (tes que marcar as tres casillas). Claro que se atopas unha imaxe que non temos e é interesante sempre podes contactar co autor a través de Flickcorreo e pedirlle que cambie a licenza explicándolle as razóns e as implicacións do cambio.

Por outra banda en Flickr hai un grupo chamado Galiza. Dominio Público, este é un grupo moderado no que só se permite engadir ó "muro" imaxes con licenza compatible coa de Commmons. Tódalas imaxes dese grupo deberían, salvo erro ou omisión, poder pasarse a Commons, algunhas xa se van subindo pero non están todas.

A política de imaxes da Galipedia está é Wikipedia:Política de uso de imaxes pero non lembro se di algo ó respecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2014 ás 10:23 (UTC)

chagaEditar

O Dicionario da RAG define "Chaga" como "Ferida aberta no interior ou no exterior do corpo, que xeralmente segrega pus"; supoño que vale, non? Dá como sinónimo "lastra". --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de abril de 2014 ás 16:19 (UTC)

Revisei até 2.1.1.2 (Evanxeos sinópticos), pero vou abandonar. O tema non me entusiasma, e hai numerosos erros de tradución automática, polo que teño que consultar decote o artigo orixinal en castelán. Se acaso ponlle o marcador {ortografía} para ver se alguén se anima a revisalo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de abril de 2014 ás 17:21 (UTC)
Dúas cousiñas: "de + acordo" non contraen, ao ser un substantivo; e no canto de *gracias o normativo é grazas. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de abril de 2014 ás 18:00 (UTC)

XesúsEditar

É un artigo ben longo pero se teño un momento cando acabes de editalo (está co marcador en uso) verei se lle podo corrixir algo.--Sernostri (conversa) 18 de abril de 2014 ás 17:20 (UTC)

Modelo:Ficha de emisora de radioEditar

  Feito!. Ademáis fixen unha redirección desde Modelo:Radio. Pontevedra78 conversa 20 de abril de 2014 ás 16:38 (UTC)

RE:SMS OdinEditar

Está ben así, aínda que a foto sexa dese ano o barco participou na Primeira Guerra Mundial. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2014 ás 13:20 (UTC)

REEditar

Pois eu penso que o faría así, tentando aplicar o que di WP:NPP:

  1. Empregar o nome máis común: Santiago o Maior, Santiago o Menor, Xudas Tadeo e Xudas Iscariote.
  2. {nome} de {lugar} cando sexa posíbel: non o é en ningún caso.
  3. {nome} ("desambiguante"): Pedro (apóstolo), Filipe (apóstolo), Matías (apóstolo), André (apóstolo), Simón (apóstolo), Mateo (apósotolo), Tomé (apóstolo) e Bertomeu (apóstolo) e Marcos (evanxelista) e Lucas (evanxelista). Penso que Mateo apóstolo ten mais tradición que evanxelista.
  4. Caso particular: Xoán (evanxelista) ou Xoán (apóstolo)... é complicado, xa que é nomeado polo xeral como evanxelista antes que como apóstolo, o que non deixa de ser paradóxico... Deixaría o Xoán o Evanxelista.

A escolla de "(apóstolo)" no canto de ", apóstolo" e porque entendo que a segunda emprégase para títulos, e non estou moi seguro de que este sexa o caso. --Norrin (Fálame) 24 de abril de 2014 ás 10:59 (UTC)

Nicolao II de RusiaEditar

Boas AMPERIO! Quiteille a Nicolao II de Rusia a Categoría:Santos porque xa está en Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas. Como é sabido, non todas as confesións cristiás aceptan aos santos das demais, e por iso temos a clasificación en Categoría:Venerados polo cristianismo. Saúdos! --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 15:17 (UTC)

Pobo e vilaEditar

Boas AMPERIO! Fixen un pequeno cambio en Decatur, Xeorxia, xa que en galego pobo non ten o mesmo significado que o castelán pueblo, e non se aplica a entidades de poboación (ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pobo.). Podes empregar, dependendo do tamaño, "vila" ou "aldea". Saúdos! --Norrin (Fálame) 29 de abril de 2014 ás 10:27 (UTC)

Xunta/JuntaEditar

Ola, Amperio! Non sei a que se debe; no revisor ortográfico non aparece ningunha das dúas. Pregúntalle se cadra a Elisardo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de abril de 2014 ás 08:26 (UTC)

Debe ser pola configuración do teu ordenador porque a min non me aparece Xunta en vermello (agora estou accedendo co IExploter, a ver se pola tarde teño un oco para miralo co Firefox e reconfírmocho). Como comenta Estevoaei na lista do revisor ortográfico non está incluído, nin foi incluído nunca, así que non creo que sexa esa ferramenta. Instalaches algún corrector ortográfico no teu ordenador ou algo así? Sinto non poder axudar máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2014 ás 08:54 (UTC)
Probarei despois co Firefox e xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2014 ás 09:05 (UTC)
Xa está amañado, puxen mal a dirección do corrector cando se cambiou ó Toolserver, agora xa non da ese problema en Manuel Fraga. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2014 ás 16:47 (UTC)

The Signpost: 30 April 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

The Signpost: 07 May 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

Texto de superíndice

Táboas baixasEditar

Había un código para evitar que a táboa quedase moi baixa con relación as imaxes en historial de votacións de Polonia no Festival de Eurovisión creo que era algo con top para subilo pero non me lembro, por casualidade non saberás ti o código que era?--Sernostri (conversa) 12 de maio de 2014 ás 16:13 (UTC)

Preguntarei na Taberna logo, a min persoalmente non me adoitan gustar as galerías, penso que as imaxes deben estar integradas no texto para ilustrar o artigo non agachadas como algo que case semella que está fóra do artigo e que moitas veces hai que ampliar necesariamente para ver do que se trata, aínda que iso é para gustos--Sernostri (conversa) 12 de maio de 2014 ás 16:30 (UTC)

The Signpost: 14 May 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 17 de maio de 2014 ás 20:43 (UTC)

MovementoEditar

Boas AMPERIO! Logo de debatelo na Taberna, semella que a opción por máis consenso é mover Euskal Herria a País Vasco (rexión histórica). Podes facelo? Grazas! --Norrin (Fálame) 18 de maio de 2014 ás 13:41 (UTC)

RibatexoEditar

Atopei referencias para Ribatexo na RAG (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ribatexano.). É bastante lóxico que teña nome galego ao ter o topónimo orixe no río Texo. Saúdos! --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2014 ás 09:52 (UTC)

RE:CanciónsEditar

Pois si, soa mellor a que dis. --Norrin (Fálame) 20 de maio de 2014 ás 14:43 (UTC)

Boston BruinsEditar

Boas AMPERIO! Esou a ampliar o artigo dos Boston Bruins a partir da wiki en francés (onde é artigo de calidade) e engadindo algo máis de información da wiki en inglés e do que vou atopando pola rede. No artigo en francés a sección de historia é descomunal e copiandoa toda convertiría ao artigo en galego no máis pesado sobre o equipo de Boston de todas as wikipedias e nun dos máis grandes da nosa wiki... Isto visto así mola, o que non sei é se será un pouco excesivo poñer toda a historia do clubneste artigo, e se o que fará será convertelo nun artigo imposible de manexar... non sei qué opinas ti (o peso da historia do equipo en fr.wiki é de máis de 100.000), o meu obxectivo era presentalo para calidade (sempre estou a presentar artigos de música clásica, así que decidín abrir máis o abano), pero vendo o que ocupa cres que sería mellor crear un artigo independente para a historia do club? A sección de historia ten unha chea de referencias e está completísima, así que se cadra ata se poderían presentar o artigo do equipo e o da súa historia para calidade e facer un 2 por 1, creo que é factible e sería interesante de cara a nun futuro crear temas de calidade como noutras wikis. Como o ves ti? Resumiremos a historia no artigo e crearemos un artigo independente coa info de fr.wiki? Xa de paso, estou a traducir o artigo de fr.wiki, porén o meu francés é moi pobre (case nulo), non sei se te interesa o tema, pero se puideras pasarlle unha corrección ao que hai, se non te interesa o hóckey ou non podes non importa. Graciñas e unha aperta! --Piquito (conversa) 21 de maio de 2014 ás 09:45 (UTC)

REEditar

Creo que xa o mirei, mais igual se me fue la pinza, quen sabe. Perdoa, --Norrin (Fálame) 23 de maio de 2014 ás 08:54 (UTC)

The Signpost: 21 May 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de maio de 2014 ás 01:02 (UTC)

TransliteraciónEditar

Boas AMPERIO! Xa está a política de transliteracións para votación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 15:10 (UTC)

RE: PendereckiEditar

Boas AMPERIO!! O certo é que non voto as propostas dos meus propios artigos, creo que non debo facelo. De todos xeitos, aínda quedan máis de 15 días para que se cumpra o mes de votación, é tempo suficiente para que a xente o lea e decida se o artigo é digno de ir á portada ou non. Se o artigo lle interesa á xente, a comunidade votará, e se é un artigo bo sairá na portada... isto é, se ten que saír sairá independentemente do meu voto. Por Evidentemente para min é digno de ir á portada, por eso o propuxen para calidade primeiro, e logo para destacado, pero para ir á portada (ou ser de calidade) creo que hai outros factores como que o artigo sexa de interés para a comunidade ou que o considere un tema de interés, e a música clásica (máis aínda a contemporánea) non é do interés de moita xente (dentro e fora da Galipedia). Dito isto, non quero forzar a escolla para a portada dun artigo propio para que ninguén o considere "autopromoción" ou afán de protagonismo... tampouco me vai molestar se tampouco sae escollido para a portada (ou para calidade cando foi a votación), eu sei o traballo que fago e estou satisfeito con el o valore a comunidade en maior ou menor medida. Unha aperta!! Piquito (conversa) 27 de maio de 2014 ás 18:59 (UTC)

Boas AMPERIO! Finalmente a proposta de Penderecki vai ter apoios máis que suficientes para ir á portada, ten paciencia, se as cousas teñen que sair sairán, non hai que forzar, quen sabe se dentro dun par de meses alguén o propón para calidade e xa é o momento para que sexa escollido, con calma. Unha aperta e grazas polo teu traballo nos artigos de actualidade da coroa española! --Piquito (conversa) 6 de xuño de 2014 ás 13:48 (UTC)

The Signpost: 28 May 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 1 de xuño de 2014 ás 12:50 (UTC)

RE: DúbidaEditar

Hai uns meses deixaches unha mensaxe na miña conversa que quedou sen resposta (a resposta vén con retraso, a miña ausencia impediume contestar). Falabas de colocar un modelo na parte esquerda (en concreto no artigo "Macon, Xeorxia"). Neste caso, é doado, pois o propio código do modelo xa estaba preparado para poder facer isto sen máis que incluír o parámetro |align=left. Perdoa a tardanza. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 3 de xuño de 2014 ás 19:28 (UTC)

Xoán Carlos I de EspañaEditar

Boas AMPERIO!! Animaríaste a ampliar e mellorar o artigo de Xoán Carlos I de España agora que está de actualidade? E se te ves con ganas ata se podería mirar de facer algo con Filipe de Borbón e Grecia, que seguramente tamén sexa moi consultado nas próximas semanas. Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de xuño de 2014 ás 19:55 (UTC)

Xesús Manuel ValcárcelEditar

Tiven que desfacer a túa edición no artigo Xesús Manuel Valcárcel, expliqueino na taberna e enviei un correo á dirección de correo electrónico que indicaba a IP que fixo o comentario por se quere indicar algunha cousa máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2014 ás 19:25 (UTC)

REEditar

Non, non o temos. Todo chegará, iso sí. Eu ligaría a Igrexa Ortodoxa, xa que a grega fai parte desta. Saúdos! --Norrin (Fálame) 5 de xuño de 2014 ás 15:35 (UTC)

Tradutor automáticoEditar

Ola Amperio.

Revisa, por favor, a tradución automática en Xoán Carlos I de España.

En 1992, ante as especulacións *achega de que Xoán Carlos mantiña unha relación sentimental

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 07:50 (UTC)

Penso que hai outro *achega, que non achega, en Xesús de Nazaret. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 07:56 (UTC)
En Antes de Cristo, o mesmo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 08:02 (UTC)
Podería, pero daquela ías seguir repetindoos unha e outra vez. Neste caso penso que era mellor avisarte. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 08:09 (UTC)

The Signpost: 04 June 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 8 de xuño de 2014 ás 04:01 (UTC)

Traducir os parámetros dos modelosEditar

Ola Amperio.

Cando se traduce doutra wiki. moitas veces cómpre traducir, tamén, os parámetros dos modelos. Do contrario non funcionan.

Por exemplo "fecha", en galego é un grolo, cómpre traducilo a data.

Bótalle un ollo a este artigo:[2].

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de xuño de 2014 ás 11:56 (UTC)

The Signpost: 11 June 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 14 de xuño de 2014 ás 12:25 (UTC)

Tradución das citasEditar

Boas AMPERIO! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:08 (UTC)

REEditar

Boas AMPERIO! Os "Nados en" fanse en base aos países actuais e, en última instancia, en cidades, polo que si está xustificado. Por exemplo, Louis Althusser está en "Nados en Arxelia", aínda que daquela Arxelia pertencía a Francia, Séneca está en "Nados en Córdoba" (que está en "Nados en España"), aínda que daquela España non existía, e Stanisław Lem está en "Nados en Ucraína", aínda que daquela Lviv era Polonia. É o que facemos con todos, saúdos! --Norrin (Fálame) 17 de xuño de 2014 ás 08:33 (UTC)

Depende como o mires, agora está en Categoría:Nados en Brno, o que é completamente correcto. En calquera caso, non vexo outro xeito de facelo, pero pódese mirar. --Norrin (Fálame) 17 de xuño de 2014 ás 08:40 (UTC)

The Signpost: 18 June 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 22 de xuño de 2014 ás 00:57 (UTC)

Modelo:CountytabletopEditar

Ola, Amperio! Sería interesante que creases a páxina de explicación para este modelo. Non entendo moi ben como funciona no artigo Condados de Hawai, pois hai parámetros que non aparecen. Amais, sería posible evitar as redireccións innecesarias? Por exemplo, non son capaz de corrixir a redirección a "Honolulu, Hawai" en vez de que ligue directamente a Honolulu. Un saúdo, e grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xuño de 2014 ás 15:33 (UTC)

Perdoa pola insistencia, pero non lle dou atopado o xeito ao modelo este. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de agosto de 2014 ás 19:38 (UTC)

The Signpost: 25 June 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 29 de xuño de 2014 ás 03:51 (UTC)

The Signpost: 02 July 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de xullo de 2014 ás 04:23 (UTC)

BotónsEditar

Fai un tempo comentouse na taberna que non funcionaban os botóns que están debaixo da caixa de edición. Xa están funcionando grazas a uns cambios que fixo Toliño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2014 ás 12:48 (UTC)

OpiniónEditar

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)

The Signpost: 09 July 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de xullo de 2014 ás 04:54 (UTC)

Aeroporto Internacional John F. KennedyEditar

Ola, Amperio! Revisando as ligazóns cara a San Salvador, O Salvador, dei co artigo Aeroporto Internacional John F. Kennedy que creaches, e mirei que moitas das ligazóns internas cara a cidades non seguen o formato usado na Galipedia, senón que manteñen o formato de parénteses. Podes revisalas e ligar correctamente as cidades? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xullo de 2014 ás 12:03 (UTC)

The Signpost: 16 July 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de xullo de 2014 ás 18:25 (UTC)

The Signpost: 23 July 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 26 de xullo de 2014 ás 02:29 (UTC)

The Signpost: 30 July 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 2 de agosto de 2014 ás 05:06 (UTC)

The Signpost: 06 August 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de agosto de 2014 ás 12:50 (UTC)

The Signpost: 13 August 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de agosto de 2014 ás 01:55 (UTC)

The Signpost: 20 August 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 23 de agosto de 2014 ás 20:09 (UTC)

The Signpost: 27 August 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 31 de agosto de 2014 ás 10:37 (UTC)

The Signpost: 03 September 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de setembro de 2014 ás 08:03 (UTC)

The Signpost: 10 September 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 14 de setembro de 2014 ás 21:54 (UTC)

The Signpost: 17 September 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de setembro de 2014 ás 05:36 (UTC)

REEditar

Coloqueille o marcador porque non ten ningunha referencia. Dado que non somos fonte primaria, a información que aparece nos artigos debe ir referenciada. Non é que haxa algunha frase polémica, e que non hai referencia algunha. Saúdos! --Norrin (Fálame) 24 de setembro de 2014 ás 10:29 (UTC)

The Signpost: 24 September 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de setembro de 2014 ás 05:49 (UTC)

artigos de calidadeEditar

Ola, Amperio; a min aparécenme 30 artigos. Proba a actualizar a caché dándolle a F5, pero non te apures por estas cousas. Se na categoría hai trinta artigos, antes ou despois acabará por aparecer o número 30. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de outubro de 2014 ás 09:27 (UTC)

The Signpost: 01 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 4 de outubro de 2014 ás 19:25 (UTC)

GalicitasEditar

Boas! Pídoche axuda sobre algúns aspectos do Galicitas que comentei na Taberna. Grazas por adiantado, saúdos! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 14:08 (UTC)

Táboas de climaEditar

Boas AMPERIO!! Acabo de ver o artigo que fixeches sobre Amherst, Massachusetts. Cando fagas artigos sobre cidades ou países nas que se empregue a escala Fahrenheit o mellor é que prescindas dos datos nesta escala e poñas directamente en Celsius, xa que a Fahrenheit non é empregada polos usuarios habituais da Galipedia, de feito esta escala emprégase case en exclusiva nos Estados Unidos, polo que na Galipedia non ten moita razón de ser e realmente non aporta nada. E xa de paso, poderíasme facer un favor e revisar a tradución da Sinfonía nº 8 (Sibelius) e de paso comentarme se che parece unha posible proposta para calidade? O artigo o traducín da wiki en inglés e teño alunha dúbida de que toda a tradución estea ben. Graciñas, unha aperta e a seguir!!! Piquito (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 17:51 (UTC)

The Signpost: 08 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 11 de outubro de 2014 ás 00:41 (UTC)

Galencontro 2014Editar

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)

The Signpost: 15 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 17 de outubro de 2014 ás 05:48 (UTC)

The Signpost: 22 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de outubro de 2014 ás 08:21 (UTC)

The Signpost: 29 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 31 de outubro de 2014 ás 16:29 (UTC)

The Signpost: 05 November 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de novembro de 2014 ás 22:01 (UTC)

The Signpost: 12 November 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 17 de novembro de 2014 ás 02:45 (UTC)

The Signpost: 26 November 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de novembro de 2014 ás 21:21 (UTC)

The Signpost: 03 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de decembro de 2014 ás 21:30 (UTC)

The Signpost: 10 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de decembro de 2014 ás 04:51 (UTC)

The Signpost: 17 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 19 de decembro de 2014 ás 10:07 (UTC)

Isabel de Portugal, raíña de CastelaEditar

Pois tes razón, pero é que cando fun a páxina de Xoán II de Castela non me fixei que Isabel de Portugal redirixia a outra Isabel neste caso a Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico e o que fixen foi copiar o enlace e pegalo sen mirar dita páxina. De todos modos creo que Isabel de Portugal tiña que ser unha páxina de homónimos e non unha redireción. Pidoche desculpas pois cando fixen a modificación o texto modificado xa era definitivo, e ti segundo o marcador levabas 1 hora sen editar polo que pensei que non interferia nas tuas edicións. Un saudo e aseguir asi facendo que isto medre.--Alfonso mande 29 de decembro de 2014 ás 18:37 (UTC)

Estou a darlle voltas a seguinte frase que se atopa o final do cabezallo Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura das Indias occidentais, o que levou ao descubrimento de América non pensas que deveria de cambiarse pois el non iba na procura das indias occidentais senon que iba na procura do Cipango que era como se denominaba naqueles tempos o Xapón, estoú a escribir de memoria pero penso que era asi.--Alfonso mande 29 de decembro de 2014 ás 18:55 (UTC)

Participar "como administrador"Editar

Grazas polo aviso.

En todo caso participarei como usuario, non como administrador. As funcións "como administrador" son outras.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 30 de decembro de 2014 ás 12:15 (UTC)

Idem. --Agremon(contacto) 30 de decembro de 2014 ás 17:01 (UTC)

RE: Proposta en GalizaEditar

Boas AMPERIO! Xa vin a proposta e xa opinei. O certo é que, como indiquei na conversa, creo que hai cousas máis importantes que mellorar no artigo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 17:03 (UTC)

RE:dubidasEditar

Boas! No que comentas de Galiza/Galicia, atopei isto, e en principio as categorías deben seguir os títulos dos artigos, mais non sei até qué punto compensa movelo. --Norrin (Fálame) 30 de decembro de 2014 ás 23:08 (UTC)

Volver á páxina "do usuario AMPERIO/Arquivo 2".