Publio Cornelio Escipión o Africano
Publius Cornelius Scipio Africanus Maior, nado en 235 a.C. e finado en 183 a.C., foi un famoso xeneral e político romano. É máis coñecido por derrotar a Aníbal e por isto é chamado Escipión o Africano.[1]
Publio Cornelio Escipión o Africano | |
---|---|
Nacemento | c. 235 a. C. |
Lugar de nacemento | Roma Antiga |
Falecemento | 183 a. C. |
Lugar de falecemento | Liternum |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | Ancient Roman politician e Ancient Roman military personnel |
Pai | Publio Cornelio Escipión |
Nai | Pomponia |
Cónxuxe | Emília Tertia |
Fillos | Cornelia, Lucius Cornelius Scipio, Publius Cornelius Scipio, Cornelia Africana Major e Gnaeus Cornelius Scipio |
Irmáns | Lúcio Cornélio Cipião Asiático |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Posúe o mesmo nome có seu pai pero é alcuñado o Africano. É mencionado por primeira vez como participante na batalla de Tesino. Despois de morrer seu pai e seu tío en Hispania, Publio Cornelio Escipión marchou á Península Ibérica para impedir un ataque de Aníbal. Chegou a finais do 210 a.C. e conquistou cun ataque sorpresa Qart Hadasht, cidade que foi rebautizada como Cartago Nova (Cartaxena), que era a base de operacións dos cartaxineses en Hispania. Nos seguintes tres anos expulsou os cartaxineses e fíxose co control político e territorial.
Anos máis tarde, tras moitos esforzos, convenceu ó senado para invadir Cartago e desembarcou en África no 205 a.C. aproximadamente. No 202 obtivo unha esmagadora vitoria sobre Aníbal na batalla de Zama, lugar situado preto do pobo de Naraggara. Esta derrota marcou o final da segunda guerra púnica. Aníbal fuxiu da cidade co permiso do goberno cartaxinés.
Máis de 10 anos despois, en Asia, venceu ó rei seléucida Antíoco III. Ó regresar a Roma os seus inimigos acusárono de aceptar subornos de Antíoco, pero foi absolto. Decidiu entón retirarse da vida pública e vivir na súa vila de Litercum. Morreu uns meses despois no 183 a.C.
Escipión o Africano é considerado o xeneral romano máis importante antes de Xulio César.
NotasEditar
- ↑ "Quen foi Escipión Africano?". gl.eferrit.com. Consultado o 2022-08-06.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Spawforth, Antony; Hornblower, Simon (2008). Diccionario del mundo clásico. Colección: Referencia Crítica (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788484325925.