Batalla de Liexa

(Redirección desde «Batalla de Liège»)

A batalla de Liexa foi a batalla inicial da invasión xermana de Bélxica na primeira guerra mundial. Comezou o 4 de agosto do 1914 e finalizou o 16 do mesmo mes, cando a cidade se rendeu aos alemáns.

Batalla de Liexa

Tropas belgas defendendo Herstal, ao nordeste de Liexa.
Data: 4 de agosto - 16 de agosto de 1914
Lugar:
Conflito: Primeira guerra mundial

Contexto histórico editar

O Imperio Alemán declaroulle a guerra ao Imperio Ruso o 1 de agosto de 1914 cumprindo os acordos militares que mantiña co Imperio Austro-Húngaro. O día 2 enviou un ultimato a Francia e ao Imperio Británico. Os plans militares xermanos baseábanse nunha rápida conquista de París, sacando así a Francia da guerra. Posteriormente, centraríanse na fronte rusa. Para poder cumprir os obxectivos, as tropas alemás debían atravesar Bélxica cara ás Ardenas. O Alto Mando pensaba que os belgas ían ofrecer moi pouca ou ningunha resistencia. Os belgas dispuxeron as súas tropas en diversos fortes e posicións defensivas. Cando os alemáns entraron en Bélxica atopáronse cunha resistencia moito maior do esperado e foron freados, permitindo aos franceses e británicos organizar a defensa de París.



 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.