Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Vótase entre modificación ou mantemento da política oficial sobre Toponimia, no punto que indica que haberá dous artigos Galicia e Galiza. Proponse a fusión destes dous artigos no artigo Galicia, pasando Galiza a ser unha redirección.
Período de votación: 2 de marzo de 2008 - 17 de marzo de 2008
SI: 13 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
A actual política oficial sobre toponimia, establece o seguinte:
- 2. No caso das páxinas Galicia e Galiza mantemos as dúas páxinas cun contido igual -sen redireccións- (tendo coidado de substituír nunha páxina e outra Galicia por Galiza e ao revés. Procurando que os cambios nunha páxina tamén se reflictan na outra).
Proponse a fusión dos dous artigos, para o cal habería que modificar esta política oficial. O novo texto proposto, que substituiría ao punto 2 citado enriba, sería:
- 2. No caso do artigo sobre Galicia o título será "Galicia", e Galiza será unha redirección a esta páxina.
O resto da política permanecería igual, e por tanto, a ese novo artigo aplicaríanselle as normas hoxe vixentes para tódolos artigos:
- 3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
- 4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
Durante o proceso de fusión dos dous artigos actuais, topámonos coa ambigüidade de ter que xuntar dous textos iguais, salvo no uso do termo Galicia ou Galiza. Para solventar esta situación inicial usarase Galicia para fusionar os dous textos, o que non quere dicir que calquera usuario que posteriormente engada contido non teña dereito a usar o termo Galiza, sempre respectando os puntos 3 e 4 da política oficial.
Votación
editarA favor
editarConcordo Miguel.lima 05:37, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo AlberteSi, digame? 13:49, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo --Xabier Cid 13:55, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo --Xosé (✉) 14:02, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo ElviraConversa con mi 14:04, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo--Hugo22 15:20, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo Lansbricae (Ti dirás) 15:50, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:56, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 19:24, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo --Toliño Fala aquí comigo 20:44, 2 marzo 2008 (UTC)
Concordo Polos argumentos achegados por Miguel.lima no debate de fusión previo. --Prevertgl 11:21, 6 marzo 2008 (UTC)
Concordo --Furado 21:09, 7 marzo 2008 (UTC)
Concordo ----Arco de Rayne 15:01, 8 marzo 2008 (UTC)
En contra
editar--Modesto 13:14, 11 marzo 2008 (UTC) De acordo coa política sobre votacións acordada pola comunidade, soamente os usuarios con máis de 150 edicións válidas en artigos poden votar nas votacións oficiais (Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar?). Segundo o contador de WikiMedia [1], este usuario non cumpriría este requisito, e por tanto este voto non debería ser válido. Miguel.lima 14:01, 11 marzo 2008 (UTC)
Neutro
editarComentarios
editarComentario Esta votación ten lugar despois de ser rexeitada a anterior proposta, cun texto exactamente igual, pero cun novo artigo Galicia - Galiza, no canto de fusionar os dous en Galicia. Podes consultar o debate que tivo lugar dende a páxina Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia Miguel.lima 05:30, 2 marzo 2008 (UTC)