Decatur é unha vila situada no condado de DeKalb no estado estadounidense de Xeorxia. Segundo o censo de 2010, a súa poboación era de 19.335 habitantes.[1]

Decatur, Xeorxia
Xulgados de Decatur
Localización
Decatur en Estados Unidos
Decatur
Decatur
Decatur en Xeorxia, Estados Unidos de América
Decatur
Decatur
País Estados Unidos de América
Estado dos Estados UnidosXeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
Xeografía
Altitude318 msnm
Superficie10.8 km² km²
Demografía
Poboación19.853 (2012)
Densidade1,800//km²
Outros datos
Código postal30030-30037
decaturga.com/

Historia Editar

Decatur foi fundada en 1822 na intersección de dúas rutas nativas americanas: o Sandtown, que leva ao leste do río Chattahoochee en Utoy Creek, e o Shallowford, que precede ao actual Clairmont Road e cruza preto de Roswell. A cidade foi chamada así en honor ao heroe naval Stephen Decatur.

Na década de 1830, a compañía Western and Atlantic Railroad quería facer de Decatur a parada situada máis ao sur da súa liña. Os cidadáns de Decatur non querían o ruído, a contaminación e o crecemento que viría cun terminal tan importante, polo que rexeitaron a proposta. En resposta, o ferrocarril fundou unha nova cidade ao oeste-suroeste de Decatur para o terminal. Esta cidade máis tarde converteuse na cidade de Atlanta.

Durante a Guerra Civil Americana, Decatur converteuse nun lugar estratéxico na batalla de Atlanta.

Xeografía Editar

Segundo a Oficina do Censo, a localidade ten unha área total de 10,8 km².

Cidades irmandadas Editar

Decatur está irmandada con outras tres cidades:[2]

Notas Editar

  1. "Race, Hispanic or Latino, Age, and Housing Occupancy: 2010 Census Redistricting Data (Public Law 94-171) Summary File (QT-PL), Decatur city, Georgia". U.S. Census Bureau, American FactFinder 2. Consultado o October 28, 2011. 
  2. "Online Directory: Georgia, USA". Sister Cities International. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 2007-09-28.