Gaiteiro

Un gaiteiro é un músico que emprega como instrumento a gaita.

Idilio (gaiteiro) Antonio Jaspe.png

Evolución históricaEditar

A primeiras mostras da existencia de gaiteiros en Galiza aparecen arredor do século XII entre a iconografía románica das igrexas medievais.[1] Porén, a primeira referencia escrita conservada data o 1374 cando o gaiteiro Johan Gonçalves, natural de Monfero, asina como testemuña nunha escritura de venda.[2] Nos séculos XVI e XVII a documentación amosa os gaiteiros "institucionalizados", con contratos por varios anos ou mesmo vitalicios, ao servizo de grandes señores, gremios, concellos ou confrarías.[3]

Suponse, partindo das representacións iconográficas, que até o século XVIII cando o gaiteiro comeza a tocar acompañado polo tambor.[4] Este conxunto musical de gaiteiro e tamborileiro ocupou o rol central na animación de todo tipo de acontecementos sociais na sociedade galega até finais do século XIX, e máis aló nas zonas máis rurais,cando se viu desprazado pola chegada das bandas de música.

NotasEditar

  1. "Representación iconográfica de la gaita". Galicia pueblo a pueblo. Consultado o 2021-05-03. 
  2. de Arana Pérez, Ramón (1911). "Solo de Gaita". Boletín de la Real Academia Gallega 4 (45): 227-228. 
  3. Torres Regueiro, Xesús (1990). "Un lexendario gaiteiro da Mariñas: O Vello Rilo." (PDF). Anuario Brigantino (13): 258. 
  4. Carpintero Arias, Pablo. "Gaita de fol ”sinxela”". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-05-04. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar