Trofeo MacCrimmon de Gaita

competición de gaiteiros

O Trofeo MacCrimmon de Gaita é unha competición musical celebrada dende 1986 no marco do Festival Intercéltico de Lorient entre gaiteiros galegos e asturianos.

Amilladoiro en Borreraig, na illa de Skye, na honra da familia MacCrimmon, adicados durante séculos ao estudo da música tradicional.

Os competidores deben tocar música tradicional galega, asturiana e bretoa e un xurado formado por membros das tres rexións elixe un gañador. O gaiteiro máis laureado é o galego Edelmiro Fernández, con catro vitorias, seguido do asturiano José Manuel Tejedor, con tres.

Historia editar

En 1980 comezou a celebrarse o Trofeo Macallan de Gaita das Highlands, para premiar cada ano ao mellor intérprete de dito instrumento. Seis anos despois incluíuse unha sección da competición para gaiteiros galegos e asturianos, co nome de Trofeo Macallan de Gaita, resultando o asturiano Xuacu Amieva como primeiro gañador, por diante do galego Bieito Romero. En 1987 incluíuse a obrigación de tocar tanto música galego como asturiana. A maioría de participantes daquela segunda edición non foran avisados desa norma e foron descualificados por non tocar músicas de ambas as rexións, quedando só dous competidores: Vicente Prado "o Pravianu", que foi o gañador, e Carlos Núñez, con só 16 anos, que quedou segundo, posto que repetiría ao ano seguinte.[1][2] Carlos Núñez foi o primeiro gañador galego, saíndo vencedor na edición de 1989. Posteriormente incluíuse a obriga de tocar tamén algunha composición bretoa.

Dende 2005, ante unha lei que prohibiu o patrocinio de eventos con bebidas alcohólicas, retirouse do seu nome a marca de bebidas Macallan e mudouse por MacCrimmon, en honra a unha famosa familia escocesa cuxos membros se dedicaban ao estudo e transcrición da música tradicional entre finais do século XV e a segunda metade do XVIII. O Trofeo MacCrimon de Gaita está considerado como o maior premio que pode gañar un gaiteiro, dándolle un gran prestixio a todos os que o posúen. Os participantes son elixidos a través de concursos en Asturias e Galicia, co Memorial Remis Ovalle e o Concurso - Selección para o Trofeo MacCrimmon, respectivamente.

Mecánica editar

Compiten oito gaiteiros, catro galegos e catro asturianos, aínda que entre 2005 e 2008 foron nove, ao participar tamén unha representante bretoa, Marie Le Cam.[3][4][5][6] Cada un dos participantes debe tocar un conxunto de pezas, que inclúa polo menos unha peza galega, outra asturiana e outra bretoa. Un xurado formado por seis membros (dous galegos, dous asturianos e dous bretóns) elixe ao gañador, dando cada membro a súa propia puntuación.[7][8] En caso de empate prémiase ao competidor de menos idade. Isto sucedeu tres veces: en 1995,[9] 2018[10] e 2019.[11]

Gañadores editar

Ano Gañador Subcampión Terceiro
1986   Xuacu Amieva   Bieito Romero
1987   Vicente Prado   Carlos Núñez
1988   Berto Varillas   Carlos Núñez
1989   Carlos Núñez   José Manuel Tejedor   Iván Area
1990   José Manuel Tejedor
1991   Iván Costa
1992   José Ángel Hevia
1993   José Manuel Tejedor
1994   Javier Tejedor   Iván Area
1995[12]   Jorge Fernández Areces   Anxo Lorenzo   Edelmiro Fernández
1996   Edelmiro Fernández
1997   José Manuel Tejedor   Vanessa Pérez   Óscar Fernández

  Carlos Lorenzo

1998   Edelmiro Fernández   Óscar Fernández   Vanessa Pérez
1999   Óscar Fernández   Diego Pangua   Ricardo Soberado
2000   Diego Pangua   Óscar Ibáñez   Iván Gómez
2001   Edelmiro Fernández   Óscar Ibáñez   Rubén Alba
2002   Rubén Alba   Daniel Bellón   Pablo Seoane
2003   Daniel Bellón   Jairo García   Jorge Suárez
2004   Ángel Domingo   Brais Paz   Iñaki Sánchez
2005   Iñaki Sánchez   Rubén Alba   Agustín Sánchez
2006   Rubén Alba   Jorge Suárez   Iñaki Sánchez
2007   Edelmiro Fernández   Rubén Alba   Alberto Coya
2008   Pablo Devigo   Alberto Coya   Pablo Carrera
2009   Alberto Coya   Pablo Carrera
2010   Andrea Joglar   Rubén Alba   Rodrigo Joglar
2011   Pedro Álvarez Fariña   Jesús Sánchez   Raúl Lacilla
2012   Raúl Lacilla   Javier Menéndez   Jesús Fernández
2013   Jesús Fernández   Xesús Rodríguez   Álvaro Álvarez
2014   Álvaro Álvarez   Xesús Rodríguez   Jesús Fernández
2015   Álvaro Álvarez   Javier Vázquez   Xesús Rodríguez
2016   Jesús Fernández   Xesús Rodríguez   Fernando Vázquez
2017   Jaime Álvarez   Fernando Vázquez   Rafael Carracedo
2018[13]   Javier Menéndez   Raquel Vilas   Fernando Vázquez
2019[14]   María López   Fernando Vázquez   Xesús Rodríguez

Mencións honoríficas editar

Concedéronse diferentes mencións honoríficas na historia do certame: No ano 2000, o asturiano Diego Pangua recibiu a mención honorífica por ser o gañador máis novo da historia do certame (16 anos). En 2010, a tamén asturiana Andrea Joglar recibiu a mención honorífica do concurso por ser a primeira muller en gañar o premio. En 2012, Javier Menéndez recibiu a mención honorífica do xurado bretón de música pola súa excelente interpretación da música bretoa. En 2019, María López recibiu a mención honorífica por ser a gañadora máis nova da historia do certame (14 anos) ademais de ser a primeira muller galega en gañar o premio.

Notas editar

  1. "Alta calidad de los artistas gallegos en el Festival Intercelta de Lorient". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1987. p. 19. 
  2. Bouza Barcia, X. (10 de agosto de 1988). "O enguedello do Macallan". La Voz de Galicia (en castelán). p. 20. 
  3. "Ruben Alba gana otra vuelta’l Troféu McCrimmon" (en asturiano). 29 de xullo de 2006. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  4. "Iñaki gana por fin el McCrimmon en Lorient" (en asturiano). 6 de agosto de 2005. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  5. "EDELMIRO FERNÁNDEZ GAÑA O MÁIS PRESTIXIOSO TROFEO MUNDIAL DA GAITA". 7 de agosto de 2007. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  6. "Pablo Devigo gañador do XXIII Trofeo McCrimmon". 5 de agosto de 2008. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  7. Tuñas, Olalla (9 de agosto de 2010). "Andrea Joglar gana el Trofeo McCrimmon". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2020. 
  8. "Duelo de gaitas en Lorient" (en castelán). 5 de agosto de 2007. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  9. "Edelmiro Fernández: «A primeira vez que gañei en Lorient foi cun triplo empate»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2019. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  10. "El avilesino Javier Menéndez gana el McCrimmon en Lorient" (en castelán). 5 de agosto de 2018. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  11. "A gaiteira María López gaña o prestixioso certame Mac Crimmon". 7 de agosto de 2019. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  12. Houbo un empate en primeira posición entre Jorge Fernández Areces, Edelmiro Fernández e Anxo Lorenzo, séndolle entregado o premio ao primeiro por ser o máis novo.
  13. Houbo un empate en primeira posición entre Javier Menéndez e Raquel Vilas, séndolle entregado o premio ao primeiro por ser o máis novo.
  14. Houbo un empate en primeira posición entre María López e Fernando Vázquez, séndolle entregado o premio á primeira por ser a máis nova.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar