Xuacu Amieva

escritor e gaiteiro asturiano


Xuacu Amieva, nado en El Mazucu (Llanes) o 12 de outubro de 1954, é un gaiteiro español. Mestre de gaiteiros, distínguese polo traballo de recuperación do patrimonio cultural e musical asturiano, fundando un gran número de bandas e grupos folclóricos. Destaca tamén a súa creación musical, recoñecida mundialmente con prestixiosos premios como o Trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient ou os Premios Grammy.

Infotaula de personaXuacu Amieva
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
El Mazucu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , gaiteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: eadb697d-0bac-4925-9f6d-fdffa8509e50 Discogs: 1717621 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa vocación musical vén de familia, xa que a súa nai era cantante e tiña parentes que tocaban a gaita. En 1974 entrou a formar parte do grupo «Urogallos». Interesado pola música tradicional asturiana, participa en varios grupos folclóricos como "Raigañu", "Urogallos" e "Andecha Folklor d'Uvieu". Neles, realiza unha importante tarefa de recuperar tanto música como instrumentos populares como a rabel ou a bandurria asturiana, a [zanfona]] ou gaita de rabil, a trompa ou arpa de boca, a frauta traveseira de madeira, tarrañolas, castañolas vaqueiras, pitos, o "pandeiru cuadrau", a xipla, o tambor...

No seu afán por manter vivas as tradicións, creou en 1980 en Oviedo a «Escola de música tradicional», da que máis tarde abriu delegacións noutras partes da rexión debido á gran demanda. Nestas escolas naceron algunhas bandas de gaitas asturianas pioneiras, como a "Banda de los LLumerinos" ou a "Banda Gaites Naranco".

Ao mesmo tempo que mantivo viva a tradición musical de Asturias mediante a docencia, seguiu activo fundando grupos folk como "Beleño" e "Ubiña". En 1990 formou o grupo folk "Xuacu Amieva". En 1995 colaborou cos irlandeses The Chieftains no seu álbum "Santiago" tocando a canción "El besu". Esta obra gañou un premio Grammy en 1997.

Obra editar

Discografía editar

  • Método de gaita (1984)
  • Onde l'agua ñaz (1986)
  • Ubiña (1988)
  • Xostrando (1989)
  • Colaboración en Las cornamusas de Europa (1991)
  • Lluna caldeá (1992)
  • La gaita asturiana (1993)
  • Colaboración coa canción El besu no álbum Santiago de The Chieftains (1995)
  • Tiempo de mitos (1999)
  • Al son del fueu (2003)
  • Seis (2006)

Bibliografía editar

  • Método de gaita (1984)
  • Método de gaita asturiana (1998)
  • La gaita asturiana. Método interactivo de enseñanza (2003)

Curtametraxes editar

  • Mitos astures (1997)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar