Gaita das Highlands

A gaita das Highlands ou Terras Altas escocesas, tamén chamada gaita escocesa, é un dos tipos de gaita máis coñecidos. Alén da fama, está entre as gaitas tradicionais máis potentes, senón a de potencia sonora maior.

1) punteiro
2) fol
3) buxas
4) punteiro
5) bordóns tenores
6) bordón baixo (ronco)
7) espigos
8) farrapos

CaracterísticasEditar

Consiste nun fol, un punteiro, un soprete, dous bordóns tenores e outro baixo. A escala do punteiro está aproximadamente en modo mixolídio cun rango desde un grao máis baixo que a tónica até unha oitava por riba dela (sol baixo, la baixo, si, dó#, re, mi, fa#, sol alto e la alto; os gaiteiros tratan a gaita como un instrumento transpositor e omiten os sostidos). Os dous bordóns tenores son unha oitava máis baixos que a tónica (la baixo) do punteiro e o bordón baixo está dúas oitavas máis abaixo. Realmente, este la da gaita das Highlands é en realidade un pouco máis sostido que si bemol (arredor de 480 Hz), e parece que se fai cada vez máis sostido entre as bandas de competición. Na última década, a gaita viu a aparición de novos materiais, como palletas e bolsas sintéticas, que se comportan mellor coa humidade que os materiais tradicionais.

TerminoloxíaEditar

Malia ser extremamente popular, o termo gaita escocesa é considerado, ao mínimo, impreciso. Hai na Escocia innúmeras outras gaitas para alén da gaita das Highlands, como a smallpipe escocesa, a gaita das Bordas, a shuttle pipe e a parlour pipe, para alén doutras smallpipes.

OrixeEditar

Pode ser que os romanos introducisen as gaitas nas Illas británicas ou que estas xa fosen usadas por outros pobos do seu contorno e estivesen xa presentes nas Illas. A mediados do século XVI en Escocia utilizábase unha gaita semellante á das Terras Altas que contaba cun único bordón tenor. Parece ser que a configuración actual (un bordón baixo e dous tenores) apareceu en Irlanda, onde se coñece como gaita de guerra, e que foi traída entón e se adoptou, especialmente nas Terras Altas.

A gaita das Highlandas conservou a súa popularidade a partir do período barroco, e non decaeu como lles sucedeu a outras gaitas, en boa parte porque foi incorporada como instrumento militar polos propios rexementos ingleses xa a partir do século XVII. O movemento romántico, coas súas pretensión de retomar un pasado tradicional e idílico ao modo burgués, encontrou un forte apelo na cultura escocesa. Coa creación do Imperio Británico, o instrumento diseminouse polo planeta, até atoparse hoxe en día en rexións sorprendentes, como por exemplo o Oriente Medio e o Caribe, en antigas colonias británicas. Após as dúas guerras mundiais, eventos nos que se utilizaran pola última vez os gaiteiros no fronte de batalla da forma "clásica", sentiuse a necesidade de atraer os mozos para a formación de novos gaiteiros. Así, formalizáronse as bandas rexementais (pipe bands) e iniciáronse os primeiros campionatos oficiais entre bandas, todo so a éxida de estatutos controlados por un consello oficial.

En GalizaEditar

En Galiza utilízase unha gaita moi semellante, tamén afinada en si bemol, que se chama gaita de banda ou gaita marcial e cuxos bordóns tamén se botan por riba do ombreiro.