Transpositor
Un instrumento transpositor é aquel en que a altura das notas que soan non é a mesma que a que consta na partitura.
Isto faise por diferentes razóns: para evitar o uso de moitas liñas adicionais como no caso da guitarra, escrita unha oitava máis aguda, para evitar o uso de alteracións (díeses e bemois).
Por exemplo, se nunha partitura escrita para saxo tenor ou clarinete aparece un dó o músico tocaraa e soará un si bemol, pero o instrumentista seguirá a chamarlle a esa nota dó. Isto facilita moito a notación e o aprendido, pois o músico escribe e le Dó Re Mi Fa Sol La Si o que realmente é Sib Dó Re Mib Fa Sol La. Ademais, nalgunhas familias de instrumentos as posicións dos dedos corresponde ao nome da nota e non ao seu son, así un músico pode tocar varios instrumentos sen ter que aprender de novo as posicións. Así é común que un saxofonista toque varios instrumentos (normalmente tenor e soprano). El le a partitura e, onde pon Do, el coloca os dedos para do, no tenor soará Sib, no alto Mib e no soprano Sib unha oitava máis agudo.
Instrumentos transpositores máis comúns
editar- Saxo tenor e clarinete soprano Si bemol
- Saxo alto e trompeta Mi bemol
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |