Buxa

tubos que forman parte da gaita galega

Na gaita as buxas son os tubos que comunican o fol cos distintos elementos sonoros e de insuflación do instrumento (punteiro, soprete, ronco, ronqueta, chillón). O nome provén da madeira utilizada tradicionalmente para facer as gaitas, o buxo. Normalmente, as buxas átanse con forza ao fol, non se colan a el, o que permite substituílo cando for necesario. As palletas alóxanse nas buxas, polo que é preciso que o encaixe permita a estanqueidade das pezas.