Punteiro
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
O punteiro é o tubo sonoro da gaita onde se executa a melodía.
Características
editarAs dimensións varían segundo a súa tonalidade: máis longo para tonalidades graves e máis curto para tonalidades agudas. Conta cun número distinto de furados dependendo do tipo de gaita: na gaita galega son oito furados melódicos e tres "ouvidos" sonoros. Sete dos primeiros están por diante e un por detrás; neste vai o dedo polgar da man esquerda e nos de diante os dedos da man esquerda e, máis abaixo, os da dereita. O polgar da man dereita serve de apoio e non se utiliza o meimiño da man esquerda. Os ouvidos melloran o timbre do ponteiro e a estabilidade da súa afinación.
Certas gaitas, como a de Northumbria ou a Uillleann, utilizan teclas para incrementar o rango sonoro. Tamén se probou a introducilas na gaita galega, pero sen éxito.
Na gaita galega, o anaco cimeiro que se introduce na buxa da gaita denomínase espigo e a parte máis grosa superior cimela. Os punteiros poden ser cónicos (como na gaita galega ou na das Highlands) ou cilíndricos (como na de Northumbria ou na gaida búlgara). No interior levan unha palleta, que produce a vibración no ar que se insufla.
Os punteiros son unha das partes máis delicadas da gaita e hainos que coidar especialmente, tentando que non estean demasiado húmidos nin se expoñan demasiado ao sol; tamén hai que ter coidado ao desmontalos da gaita.
Para aprender a tocar a gaita é habitual que se comece cun punteiro de prácticas, semellante ao punteiro da gaita pero coa palleta protexida.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Time lapse do torneado dun punteiro de gaita galega - luismivcd (2014). Youtube.