Pinche
- Este artigo trata sobre un elemento arquitectónico, para o aprendiz véxase Pinche de cociña.
O pinche[1] é un elemento arquitectónico de forma triangular da parte superior da parede dun edificio (a fachada ou o muro penal ou lateral) encima do cal descansan as dúas augas da cuberta. Recibe en galego tamén os nomes de pinche do penal, pinchón, espigo ou pipal[2].
Por extensión denomínase tamén "pinche" ou "parede de pinche"[3] a toda a fachada do edificio cando se configura de tal xeito; que nas igrexas con planta de cruz latina son tres: a dos pés (que adoita ser a portada principal) e as dúas laterais que rematan o cruceiro. A diferenza dos frontóns, que cumpren a mesma función estrutural, os pinches non delimitan o seu bordo inferior cunha cornixa horizontal, e polo tanto quedan integrados no resto da fachada (se esta presenta cornixas ou outro tipo de delimitacións horizontais, márcanse nunha liña distinta á da base do triángulo do pinche). Cómpre tamén diferenciar os pinches dos gabletes, un elemento esencialmente decorativo da arquitectura gótica, tamén de forma triangular.
Chámase pinche graduado[4] ao que presenta as vertentes con chanzos.
Galería de imaxes
editar-
Vivenda de finais do século XIX na Pobra de Trives, o muro lateral penal remata en pinche.
-
San Miniato al Monte (a similitude cos frontóns clásicos grecorromanos é moi achegada, mais non hai cornixa que delimite a liña inferior do triángulo de remate).
-
Transepto sur de Notre Dame de París.
-
Stavkirke propia da arquitectura nórdica.
-
Edificios do Grote Markt con pinches graduados de Anveres.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pinche.
- ↑ Definicións e sinónimos en galego en Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ Denominación galega en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004