Henrique Otero

Henrique Otero Covelo, máis coñecido coma O Gaiteiro de Fragoso, nado en Lavadores, Vigo, en 1930 e falecido en Vigo o 18 de abril de 2013, é un gaiteiro e mestre de gaita galega.

Henrique Otero
Nacemento1930
Falecemento18 de abril de 2013
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Henrique Otero pretendeu lograr unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Foi membro fundador do grupo Os Cruceiros, de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta. En 1971 converteuse no primeiro mestre gaita no Conservatorio de Vigo, logrando que o Ministerio de Educación recoñecese o estudo oficial da gaita galega. Foi tamén o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita, Leccións de Gaita. Froito do seu maxisterio son Xan e Toniño López, Chuco Estévez, María Xosé López, Rosario Guerrero, Xaime Estévez ou Carlos Núñez, entre outros.

Ten compostas máis de duascentas obras, nas que mestura a tradición coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Muxicas, Treixadura e Noitarega teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.

Concedéuselle a medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira.

DiscografíaEditar

  • Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso (Boa Music, 2001) contén quince das súas composicións orixinais.