Cuarteto de gaita e clarinete

O cuarteto de gaita, clarinete, caixa e bombo, é unha agrupación musical tradicional galega aparecida a finais do século XIX.[1]

Cuarteto de gaita e clarinete
Cuarteto Ventosela
Orixe culturalGalicia Galicia
Instrumentos típicosGaita galega
Clarinete/Requinto
Caixa (redobrante)
Bombo
Outros nomesCuarteto con clarinete

Características editar

A proliferación das bandas de música nas festas populares galegas, desde mediados do século XIX, foi desprazando dos terreiros os tradicionais gaiteiros e tamborileiros. As bandas introduciron nas celebracións de vilas e cidades un novo repertorio de música bailábel que axiña ocupou o primeiro lugar nas preferencias do público.

Forzados a se adaptar á nova situación, os gaiteiros tradicionais evolucionaron adoptando as novas músicas e os novos instrumentos que as acompañaban. A primeira banda popular aparecida en Galiza foi a Lira de Ribadavia, e foi precisamente alí onde un gaiteiro: Xan Míguez, "O Ventosela", formou o primeiro cuarteto que mesturaba a gaita coa instrumentación das bandas.[2]

Este cuarteto composto por gaita, clarinete, caixa e bombo, revolucionou o panorama musical galego, pois incorporou ao repertorio tradicional os bailes agarrados de moda: pasodobres, mazurcas etc. O éxito da nova agrupación musical foi instantáneo, aparecendo por todo o país grupos á súa imaxe como Os Trintas de Trives ou Os Veiga de Mondoñedo[3].

Notas editar

  1. "Agrupacións". Un paseo pola música de Galicia. Consultado o 2021-05-20. 
  2. Naqueles tempo (TVG) 11 - A gaita galega I. Youtube. 2016. p. 24 m. 27 s. 
  3. Teixeiro, Xiana (2018). "Os Veiga e Os Pacheco, dous cuartenos mindonienses". Aturuxo (17): 28–31. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar