Danzas brancas

tipoloxía de danza
(Redirección desde «Danzas gremiais»)

As danzas brancas, ou danzas gremiais, son danzas rituais ligadas habitualmente á procesión dunha virxe ou santo. Celébranse tamén noutras datas sinaladas como no día de reis, no Entroido, polo Corpus Christi ou nas festas patronais. Con probábel orixe nas asociacións gremiais de artesáns da Idade Media, consérvanse hoxe máis de trinta destas danzas por todo o territorio galego.

Orixe editar

Malia teren unha orixe pagán para algúns estudosos,[1] os primeiros rexistros documentais asocian as danzas brancas coas sociedades gremiais dos séculos XVI e XVII.[2] Estas organizacións de artesáns participaban nas festas de vilas e cidades executando cadansúa danza cerimonial. En Compostela, por exemplo, saían até doce agrupacións no día do Corpus Christi: prateiros, ferreiros, carniceiros, xastres, tecedores, barbeiros, acibecheiros, correeiros, pedreiros, carpinteiros, armeiros e zapateiros.[3] Os gremios foron abolidos na época do liberalismo, porén, a tradición das danzas continuou da man de confrarías de mariñeiros ou da propia veciñanza das parroquias.

Características editar

Mostra dalgunhas danzas.

As danzas desenvólvense polo xeral no adro da igrexa, ás veces como acto previo ao inicio dunha procesión relixiosa. Como esquema xeral, comezan cunha reverencia inicial, seguida da parte coreográfica da propia danza na que, nunha serie de movementos e cruces prefixados, os danzantes baten paus, espadas, trenzan fitas de cores arredor dun mastro ou danzan con arcos. O evento finaliza cunha nova reverencia.[2]

A denominación "danzas brancas" provén do emprego polos danzantes das pezas de roupa branca que van por baixo da vestimenta tradicional: camisas, cirolas, enaguas etc. Se ben cada lugar complementa esta indumentaria de distintos xeitos engadindo faixas vermellas, bandas cruzando o peito, chapeus con fitas etc.

A maioría das danzas acompáñanse musicalmente por grupos de gaiteiros, e nalgunha aparecen tamén figuras festeiras como abandeirados, demos, comparsas de xigantes e cabezudos ou cocas. Estas últimas, representacións medievais de dragóns, mantéñense en Betanzos e Redondela, lugar onde tamén se conservaron as penlas, nenas vestidas de branco e con ás de anxo que bailan nos ombros de dúas mulleres (chamadas burras) mentres se efectúa unha danza de espadas.[4]

As danzas gremiais foron prohibidas no século XVIII a instancias da igrexa católica, que as consideraba propias do paganismo supersticioso.[5] Polos mesmos motivos sufriron graves problemas durante o franquismo. En Ourense, por exemplo, celebráronse até o ano 1956 cando, por orde do bispo Temiño Sáiz, a música e a danza foron prohibidas nas procesións, o que provocou a súa desaparición.[2]

Tipos editar

Atendendo os instrumentos empregados polos danzantes, as danzas pódense clasificar nos seguintes tipos: arcos, castañolas, espadas, fitas ou paus. Porén na maioría delas empréganse varios deles, ou todos, durante a danza. Existen tamén os ranchos de reis, que se ben hoxe gardan gran similitude co resto das danzas, eran en orixe agrupacións de veciños que percorrían as parroquias durante as festividades do Nadal, aninovo e reis.[6]

  • Danzas de Arcos: os danzantes levan arcos flexíbeis agarrados polos extremos. Nalgunhas danzas suxéitanse cunha man mentres coa outra agárrase o dun compañeiro creando unha liña de bailadores que se move facendo figuras.
  • Danzas de espadas: os danzantes terman das espadas creando ringleiras e outras figuras dirixidos por un guía.
  • Danzas de castañolas: os danzantes empregan castañolas para marcar o ritmo da marcha ou do baile.
  • Danzas de fitas: os danzantes móvense arredor dun mastro do que penduran fitas de cores, termando cada un da súa mentres danzan trenzándoas e facendo figuras.
  • Danzas de paus: os danzantes levan dous paus que baten entre si ou co dos outros mentres se leva o ritmo da danza.
  • Danzas de reis: inclúense no repertorio dos ranchos de reis, grupos de veciños, dalgúns lugares do sur de Pontevedra, que percorren as casas pedindo o aguinaldo na noite de reis.

Danzas conservadas editar

No ano 2008 anunciouse a creación da Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas,[7] constituída coa intención de rescatar todo este patrimonio, sumándose á proposta a maioría dos concellos que conservan algunha destas danzas, até vinte e un.[8] Enuméranse a continuación algunhas das danzas galegas existentes ou xa desaparecidas.

Nome Lugar Tipo Gremio/Festa Estado
Danza dos xastres de Allariz.[9] Allariz Fitas e paus Xastres / Festa do Boi Danzouse de xeito descontinuo desde 1942, e recuperouse a finais da década de 1960.[10] Hoxe báilase o 2º ou 3º domingo de agosto, durante a festa do boi.[11]
Danza da virxe do libramento.[12] Arbo Castañolas, fitas, arcos e paus. Festa do libramento. Recuperada na década de 1990 pola Asociación Cultural Barca de Loimil.[13][14]
Danza procesional de Güín.[15] Güín (Bande) Castañolas, fitas e paus. Festa de virxe da Espectación.[16] Deixouse de bailar na década do 1950 por problemas co párroco. Recuperada no ano 1993,[17] hoxe xa non se baila.
Danza de espadas de Baiona.[18] Baiona Espadas. Mariñeiros / Virxe da Anunciada. Dánzase o primeiro sábado de agosto.
Danza do gremio de Labradores.[19] Betanzos Espadas Labradores / Festas de San Roque. Bailase o 16 de agosto, nas festas patronais de San Roque.[20][21]
Danza do gremio de mareantes.[19] Betanzos Arcos Mariñeiros / Festas de San Roque. Bailase o 16 de agosto, nas festas patronais de San Roque.[22]
Danza do gremio de zapateiros.[23] Betanzos Arcos Zapateiros / Festas de San Roque. Bailouse por última vez no ano 1902.
Danza procesional de Xuvencos.[24][25][26] Xuvencos (Boborás) Castañolas, fitas e paus. Virxe de Xuvencos /Festa das Mudaciós Dánzase cada catro anos no 2º e 3º domingos de maio.[27]
Danza de arcos de Camariñas.[28] Camariñas Arcos Festa do Carme.[29] Faise o 16 e 17 de xullo, polas festas da virxe do Carme.[30]
Danza de Aldán[31] San Cibrán de Aldán (Cangas) Castañolas San Sebastián. 20 de xaneiro.[32]
Danza de San Roque do Hío[31] O Hío (Cangas) Castañolas San Roque. 16 de agosto.[33]
Danza e contradanza de Darbo[31] Darbo (Cangas) Castañolas Santa María / Romaría de Darbo.[34] 8 de setembro.[35]
Danza de arcos de Cariño.[36] Cariño Arcos Festa do Carme. 16 de xullo.[37]
Danza da Franqueira.[38] A Caniza Fitas e paus. Romaría da Franqueira. Luns de Pentecosté.[39]
Danza de Seara de Montes[40] As

Seixadas (Cartelle)

Castañolas, fitas e paus. Santa Rita Recuperada no ano 1980.[41] Hoxe abandonada.[42]
Danza branca á Virxe das Neves.[42] Barral (Castrelo do Miño) Castañolas, fitas e paus. Virxe das Neves. Abandonada no 1972.[42]
Romaría dos danzantes.[43][44] Fontefría (Castrelo do Val) Castañolas e fitas Santa Marta. Derradeiro domingo de agosto. Abandonada no 1950. Recuperada no 1980.[45]
Danza das cocas.[46][47] Santa Tegra (Castro Caldelas) Arcos. Festa da Virxe da Luz. 1º domingo de agosto. Deixouse de bailar no 1952. Recuperada en 1983.[48]
Danza do cristal[49] Vilanova dos Infantes (Celanova) Procesional: Castañolas, fitas e paus. Zapateiros / Virxe do Cristal. 15 de setembro.[50]
San Pedro de Líncora. Chantada Paus Virxe da saúde. Abandonada.
Danza de paus de nosa señora das Areas Fisterra Paus Festa do cristo de Fisterra. Semana santa.[51]
Danza de Arcos da Cervela[52] A Cervela (O Incio) Arcos Santa Lucia. 26 e 27 de agosto.
Danza procesional de Laza.[53][54] Laza Castañolas e espadas. Festa do santo cristo. 1º fin de semana de maio. Bailouse de xeito intermitente durante todo o século XX. Regularmente desde o 1971.[55]
Danza procesional de Maceda.[56] Maceda Fitas Danzouse por última vez no 1959.
Danza de espadas de Marín.[57] Marín Espadas Mariñeiros / San Miguel 29 de setembro.[58].
Danza de arcos de Covas.[59] Covas (Meaño) Arcos, castañolas. San Bieito de Cambados. 11 de xullo.[60]
Danza procesional de Cádavos.[61] Cádavos (A Mezquita) Castañolas, fitas e paus. Festas do Sagrado Corazón. 3º domingo de xuño.[62]
Danza de Mouriscados.[63] San Cibrán de Mouriscados (Mondariz) Arcos, Paus, fitas. Virxe do Socorro. 16 de agosto.[64]
Rancho de reis de Riofrio.[65] Riofrio (Mondariz) Arcos, castañolas, fitas e paus. Virxe do leite. 5 e 6 de xaneiro.[66]
Danza de espadas de Quintáns. Quintáns (Muxía) Espadas San Isidro 1º domingo de agosto.[67]
Rancho de reis das Cortellas. As Cortellas (Ponteareas) Arcos, castañolas, fitas e paus. Día de reis. 5 e 6 de xaneiro.[68]
Rancho de reis de Fozara. Fozara (Ponteareas) Arcos, castañolas, fitas e paus. Día de reis. 5 e 6 de xaneiro.[69]
Rancho de reis de Guláns.[70] Guláns (Ponteareas) Arcos, castañolas, fitas e paus. Día de reis e día de San Xián (patrón) 6 e 7 de xaneiro.[71]
Danza de Anceu.[72] Anceu (PonteCaldelas) Arcos, castañolas, fitas e paus. Virxe das Dores. Derradeiro domingo de setembro.[73]
Danza de espadas de Redondela.[74] Redondela Castañolas, espadas. Festa da coca. Dánzase xoves e domingo do Corpus Christi.[75]
Rancho de reis de Salceda de Caselas.[76] Salceda de Caselas Castañolas Día de reis. 5 e 6 de xaneiro.[77]
Rancho de reis de Fornelos. Fornelos (Salvaterra de Miño) Arcos, castañolas, fitas e paus. Día de reis. 5 e 6 de xaneiro.[78]
Rancho de reis de Lourido Lourido (Salvaterra de Miño) Arcos, castañolas, fitas e paus. Día de reis. 5 e 6 de xaneiro.[79]
Danza de espadas de Carril.[72] Carril (Vilagarcía de Arousa) Espadas Festas de Carril. Dánzase o 25 de xullo.[80]
Danza da Santa Cruz de Lamas.[81] Santa María de Lamas (Xinzo da Limia) Castañolas, fitas e paus. Festa da Santa Cruz.[82] 3 de maio. Prohibida a música na procesión no 1954. Foi recuperada no 1980.[83][84]

Notas editar

  1. Pin, Irene (26/09/2020). "Danzas Brancas. Bailar nos ecos do antano". Nós diario (suplemento Sermos Galiza nº 416): 4–9. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "As escuras danzas brancas". culturagalega.gal. 2012-06-06. 
  3. Pontevedra, Silvia R. (2008-03-02). "El baile de los pasos perdidos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-10-31. 
  4. González Montañes, Julio I. "As Penlas". www.teatroengalicia.es (en castelán). Consultado o 2021-11-13. 
  5. "Corpus 21 de mayo: Fiesta de la coca en Redondela.". Turismo y hostelería de Pontevedra. Consultado o 2021-11-02. 
  6. Carpintero Arias, Pablo. "As cuadrillas de reiseiros e os ranchos de reis". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-11-13. 
  7. "Manifesto de constitución da Asociación Galega das Danzas Brancas ou Gremiais." (PDF). Culturagalega.gal. Consultado o 02/11/2021. 
  8. "Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas". Malmequer. Consultado o 2021-11-03. 
  9. Fernández Senra (2000). pp.78-108
  10. Fernández Senra (2000). p.85
  11. "Guía sobre a procesión de Xan de Arzúa" (PDF). festadoboi.gal. 
  12. "Festa da Virxe do Libramento - Arbo". Viajando con Pío 🌎 (en castelán). 2018-03-27. Consultado o 2021-11-08. 
  13. "A. C Barca de Loimil :: Asociacións :: Concello de Arbo". www.concellodearbo.es. Consultado o 2021-11-08. 
  14. Danza Virxe Libramento (Youtube). 2007. 
  15. Fernández Senra (1999) pp.74-107
  16. "As danzas de Güín no tempo.". Bande noutrora (Facebook). Consultado o 04/11/2021. 
  17. Fernández Senra (1999). p.78.
  18. "Danza de las espadas - Baiona". Viajando con Pío 🌎 (en castelán). 2015-02-09. Consultado o 2021-11-09. 
  19. 19,0 19,1 "Las danzas de labradores y mareantes". Vales Villamarín. Obra Completa (en castelán). Briga Edicións. 2006. pp. 475–486. 
  20. RTVE (1973). Danza de Labradores (Youtube). 
  21. San Roque, Betanzos, Danzas de labradores, nueva generación (Youtube). 2017. 
  22. Galicia Enteira (2015). Danza Gremial de los Marineros – Betanzos (Youtube). 
  23. "La cofradía gremial de los zapateros". Vales Villamarín. Obra Completa (en castelán). Briga Edicións. 2006. pp. 503–515. 
  24. Fernández Senra (2000). pp.24-79
  25. Sobrado, Xosé Luis. "Danza de Xuvencos". Concello de Boborás. Consultado o 2021-11-03. 
  26. "Las mejores rutas etnográficas: la danza das mudacións de Xuvencos". Viajando con Pío 🌎. Consultado o 2021-11-03. 
  27. Galicia Enteira (2014). Danza das Mudacións de Xuvencos (Youtube). 
  28. Diego (2019-12-04). "Historia do Carme de Camariñas". Festas do Carme de Camariñas. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 2021-11-05. 
  29. "Festa da Virxe do Carme". Camariñas, O mar todo. Consultado o 2021-11-05. 
  30. Galicia Enteira (2016). Los colores de la danza de Camariñas (Youtube). 
  31. 31,0 31,1 31,2 "Danzas ancestrais". Concello de Cangas. Consultado o 2021-11-05. 
  32. Danza de Aldán 2019 (Youtube). 2019. 
  33. Danzas de Cangas (2018). Danza de San Roque do Hío (Youtube). 
  34. "Romaría de Darbo - Cangas". www.romariadedarbo.com. Consultado o 2021-11-06. 
  35. Danzas de Cangas (2019). Danza e Contradanza de Darbo (Youtube). 
  36. "Ao longo do ano celébranse no municipio diversos eventos e festas.". www.visitacarino.gal. Consultado o 2021-11-09. 
  37. Danza de arcos de Cariño. (Youtube). 2017. 
  38. "Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia - Danza da Franqueira". ronsel.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-09. 
  39. Romaría da Franqueira (Youtube). 2018. 
  40. Fernández Senra (1999). pp.109-152
  41. Fernández Senra (1999). p.110
  42. 42,0 42,1 42,2 "Danza Branca a Virxe das Neves en Barral (Castrelo do Miño).". Macendo de Castrelo do Miño (en castelán). Consultado o 2021-11-04. 
  43. Fernández Senra (1999). pp.182-199
  44. "Romaría dos Danzantes de Santa Marta en Fontefría". Castrelo do Val. Consultado o 2021-11-03. 
  45. Fernández Senra (1999). p.191
  46. Fernández Senra (1999). pp.154-172.
  47. Galicia Enteira (TVG) (1994). Danza das cocas (Youtube). 
  48. Fernández Senra (1999). p.160
  49. Escola de Danza da Deputación de Ourense (2011). "A danza de Vilanova dos Infantes". Raigame (34): 59–65. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 03 de novembro de 2021. 
  50. La región (2021). Romaría da virxe do cristal (Youtube). 
  51. Danza da nosa señora das Areas (Youtube). 2012. 
  52. "Danza de Arcos na Cervela (O Incio)". www.crtvg.es. Consultado o 2021-11-03. 
  53. Fernández Senra (2000). pp.108-128
  54. "O Santo Cristo". Laza.info. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2021-11-03. 
  55. Fernández Senra (2000). p.118
  56. Fernández Senra (2000). pp.183-193
  57. "Danza das Espadas de Marín". turismoriasbaixas.com. Consultado o 2021-11-12. 
  58. "Marín lembra nun vídeo a historia da Danza de Espadas". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-11-12. 
  59. "Danza de Arcos de Cobas - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  60. Desde Galicia para el mundo (2016). Meaño, tierra de canteros y danzantes. (Youtube). 
  61. Fernández Senra (2000). pp.154-183
  62. "Danza das Cintas de Cádavos". Concello de A Mezquita. Consultado o 2021-11-04. 
  63. "Danza de Mouriscados - Mondariz". Viajando con Pío 🌎 (en castelán). 2017-05-25. Consultado o 2021-11-11. 
  64. Danzas de Mouriscados (Youtube). 2020. 
  65. "Rancho de Reis de Riofrio". Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. 
  66. Alalá (TVG) (2009). Rancho de Reis de Riofrío. 
  67. Danza de Espadas-Qintáns (Youtube). 2013. 
  68. Arquivos Tradicionais (2018). Rancho de Reis de Cortellas de Padróns (Luar - TVG) (Youtube). 
  69. Concello de Ponteareas (2020). Rancho Fozara Ponteareas (Youtube). 
  70. "Rancho de Reis de Gulans". Porta do patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. 
  71. Rancho Reis Guláns (Youtube). 2013. 
  72. 72,0 72,1 "Danzas blancas gallegas" |url= incorrecto (Axuda). Albariño.com (en castelán). 
  73. Danza de Anceu (Youtube). 2020. 
  74. "Festa do Corpus Christi de Redondela". Turgalicia. 2020-10-22. Consultado o 2021-11-11. 
  75. Penlas e danza de espadas (Youtube). 2014. 
  76. "Rancho de Reis". Concello de Salceda de Caselas. Consultado o 2021-11-13. 
  77. Luar (TVG) (2013). Rancho de Reis de Santa María de Salceda de Caselas na TVG (Youtube). 
  78. Danza de reis (Youtube). 2011. 
  79. Danzas de Reis de Lourido (Youtube). 2014. 
  80. Baile Das Espadas (Youtube). 2011. 
  81. Fernández Senra (2000). pp.128-154
  82. "A FESTA DA SANTA CRUZ: Parroquia de Santa María de Lamas (XINZO DE LIMIA).". Historia de Xinzo. 2016-05-01. Consultado o 2021-11-03. 
  83. Fernández Senra (2000). p.132
  84. Os Danzantes de Lamas, (Youtube). 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar