Xuvencos, Boborás
Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal. Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).
Xuvencos | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Xuvencos. | |
Concello | Boborás[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 366 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. A súa actividade principal é a agricultura, xunto cos servizos derivados da capitalidade -centro de saúde, farmacia, dependencias municipais, bancarias...- e unha certa actividade comercial e de hostalería, na que destaca a existencia dunha Casa de Turismo Rural.
PatrimonioEditar
No lugar da Torre, preto do lugar do Penedo de Xuvencos, existiu un castelo, derrubado en 1467 no marco da Gran Guerra Irmandiña.
O templo parroquial, de estilo románico, consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.
Con orixes e testemuñas na Idade Media, conserva como un dos seus grandes tesouros a coñecida Danza de Xuvencos dentro do formato da chamada Festa das Mudaciós.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xuvencos, Boborás.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de XuvencosEditar
Lugares da parroquia de Xuvencos no concello ourensán de Boborás | |
---|---|
A Almuzara | Bergazos | Boborás | Franza | O Igrexario | A Lama | O Penedo de Xuvencos | As Quintás | Rodas | Sande | Xesteira |
Parroquias de BoborásEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Sobrado, Xosé Luis (1996). Concello de Boborás, ed. Xuvencos. Historia e Tradición.