Xurenzás, Boborás
San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xurenzás | |
---|---|
Martirio de San Sebastián, na igrexa de San Pedro de Xurenzás | |
Concello | Boborás[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 102 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha lenda explica a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas se enamorou da filla doutro mouro, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas, declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás [2].
PatrimonioEditar
Na igrexa de San Pedro consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse recentemente pinturas góticas representando a San Sebastián e á Virxe.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de XurenzásEditar
Lugares da parroquia de Xurenzás no concello ourensán de Boborás | |
---|---|
Ensalde | O Igrexario | A Ponte Nova | O Prado | Valboa | Ventosa | Xurenzás |
Parroquias de BoborásEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).