Festas de San Roque (Betanzos)

No día máis importante das festas de San Roque de Betanzos, o 16 de agosto, lánzase un globo de papel, unha tradición da familia Pita dende 1875[1]. Os irmáns Pita Varela en 1979 presentaron no Rexistro da Propiedade Industrial o seu deseño. Describindo a construción: a primeira capa de papel e a segunda de tea cun aro de madeira entre as dúas. Todo cosido cun cordel fino e forte. A patente describe tamén como facer toda a envolta, seguindo un patrón, realizando as pezas laminares ata ter os 16 pliegos de papel, dobrados ao largo e pegados xuntos[2].

Globo de Betanzos.

Nestas festas tamén hai dúas xeiras fluviais ao campo dos Caneiros, uns quilómetros río arriba, no concello de Coirós. O costume e ir comendo o xantar nas embarcacións río arriba, pasar o día no campo dos Caneiros e volver ceando. Tamén hai xente que vai ao campo dos Caneiros a pé.

  1. Orosa, Pablo L. elcorreogallego.es, ed. "El globo de Betanzos honra a las víctimas del accidente de tren de Santiago". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  2. Globo de Betanzos, 35 años de patente. La Opinon A Coruña

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar