Antón Corral

gaiteiro e luthier galego

Antón Corral Martínez, nado na Coruña o 11 de xullo de 1936, é un gaiteiro e artesán de instrumentos musicais galegos.

Infotaula de personaAntón Corral
Nome orixinal(gl) Antón Corral Martínez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro , lutier Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Antón Corral entrou en contacto coa música na escola, no colexio Santo Anxo de Lugo, onde aprendeu solfexo e comezou a tocar a bandurra. Naceu así o seu interese polos instrumentos tradicionais nos que continuou formándose a través de Antonio Sandar, compoñente do grupo Os Amigos de Lugo, co que aprendeu a tocar a gaita e o clarinete. A súa primeira actuación foi cun grupo de rapaces chamado Os Garabullos do Alto. Durante o servizo militar tocou o clarinete na banda militar. Logo de licenciarse meteuse de cheo no mundo da gaita, e tocou cos Modernos e Os montes, ámbolos dous de Lugo, cos que tivo máis participación. Paralelamente, tocaba coa Sección Femenina e impartía clases de gaita en Cantigas e Frores.[1]

 
Gaita feita por Antón Corral.

Deixou de traballar como axente comercial por problemas de saúde e, animado polo veterano gaiteiro cuntiense coñecido como O Patelas, comezou o seu labor como artesán en 1974 en Lugo de xeito autodidacta. En 1979 pasou a Ortigueira chamado pola Escola de Gaitas. Debido á falta de apoios económicos trasladouse novamente a Lugo, onde tentou formar un equipo con antigos alumnos como Carracedo, Ramón Casal, e o seu fillo Carlos Corral. Alí formaron un taller de artesáns chamado Soutelo de Montes, xa que a intención de formar unha cooperativa non prosperou. En 1983 trasladouse a Vigo para dirixir o Obradoiro-Escola de instrumentos da Universidade Popular de Vigo até o ano 2000 momento no que se retirou deixando a cargo do obradoiro ao seu fillo Carlos Corral. Neste obradoiro acadáronse importantes avances na organoloxía das gaitas: novas tonalidades, melloras no timbre e na afinación dos punteiros etc, e alí se formaron pasaron destacados artesáns e gaiteiros como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Anxo Pintos. Cos alumnos da escola, Antón Corral formou no 1984 o grupo Xarabal,[2] unha das primeiras bandas de gaitas galegas.

Xa retirado abriu un obradoiro en Tui,[3] no que continúa traballando xunto ao seu neto Ramón Corral.[4]

Premios e galardóns editar

  • Premio Artesán distinguido outorgado por La obra sindical de artesanía (Madrid, 1977).
  • Premio Deseño do Ateneo de Ourense (Ourense, 1983).
  • Premio Reconquista de Vigo concedido polo Concello de Vigo (1990).
  • Premio Gaita de Ouro do Ateneo de Ferrol (Ferrol, 1996).
  • Premio da crítica musical. Círculo Ourensán de Vigo (Vigo, 2001).
  • Premio Vigués distinguido, outorgado polo Concello de Vigo (2001).
  • Premio Opinión, outorgado pola Asociación de Gaiteiros Galegos (2009).
  • Premio Recuncho da palleta, do programa da Radio Galega Lume na Palleira (2010).
  • Premio da música Var con V, concedido polo Var con V de Moaña (2013).
  • Premio Honorífico Martín Códax da Música (Pontevedra, 2016).[5]

En xaneiro de 2018, no Teatro Municipal de Tui celebrouse unha gala en homenaxe a Anto Corral, na gala participaron algúns dos seus antigos alumnos como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Anxo Pintos, Pancho Álvarez, xunto a banda de gaitas Xarabal, o grupo Santa Columba de Ribadelouro, e as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e Arume de Malvas. Nese mesmo ano pronunciou o pregón das festas patronais de Tui.[6]

Notas editar

  1. Deputación de Ourense (1990). "Antón Corral: Ese gran mestre" (PDF). Anuario da gaita (5): 4–6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2021. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  2. "Banda de Gaitas Xarabal – Páxina oficial da Banda de gaitas Xarabal". www.xarabal.org. Consultado o 2021-06-28. 
  3. "Obradoiro Anton Corral". obradoiroantoncorral.com. Consultado o 2021-06-28. 
  4. "Descubrimos os segredos da gaita no obradoiro de Ramón e Antón Corral". www.crtvg.es. Consultado o 2021-06-28. 
  5. "Premio Honorífico dos Martín Códax da Música para Antón Corral". Nós Diario. Consultado o 2021-06-28. 
  6. "O Pregoeiro - Concello de Tui". tui.gal. Consultado o 2021-06-28. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar