Mercedes Peón
Mercedes Peón, nada en Oza dos Ríos en 1967, é unha música, cantante e instrumentista galega.
Mercedes Peón | |
---|---|
![]() Concerto no Warszawa Cross Culture Festival 2011. | |
Nome completo | Mercedes Peón Mosteiro |
Data nacemento | 1967 |
Nado en | Oza dos Ríos |
Irmáns | Henrique Peón |
Ocupación | Cantante, Gaiteira, Pandeireteira |
Xénero | Música tradicional galega,Folktrónica |
Relacionado con | Xacarandaina |
Tempo en activo | 1980 - presente |
Na rede | |
www.mercedespeon.gal | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Aos 13 anos escoitou as pandeireteiras da Costa da Morte, o que a impulsou con 17 anos a percorrer as aldeas e vilas de Galicia, entre elas a aldea dos seus avós maternos en Oza dos Ríos, recollendo a música e tradicións do pobo galego para gardalas e transmitilas ás novas xeracións. Formou parte do grupo folclórico Xacarandaina. Ao longo de 17 anos da súa vida dedicouse á ensinanza da música e o baile tradicionais de Galicia, transmitindo todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales, etc.
Acadou sona como presentadora dunha sección no programa de entretemento Luar da TVG no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.
Primeiras gravaciónsEditar
As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Alasdir Fraser, Carlos Núñez, Kepa Junkera ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra.
Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que unicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).
No 2000 deu vida a Isué, no cal dá a súa interpretación persoal aos temas que gardara durante anos na súa gravadora. A innovación é tan sorprendente que as recompensas choven dentro e fóra do país (podemos citar que Isué foi considerado o mellor disco pola revista Folkworld e un nomeamento á Mellor Artista do Ano na BBC Radio 3). Tamén se produciu un cambio no seu look, pois decide raparse ao cero e desfacerse da súa melena (que lle chegaba ata a cintura).
Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007, así coma na edición do festival Womex de 2010 en Copenhague.
DiscografíaEditar
Título | Detalles | Selo discográfico | |
---|---|---|---|
|
Resistencia | ||
|
Discmedi | ||
Sihá |
|
Discmedi | |
Sós |
|
Do Fol Edicións | |
|
Altafonte | ||
Galardóns e nomeamentosEditar
É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI.
- Ten recibido recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música de folk, como son o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué.
- Foi finalista na categoría de mellor artista do ano (2000) nos premios da radio BBC3.
- Foi Premio Nacional de Música en 2008.
- Premio da Crítica de Galicia, categoría Música, 2018.[1]
- Premio Alfredo Iglesias en Teo, 2023[2]
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor banda sonora | Mareas vivas | Nomeada |
NotasEditar
- ↑ "Mercedes Peón. Premios da Crítica Galicia. Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Consultado o 2020-04-13.
- ↑ "Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-01-11.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes Peón |