Henrique Peón

Musico, coreógrafo e etnógrafo galego

Henrique Peón Mosteiro, ou Quique Peón, nado na Coruña o 1 de novembro de 1963, é un bailador, investigador e divulgador do folclore tradicional galego.

Modelo:BiografíaHenrique Peón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónetnógrafo, coreógrafo, cantante, músico, bailarín Editar o valor en Wikidata
EmpregadorXacarandaina Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMercedes Peón Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4077926 Facebook: henrique.peon Musicbrainz: 3328ab5b-e243-4446-9002-594e18c65448 Discogs: 6478886 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Un momento do espectáculo Ovay de Quique Peón Cía.

Iniciouse na música e no baile tradicional galego con só 14 anos, no ano 1978. Naquela data formou, canda outras persoas ligadas ao mundo do folclore da Coruña, a Asociación Cultural Xacarandaina. O grupo creouse con directores e bailes procedentes dos Coros e Danzas franquistas. Cando no 1982 Quique Peón asumiu o cargo de director artístico, viuse na necesidade de diferenciar o repertorio da agrupación, pois os coros de danzas continuaban existindo.[1][2]

Comezou daquela, un intenso labor de recollas de novos materiais polo rural galego. Estes traballos de campo, comezados naquel altura, continúan a día de hoxe e, froito dos mesmos, o seu arquivo persoal e o de Xacarandaina, atesouran unha gran cantidade de bailes e melodías, moitas aínda inéditas.[3]

As músicas e bailes recuperados foron adaptados e levados aos escenarios por Quique Peón e Xacarandaina, ao longo dos anos, en actuacións por todo o mundo.[4] Con el creáronse tamén unha serie de grandes espectáculos etnográficos: Costumes e saberes dun pobo, Unha viaxe por noutrora, Ribeirana, Atruto, Dengue, Camiño do Sul, Galicien Amerika Line, Patrimonio Inmaterial.[5]

No ano 2007 iniciou un achegamento ao mundo da danza contemporánea, colaborando co Centro Coreográfico Galego na obra O Kiosco das almas perdidas.[6] No ano seguinte formou a súa propia compañía: Quique Peón Cía, coa que produciu diferentes obras nas que mestura o baile tradicional e a danza moderna: Ovay (2008), Aléndacroa (2010), Seisdecatro (2011), Amizade (2012) e O Poder do Arcabuz (2016), este último xunto a Xacarandaina.[5]

Noutra faceta artística formou no 2013, xunto a Xurxo Fernandes, o grupo musical Radio Cos co que publicou dous traballos discográficos: Radio Cos (2013) e Pasatempo (2016).[7]

Tamén participa no grupo de cantareiros de Xacarandaina: Os do fondo da barra, un grupo co que se tenta recuperar a tradición popular dos cantos de taberna.[8]

  1. Dopico, Montse (2019-07-12). ""En vez de levar polo mundo o folclore galego sen axudas, igual deberiamos empezar a dicir que somos de Pernambuco"". Praza Pública. 
  2. "Os 40 anos de Xacarandaina". Diario Cultural. 2019-04-03. Consultado o 2022-03-18. 
  3. "Xacarandaina: A evolución do patrimonio sonoro". culturagalega.gal. 2019-04-11. 
  4. Manu (2019). GB Xacarandaina, BG Invernía y BG Forcarei - Le Grand Spectacle - Festival Interceltique Lorient (Youtube). 
  5. 5,0 5,1 "Biografía de Quique Peón". Consello da Cultura Galega. 
  6. "O "Kiosko das almas perdidas" chega ao Auditorio". santiagodecompostela.gal. Consultado o 2022-03-11. 
  7. "Radio Cos". musicaengalego. Consultado o 2022-03-13. 
  8. Manu (2021). Os do Fondo da Barra en el programa Luar (Abr 2021) (Youtube). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar