Xacarandaina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Xacarandaina é unha asociación cultural que ten a súa sede na Coruña. Naceu en 1978 cunha finalidade educativa para os máis novos. Nos seus comezos a asociación tivo o seu local social no edificio "La Terraza", nos xardíns de Méndez Núñez. Na actualidade (2010) a asociación conta con 800 socios.
ActividadesEditar
Xacarandaina conta cunha escola na que se ensinan materias diversas, entre as que destacan baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto. Ademais da escola, a asociación mantén o coñecido Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, que no momento da súa formación estaba composto por 30 persoas e dirixido por Rosi Ares e Lino Rivas. Na actualidade o grupo ten uns 50 compoñentes. Dende 1982 o seu director é Henrique Peón.
O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina ten como cometido investigar e difundir o folclore galego. Para iso realízanse espectáculos en Galicia, pero tamén en toda España e en moitos festivais internacionais. Da escola de Xacarandaina saen moitos dos que logo serán integrantes do Grupo de Música e Baile, e que á súa vez son mestres dalgunhas actividades da escola da asociación.
Dentro do calendario anual da asociación hai unha serie de actividades fixas:
- Concurso Interno de música e baile. Actúan os alumnos de gaita, pandeireta e baile tradicional.
- Foliada e Romaría do Lecer. Clausura de actividades da asociación, con actuacións de grupos de baile tradicional, pandeireta, gaita etc.
- Día da Muiñeira. Os asistentes interpretan tres muiñeiras de cinco voltas e catro puntos.
Ademais Xacarandaina organiza dous concursos anuais de carácter aberto:
- Concurso de Música Tradicional.
- Concurso de Baile Tradicional.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina web da A.C. Xacarandaina.