Moldes, Melide

parroquia civil do concello de Melide

San Martiño de Moldes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide. Segundo o IGE en 2018 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Moldes
Igrexa de San Martiño de Moldes.
ConcelloMelide[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′06″N 8°01′54″O / 42.88488902, -8.03179614
Poboación69 hab. (2018)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa románica de San Martiño de Moldes foi construída no século XII. A súa fachada principal é de perpiaño, e os muros laterais de cachotaría. O retablo principal foi traído da parroquia de Santo Estevo de Pezobrés (Santiso). O templo ten outros dous retablos: o das Angustias, baldaquino, e un retablo lateral de 1741. A súa portada occidental mostra un tímpano coa loita de Sansón e o león.

Arredor da igrexa está o camposanto, e do outro lado da estrada hai un cruceiro de 1897.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Moldes

editar
Lugares da parroquia de Moldes no concello de Melide (A Coruña)

A Casilla | Fisteos | Fondelo | Mirce | Moldes de Abaixo | San Martiño | Sobradelo | Teillor | Trasfontao | O Vilar

Parroquias de Melide

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Melide

Abeancos (San Salvador) | Os Ánxeles (Santa María) | Baltar (Santiago) | O Barreiro (San Mamede) | Campos (Santa María) | Castro (San Tomé) | Folladela (San Pedro) | Furelos (San Xoán) | Golán (San Xoán) | Gondollín (San Martiño) | Grobas (Santa María) | O Leboreiro (Santa María) | Maceda (San Pedro) | O Meire (San Pedro) | Melide (San Pedro) | Moldes (San Martiño) | Orois (Santa Cristina) | Pedrouzos (Santa Mariña) | San Cibrao (San Xoán) | San Cosme de Abeancos (San Cosme) | Santa María de Melide (Santa María) | Santalla de Agrón (Santalla) | As Varelas (San Martiño) | Vitiriz (San Vicente) | Xubial (Santiago) | Zas de Rei (San Xiao)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar