Baltar, Melide
parroquia civil do concello de Melide
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baltar.
Santiago de Baltar[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 56 habitantes (29 mulleres e 27 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.
Baltar | |
---|---|
![]() Igrexa de Santiago de Baltar. | |
Concello | Melide[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°58′15″N 8°07′11″O / 42.9707, -8.1198 |
Poboación | 56 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Nesta parroquia áchase un dos dous reloxos de sol do concello. O outro atópase na parroquia de Folladela[2].
- Antiga escola de Baltar: Edificio de cachotaría nos perfís no medio dunha carballeira. Foi escenario da serie da TVG, Libro de familia[2].
- Cruceiro de Santiago de Baltar: Data de 1667 consonte á inscrición no pedestal. A cruz, de sección rectangular, está decorada con cabezas de anxo con ás; no anverso ten a imaxe de Cristo crucificado e no reverso a da Inmaculada coas mans en actitude orante e a lúa ós seus pés. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, volutas, querubíns e follas de bordos lobulados. O fuste, de sección circular, ten estrías e boceis, coas imaxes de Santo Andrés e San Xoán. O pedestal, con forma de tronco de pirámide cuadrangular, remata nunha roda moldurada; nas súas catro caras, ademais da inscrición mencionada onde figura a data de construción, aparecen os símbolos da Paixón de Cristo: tenaces, corazón, martelo, palma, sapo, píntega, esponxa, lanza, cruz, coroa, escaleira, tres cravos e caveiras nas arestas[3].
Galería de imaxes
editar-
Hórreo en Baltar.
-
Cruceiro de Baltar na carballeira.
Cruceiro de Baltar
editar-
Vista xeral.
-
Anverso.
-
Reverso.
-
Santo Andrés.
-
San Xoán.
-
Pedestal 1.
-
Pedestal 2.
-
Pedestal 3.
-
Pedestal 4.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,0 2,1 Concello de Melide (ed.). "Concello de Melide: Baltar". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015.
- ↑ Turgalicia (ed.). "Cruceiro de Santiago de Baltar en Melide, A Coruña - Galicia". Consultado o 27 de marzo de 2015.
Lugares e parroquias
editarLugares de Baltar
editarLugares da parroquia de Baltar no concello de Melide (A Coruña) | |
---|---|
Baltar | Eixe de Lamas | A Fogueirada | O Picho | Piñeiros | O Ribeiro |