Pablo Díaz
cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego
Pablo Díaz Carro, nado na Coruña o 8 de xuño de 1972, é un cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1972 (52 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositor , investigador |
Lingua | Lingua galega |
Instrumento | Voz, gaita galega e Clarinete |
Familia | |
Irmáns | Xabier Díaz |
Traxectoria
editarDiplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.
Obras publicadas
editarTraballos individuais
editar- Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.
- Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.
- Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.
- Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco
- Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.
Traballos colectivos
editar- O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños, con Olga Kirk, 2012, Deputación da Coruña.
Premios
editar- Premio Martín Codax da Música na categoría música infantil en 2014, por Toc Toc.