Premio Nacional de Música
premio de ámbito galego
O Premio Nacional de Música foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega[1], como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.
Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da música, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio[2].
Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega de Música.
PremiadaEditar
NotasEditar
- ↑ Diaro Oficial de Galicia[Ligazón morta] do luns, 24 de marzo de 2008, polo que se convocan os Premios Nacionais de Cultura Galega
- ↑ Diaro Oficial de Galicia[Ligazón morta] do luns, 24 de marzo de 2008, polo que se convocan os Premios Nacionais de Cultura Galega.