Conversa usuario:AMPERIO/Arquivo 4

Último comentário: hai 7 anos de Piquito no tópico Benvida


Ano 2016


RE: 2017 editar

Boas AMPERIO! Ao que me refiro é a que non se cambiará o tema dos artigos da portada ata 2017 como mínimo, isto é, en 2016 seguiremos a ter un artigo destacado cada mes, polo que me parece excesivo destacar seis biografías na portada. Un saúdo! --Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 17:39 (UTC)Responder

Boas AMPERIO! Si que teño que ver, Piquita é a miña muller, está comezando na Galipedia. Un saúdo! --Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 20:29 (UTC)Responder

Dereitos humanos editar

Boas AMPERIO! Veño de ampliar o artigo de Israel e vin que na Wikipedia en castelán teñen este modelo que penso que estaría ben incluir no artigo (tratándose dese país e dos Dereitos Humanos creo que é interesante mencionalo) Animaríaste a traelo á nosa Wikipedia e así o engadimos tamén aos artigos de calidade sobre países e ao resto de artigos? Creo que con iso, revisar as referencias e pouco máis xa poderían propoñerse os artigos da India e Israel, así que se te animas avísame e os inclúo nos dous para propoñer algún deles. Graciñas!! --Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 00:09 (UTC)Responder

Moitas grazas AMPERIO! Esperaremos logo a que se vaian creando os artigos principais, aínda que tardemos máis en proporemos. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 3 de xaneiro de 2016 ás 21:25 (UTC)Responder

Re: Benvida editar

Moitas grazas Amperio! Ainda teño moito que aprender! Tentarei contribuir no que poida! Unha aperta! --Piquita (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 12:13 (UTC)Responder

Commons editar

Ola, Amperio. Propoño que a subas ti directamente. Entendo que unha vez liberada de dereitos (como é o caso), xa calquera está autorizado para trasladala a Commons ou a calquera outra plataforma similar. Con todo, se por algún motivo queres que o faga eu persoalmente, tampouco non tería problema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 3 de xaneiro de 2016 ás 15:51 (UTC)Responder

Grazas de todas formas por avisar. No futuro, calquera foto que queiras subir a Commons das que eu previamente subín aquí, adiante. --Atobar (conversa comigo) 3 de xaneiro de 2016 ás 16:04 (UTC)Responder

RE:Dúbida editar

Eu non sei moito do tema, pero polo que vin nas ligazóns que me dixeches eu deixaríao como Juan, polo momento non vexo que encadre nos casos nos que se pode traducir. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2016 ás 16:31 (UTC)Responder

verificación de imaxes editar

Ola, Amperio; para verificar unha imaxe abonda con comprobar que a descrición é correcta, que a orixe é correcta (especialmente cando é unha adaptación doutra imaxe de Commons, como Ficheiro:WritingSystemsOfTheWorld gl.svg), que a data é correcta (contrastándoa cos metadatos ou coas datas de subida orixinal), que a autoría é correcta, que a licenza é correcta (se é adaptada doutra imaxe, cómpre comprobar que teña a mesma licenza ca a orixinal) e que as categorías sexan correctas (moitas das imaxes cargadas ao comezo carecen de categoría). A maiores, estou engadindo o modelo {{cómpren coordenadas}} ás imaxes susceptibles de ser xeolocalizadas.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xaneiro de 2016 ás 16:19 (UTC)Responder

RE: Cristóbal Halffter editar

Boas AMPERIO! Moitas grazas, non me dera conta. Ben visto!! Unha aperta!! --Piquito (conversa) 6 de xaneiro de 2016 ás 22:36 (UTC)Responder

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016 editar

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)Responder

i translate Antón_Losada_Diéguez to persian(fa) editar

hi craeate to persian wikipedia آنتوان_لوسادا_دیه_گو --Hosseinblue (conversa) 14 de xaneiro de 2016 ás 12:52 (UTC)Responder

Alizée editar

Grazas polo aviso. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 15 de xaneiro de 2016 ás 13:05 (UTC)Responder

Desculpas editar

--Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de xaneiro de 2016 ás 15:31 (UTC)Responder

RE:A Nosa Terra (imaxes) editar

Pois penso que si, o autor morreu en 1939 co cal non pasará a DP ata o 2019... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2016 ás 22:56 (UTC)Responder

Grazas polo saúdo editar

Ola Amperio. Moitas grazas polo teu saúdo á miña "reincorporación" ás (gratas) tarefas na Galipedia. A miña breve ausencia debeuse a que retomei (despois de tela abandoada dous anos) a redacción da segunda edición (corrixida e aumentada) do meu inacabado Dicionario das ciencias da natureza e da saúde. E, despois, a unhas vacacións (por vagancia) no Nadal. Xa sei que non mo van publicar. Xa sei que non o darei acabado, dado o que falta e a miña avanzada idade. Pero xa teño moito feito, e gustaríame deixar o manuscrito en poder da RAG e daqueles aos que lles poida interesar. Unha aperta. Luís. --XoioÉche o que hai 18 de xaneiro de 2016 ás 15:23 (UTC)Responder

Peche de votacións editar

Boas! Cando peches unha votación acordate de quitarlle o código <noinclude>{{Wikipedia/Votación|oculto=si}}</noinclude> para que non se queden aí as votacións pechadas categorizadas na Categoría:Wikipedia:Votacións en curso. Grazas! Banjo tell me 20 de xaneiro de 2016 ás 09:55 (UTC)Responder

Comentarios a colaboración con Fundación Cela editar

Boas, fai unhas semanas deixei un comentario na taberna sobre a posibilidade de colaborar coa Fundación Cela. Xa respondeu Estevoaei pero sería interesante que máis xente comentara o que lle parece esta iniciativa para poder contactar cos da Fundación para levar o proxecto adiante ou non. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 12:03 (UTC)Responder

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016 editar

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)Responder

Festival_de_Eurovisión_2016 editar

Boas, mira un detalle, cando poñas o modelo En uso, aínda que só esteas a modificar unha sección, tes que poñelo ó comezo do artigo. Isto é porque se un usuario quere cambiar unha cousa do comezo do artigo e non mira a parte de abaixo, non se vai a decatar de que o tes en uso e podería facer a modificación aínda que teñas posto o marcador. A min case me pasa, por iso o comento (ah, e podes cambiar o marcador de sitio para que o resto de usuarios o vexan ben?, cando teñas un momento claro). Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 10:45 (UTC)Responder

Foi casualidade que o mirara, como tina unha ligazón rota a ficheiro ó tentar amañalo vin o aviso no medio. Grazas por amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2016 ás 01:28 (UTC)Responder

Artigos destacados editar

Boas AMPERIO!! Veño de ver que propuxeches o artigo sobre Elgar para destacado, graciñas por pensar nel. Non o vou votar porque non teño por costume votar os artigos que eu creo ou dos que son o máximo editor. Direiche como observación se queres propoñer artigos relacionados coa música clásica: hai tres artigos de composicións que son de calidade e non saíron na portada (as oitavas sinfonías de Mahler e de Sibelius, e unha das obras máis importantes e impactantes da historia da música como é Le Sacre du printemps), creo que se pode tirar por calquera deles para poñer artigos de música clásica na portada; por outra banda, se queres poñer algunha biografía do tema pódese tirar dos dous artigos de calidade que temos de personalidades que non son compositores (o director de orquestra italiano Claudio Abbado, e a soprano romanesa Angela Gheorghiu), os compositores son importantes, pero sen intérpretes non soa música. Tamén se pode poñer na portada o artigo da ópera de Cristóbal Halffter Schachnovelle que veño de ampliar e que é único na Galipedia... aínda que non é artigo de calidade é un artigo completísimo (de feito creo que é o máis completo que hai na rede) que ben podería ser de calidade, é dunha ópera moi nova (estreada hai menos de tres anos) e pode darlle visibilidade á música contemporánea, que non ten moito espazo en case ningures. Hai artigos suficientemente variados sobre o tema para non propoñer tantos compositores (no seu momento sairon (Krzysztof Penderecki, Jean Sibelius, sairá Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel, e nos destacados sobre Galiza Carlos López García-Picos, son moitos, sobre todo se temos en conta que todos saíron dende xullo de 2014), teño pendente mellorar o artigo da Ars nova ou da música minimalista, pero a modiño.

Por outra banda, e cambiando de tema... vin que na Wikipedia en portugués o artigo do tsar Nicolao II de Rusia é artigo de calidade, animaríaste a meterlle man? Sería interesante ter algún artigo sobre algún rei/emperador/noble, aínda que tamén é certo que temos moitos artigos relacionados con Rusia, pero boeno. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 22:20 (UTC)Responder

RE:Bandeiras editar

Eu fixen o modelo:Bandeira2, cando poida vou meter a documentación nos dous artigos e reviso o que me contas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2016 ás 02:00 (UTC)Responder

RE:Modelo:En uso editar

Boas! Non se debateu. Tentei igualalo un pouco a {{en tradución}} para que non destacase tanto en comparación co resto de marcadores avisos dos artigos, e cambiei os dous ao tipo "aviso" para que leven a franxa en azul. Se crees que estaba mellor antes revirte ahi, no prob. Banjo tell me 3 de febreiro de 2016 ás 15:49 (UTC)Responder

RE:Dúbida Vélaro de ouro editar

Pois non sei que dicir, en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos non se trata o tema, pero tendo en conta que está usado así na Diciopedia do século XXI eu penso que o correcto é usar "Orde do Vélaro de Ouro"(aquí tes a ligazón). Pero podes preguntar a Norrin e a Xabier Cid a ver o que che din. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 12:07 (UTC)Responder

Penso como Elisardo, creo que o correcto é "vélaro de ouro", o dos xornais semella un erro común. Se *toisón non existe en galego, e si "vélaro", pois claramente debemos optar por esta forma. Ademais, temos unha referencia enciclopédica. Habería que crear o artigo "Orde do Vélaro de Ouro". Saúdos! --Norrin (Fálame) 5 de febreiro de 2016 ás 13:09 (UTC)Responder
Hahahaha claro, téñoo na miña lista! --Norrin (Fálame) 5 de febreiro de 2016 ás 13:21 (UTC)Responder
Penso que a referencia da Diciopedia é válida, e Orde do Vélaro de Ouro debe ser o título axeitado. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de febreiro de 2016 ás 13:37 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Biografías de persoas vivas editar

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Biografías de persoas vivas, que rematará o 28 de febreiro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me MediaWiki message delivery (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 21:34 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns vermellas editar

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns vermellas, que rematará o 13 de marzo. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 12 de febreiro de 2016 ás 08:04 (UTC)Responder

Atlanta editar

Boas AMPERIO! Como vin que tempo atrás traballaches no artigo de Atlanta, por se te animas a revisar o artigo Atlanta Flames por se ves algunha posible mellora ou algo na ortografía, ou o que sexa. Traducino inicialmente do artigo en inglés (onde é artigo bo) e engadín unhas cantas seccións máis, tiña pensado presentalo para calidade cando rematara a votación de Xesús de Nazaret (e así dar tempo a que a xente o lea e poida corrixir as cousiñas que poida ter, a ver se me dá tempo a botarre un ollo, aínda teño os outros dous por revisar, son moitas propostas para o pouco tempo que teño), pero quería unha segunda opinión. A ver se podemos ir sacando os artigos que mellor temos relacionados coa NHL de cara a ter moitos para o centenario da liga en 2017. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 01:17 (UTC)Responder

Wikiproxecto sobre Rusia editar

Boas AMPERIO!! Quedou chulo o Wikiproxecto de Rusia, porén creo que se cadra deberías especificar que se trata dun Wikiproxecto sobre a historia de Rusia (vin a mensaxe a Xoio, ás veces curioseo de máis :-O ), tal como está parece que é sobre todo o relacionado co país. E falando de países! Esta tempada estiven dandolle voltas ao tema dos portais e pensara en ir creando portais sobre países dos que teñamos varios artigos destacables... vin na Wikipedia vasca os portais que teñen eles sobre o tema e persoalmente gustáronme moito a nivel visual, cres que poderiamos facer algo así aquí? Tamén quería preguntarche (perdoa que sexa pesado) se é posible adaptar o noso Portal:Ópera para darlle unha apariencia similar ao da Wikipedia en inglés, con varias portadas como están os outros portais (Portal:Ballet, Portal:Historia, Portal:Segunda Guerra Mundial, Portal:Hóckey a patíns e Portal:Hóckey sobre xeo) pero os títulos das caixas máis pequenos... non sei se me explico... Boeno, xa se tal me contas. Apertas!! --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 18:43 (UTC)Responder

Hei! Está a quedar ben! Avísame se iso cando poida ir poñendo os destacados no portal! Gracísimas!! --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 21:03 (UTC)Responder
Graciñas! Deixao así, con portadas aleatorias. Ao principio o portal funcionaba con mes/ano, pero non teño tempo a preparar un artigo destacado por mes para o portal, se cadra no futuro se conseguimos uns cantos editores que traballen no tema da música clásica podemos facer algo así (difícil, porque se non o dan feito na Wikipedia en inglés...) mais polo momento quedará así. Unha cousa máis!! Se non é moito pedir poderías actualizar o índice de portais da portada (faltan varios e aparece o Portal:Informática, que non está operativo), eu tenteino facer, mais non podo editar nada relacionado coa portada ao non ser administrador (persoalmente penso que deberiades cambiar iso para que os usuarios rexistrados podamos editar temas referentes coa portada en lugar de pedir a algún administrador que o faga por nos) Se non podes dime e aviso a outro usuario. Graciñas de novo!! Apestas!! --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 22:31 (UTC)Responder
OMG!! Entendinche que xa estaba!!! :-O --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 23:05 (UTC)Responder
Moitísimas grazas!! Pensaba engadir algunha sección máis, pero antes quero completar as seccións para que haxa máis contidos destacados. Tentarei engadilas eu e se teño algún problema xa che vou dicindo, así podes continuar coas túas cosas. Está de luxo!! --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 23:28 (UTC)Responder
Si! Xa contaba con iso! Fun vendo o que facías na páxina do poral para ver se algo se me quedaba XD --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 23:32 (UTC)Responder

Artigo destacado 2 editar

Boas AMPERIO!! O artigo non vai sobre Mozart, se lle das a "ler máis" vas ao artigo das súas óperas. O certo é que o fixen correndo e a verdade é que véndoo agora non queda claro. Agora estou no choio e só podo editar co móbil, esta noite a ver se o arranxo para que a xente non se engañe. Graciñas!!! --Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2016 ás 15:41 (UTC)Responder

Que opinas? editar

Boas AMPERIO!! Mira isto a ver que che parece. Que seccións meterías? Apertas!! --Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2016 ás 22:21 (UTC)Responder

Si,precipiteime un pouco... quería ver se daba moito choio pasar os modelos da Wikipedia vasca e lanceime!! Paréceche se destacamos Lenin e Goberno Provisional? Son damesma época, pero cando teñimos moitos poñemos un de destacado/1 e otro de biografía/6 ou ao revés. Esteticamente queda moi ruso coa bandeira rodeando todo o cadro, mirare como facer coas cores dos outros cadros a ver se non queda moi "hortera". Apertas!! --Piquito (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 13:10 (UTC)Responder
Ningunha molestia home!! Persoalmente creo que a cor dos cadros non vai moi ben coa estética xeral, coméntoche o que pensara eu e vemos como pode quedar mellor: a idea que tiña era poñer os cadros dos títulos en azul ou vermello (depende cal vira mellor), o bordo do cadro na cor que non fora a do título, e as letras do título en branco, deste xeito queda todo en tres cores (as da bandeira rusa) Creo que cantas máis cores metamos máis a podemos "cagar" estéticamente (polo de combinar máis que nada), pero como vexas, podemos pedir opinión a outros usuarios. Apertas!!! --Piquito (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 19:14 (UTC)Responder
Pregunta! Sabes como cambiar a cor do texto das caixas do portal para que se vexa en branco? Para ver se queda ben co fondo azul ou se mellor o cambio. Graciñas!! --Piquito (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 21:33 (UTC)Responder
Boas AMPERIO!! Xa está o das letras, non sei se foches ti ou outra persoa, pero creo que está ben así, eu non o poría en vermello. Sobre o son destacado... non sei se é moi pertinente nun portal sobre xeografía, eu persoalmente non o acabo de ver... creo que para incluir o himno na portada poderiamos poñer unha sección fixa de "símblos nacionais" na que se poña un resumo da bandeira, do escudo, e se poida escoitar o himno, pero moitos sons destacados non sei se haberá, eu esa sección creo que encaixa máis nos portais musicais ou mesmo nun hipotético portal sobre as aves (con audios dos distintos paxaros, pero tampouco sei se hai moitos audios nese caso), pero para países non a min non me cadra, pero como vexas. Creo que estaría ben destacar algún artigos sobre xeografía (o do Volga, por exemplo), pero non sei se igual crear outro cadro sobre xeografía ou deixalo cos destacados. Creo que, no futuro, estaría ben poñer un apartado de "Cidade destacada", a ver se non moi tarde temos artigos de calidade das dúas maiores cidades do país (que ademais están na lista dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debería ter), se te animas ;)... O que si podemos facer xa é unha sección para poñer os artigos de calidade e bos relacionados con Rusia (como hai por exemplo nos portais hóckey a patíns -valeiro-, hóckey sobre xeo e ballet) Se cadra deberiamos buscar artigos de outros temas para destacar, a ver se miro de ampliar algún xogador de hóckey sobre xeo ruso (en:Pavel Bure é artigo bo na Wikipedia en inglés, non lin o artigo pero parece moi completo e posiblemente aquí puidera ser de calidade, porén o tema non interesa moito e aínda non me decidín a presentar as traducións de artigos de calidade sobre xogadores vendo a pouca participación que hai nas votacións dos equipos, pero no portal si que se podería destacar), tamén algún club deportivo, empresa, algunha institución cultural ou algún dos grandes teatros rusos... moitas cousas, a ver como imos evolucionando, con paciencia. Unha alerta!! --Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2016 ás 23:21 (UTC)Responder
Se queres, hai tempo fixen o artigo de Sergei Diagilev (quizais se poida ampliar algo máis, pero é un artigo completo e a personalidade relevante no seu campo), por outra banda temos o artigo de Iuri Gagarin que podería estar ben para destacar no portal. Eu podo tentar colaborar cos artigos de Dmitri Shostakovich e Tchaikovski, pero teño moitos artigos na cola antes de poder meterme con eles. Creo que poderiamos deixar o portal así polo momento e agora ampliar artigos para ir ampliando despois o portal, e así podemos ir vendo que seccións engadir. O que se podería facer é deixar unha mensaxe na taberna invitando á comunidade a ampliar certos artigos, eu diría de propoñer mellorar artigos como Dmitri Mendeleiev, Lev Tolstoi para ter personalidades que non estean tan relacionados coa política e a historia do país, tamén buscaría artigos sobre historia pre-imperial, xeografia (río Volga, Montes Urais...), sobre monumentos, e unha sección de cidades destacadas estaría ben. Tentaría sair un pouco máis do ámbito histórico-polítco (certo que os artigos son carnudos, pero proporía outros artigos á comunidade na taberna e no Wikiproxecto). Finalmente, vin a túa proposta, porén aínda non lin ningunha das que hai e quería, desgraciadamente non teño moito tempo para ler tantas propostas simultáneas e ao mesmo tempo facer todo o que quero facer, supoño que terei que propoñer dous ou tres artigos propios para darme un respiro, hai varios que teño en espera e quizais sexa unha boa oportunidade para ir propoñéndoos. Apertas!!!

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de administradores/proposta 2015, que rematará o 19 de marzo. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 18 de febreiro de 2016 ás 07:37 (UTC)Responder

RE:Nome raro editar

Debe ser unha IP porque sae na lista de cambios de usuarios non rexistrados. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 13:07 (UTC)Responder

RE:Libros editar

Grazas polas túas achegas ás páxinas do proxecto educativo, porén vou quitar a ligazón ó libro en castelán porque está demasiado centrado en explicar o código wiki e realmente penso que para este proxecto esa parte non é necesaria e incluso pode facer que a xente se desanime. Agora que existe o editor visual os novos usuarios temos que "enganchalos" con el. Ademais coa tradución do documento que fixeches xa teremos un contido máis axeitado, espero poder revisalo estes días. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2016 ás 09:05 (UTC)Responder

RE:Historial de páxinas editar

Si, "morreu" o stat.grok.se. Iba algo vella esa páxina, e creo que xa non lle dan mantemento ningún. Cambieino para que use a ferramenta "pageviews" do toolserver, debería funcionar ben agora. Banjo tell me 24 de febreiro de 2016 ás 13:32 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de burócratas editar

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de burócratas, que rematará o 27 de marzo. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 26 de febreiro de 2016 ás 12:13 (UTC)Responder

RE:PDF editar

Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de febreiro de 2016 ás 23:11 (UTC)Responder

RE: Desculpas editar

Ola AMPERIO! Antes de nada agradecer as túas desculpas, que por suposto acepto. Precisamente porque sempre tivemos bo trato molestoume máis o teu comentario, porén creo simplemente non pensaches na situación que podías provocar, con todo penso que todos podemos engañarnos e rectificar. Sobre o portal non vou opinar máis, simplemente matizar o que comentaches do modelo que puxeches de exemplo, nese caso era un modelo que se empregaba e neste caso era un portal sen uso dende ía anos... non vou opinar máis na taberna sobre o tema do portal, só quería comentarcho porque considero que son dous casos distintos, mais tampouco ten maior importancia. Sobre como vou colaborar no futuro na Galipedia, síntoo pero é unha decisión ben meditada pensando no mellor para min, seguirei a editar artigos e portais porque me gusta, tentarei seguir facendo que os artigos que traballe sexan de calidade, pero nada máis, nin propostas na taberna, nin artigos destacados ou de calidade, nin nada máis. Estarei tranquilo ao meu aire. Un saúdo e vai tranquilo! Piquito (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 14:27 (UTC)Responder

Pseudónimos editar

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Sen avisos nos artigos editar

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Sen avisos nos artigos, que rematará o 3 de abril. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 4 de marzo de 2016 ás 07:44 (UTC)~Responder

RE:Revisión editar

Ola! Engadín o parámetro |ref=harv nas entradas da bibliografía, para que funcione o de facer clic na ref e que dirixa ó libro correspondente. En xeral o artigo semella estar moi ben, non ten pinta de precisar apenas (ou ningún) arranxo dende o punto de vista das referencias. Vou revisando ó longo do día o artigo en xeral e logo xa comento na votación de calidade, non creo que haxa maiores problemas no artigo. Banjo tell me 4 de marzo de 2016 ás 12:49 (UTC)Responder

É algo que debería revisarse no libro de estilo, que necesita unha ampliación e actualización xeral. Teño pensado recabar opinións sobre esta e outras cuestións do libro de estilo e facer unha proposta máis adiante, pasado o verán. Eu son partidario de separalas, xa se ten feito nalgúns outros artigos, e neste acabo de facelo tamén, revisa por si queres modificalo, pero penso que queda mellor así. Banjo tell me 4 de marzo de 2016 ás 13:05 (UTC)Responder

Re:Revisión de nomes editar

  Feito!! Saúdos! --Norrin (Fálame) 4 de marzo de 2016 ás 14:44 (UTC)Responder

Listas de obras editar

Boas AMPERIO! O certo é que non teño pensado facer ningún artigo de listas de composicións a curto prazo. Hai moitos artigos de música clásica que habería que mellorar/ampliar antes de crear as listas de composicións. Aínda que non os vaia propoñer, quería traducir varios artigos de calidade que vin noutras Wikipedias para que os teñamos a un bo nivel aquí. Por outra banda tamén ando a voltas coa NHL e quería tentar que para decembro de 2017 houbera moitos artigos cun nivel alto. Agora ando moi metido tamén cos portais, e o da ópera, o ballet, e os que faga da música contemporánea e clásica precisan de contidos (mesmo un hipotético portal da NHL), así que terei que tirar por aí. De todos xeitos, calquera pode facer unha lista básica de obras (non teñen que ser todas como a de Sibelius), así que se alguén o ve necesario pode facelas sen necesidade de ter coñecementos do tema. Estes días tentarei ler os artigos de calidade que propuxeches por se hai algún despiste ortográfico, non te molestes se non os voto, pero xa non participo nas votacións. Ah, e grazas polo teu traballo nos artigos sobre Israel!! Unha aperta!! --Piquito (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 17:06 (UTC)Responder

Artigos de calidade (parte 1000 e pico) editar

Boas AMPERIO! Parabéns, o artigo Georgii Chicherin xa ten o mínimo de votos a favor e ningún en contra para ser elixido artigo de calidade!! Creo que é un bo momento para presentar algún outro artigo e así seguir co bo ritmo de escolla, vendo por riba o teu artigo do golpe de Estado de Kornilov ten moi boa pinta e ademais é artigo de calidade a Wikipedia en castelán. Anímaste a propoñelo? Vin que tes outros artigos chulos do tema, pero o que sería a bomba sería se puideras traballar algo máis o artigo do Soviet de Petrogrado (quizáis engadindo algo de outros artigos) e que poida ser artigo de calidade, xa que foi importante... é só unha suxerencia. Unha aperta, parabéns polo traballo e grazas polo esforzo!! --Piquito (conversa) 8 de marzo de 2016 ás 12:39 (UTC)Responder

Boas AMPERIO!! Non te preocupes pola baixa participación, as propostas ao final van saíndo, que é o que importa, de feito o que non era habitual era o que estaba a pasar con votacións nas que participara tanta xente. Pienso que a baixa participación non se deba a que algúns usuarios se aburran dos temas, simplemente penso que moitos usuarios pasan do tema, non lle deas máis voltas... por exemplo, cando propuxen o artigo dos Boston Bruins tan só participaras ti na votación, e non era un tema sobre o que se propuxeran moitos artigos precisamente... simplemente son temas que interesan menos á xente (si, é inxusto que artigos que poderían ser de calidade non o sexan por non interesarlle á xente, pero é o que hai, a min pasoume cuns cantos, algúns os propuxen dúas veces e outros quedaron no limbo) Se cadra poderíase tentar que o sistema de escolla cambiara para evitar que artigos que interesen menos á comunidade queden sen a estrela cando non teñen ningún voto en contra e menos de cinco a favor (como pasou con Penderecki, por exemplo) en calquera caso déixoche a ti a idea por se che apetece propoñela. Anímote a non "cortarte" coas propostas, son todos artigos ben interesantes, e se non saen desta vez xa sairán para outra, eu persistín moito (e fáiseme complicado ás veces non abrir unha votación nova jajaja) e ao final saíron moitas das propostas, tanto ten que saian con 5 votos que con 50, o importante é que saian.
O dos 1000 e pico era unha broma, como raio tanto cos artigos de calidade... jajajaja. Apertas!! --Piquito (conversa) 11 de marzo de 2016 ás 15:48 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables editar

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables, que rematará o 11 de abril. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 11 de marzo de 2016 ás 08:42 (UTC)Responder

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade, que rematará o 17 de abril. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 06:53 (UTC)Responder

Taboleiro dos administradores editar

Boas a todos, deixei unha mensaxe no Taboleiro dos administradores para coñecer a vosa opinión sobre o criterio a seguir no caso dos artigos con copyvio. Un saúdo! --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)Responder

RE:Golpe de Kornilov editar

En canto teña un ratiño libre doulle un repaso. A simple vista da boa impresión. Banjo tell me 21 de marzo de 2016 ás 12:11 (UTC)Responder

Concellos de México editar

Hola, é para ter orde das categorías. Saúdos.--Marrovi (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 15:44 (UTC)Responder

RE:ficha atentado editar

O nome dos parámetros en {{Ficha de atentado}} ten que ir no orixinal en inglés dos Infobox, tes aquí a lista. |datosN= -> |dataN= , |etiquetaN= -> |labelN= etc. Banjo tell me 22 de marzo de 2016 ás 11:27 (UTC)Responder

|image= na chamada ó Infobox, logo en {{Ficha de atentado}} podes cambialo. O que si, ten que levar o formato de ficheiro completo [[Ficheiro:....]]. Non é inutilidae, pero os infobox ás veces son liosos :) Banjo tell me 22 de marzo de 2016 ás 11:45 (UTC)Responder

AC editar

Sempre procuro ler completamente os artigos propostos antes de votar. Descoida que cando teña un intre bótolles un ollo.--Breogan2008 (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 12:38 (UTC)Responder

RE:Cuestión editar

Ola! Estou a usar unha ferramenta que se chama AutoWikiBrowser, que desenvolveron xa fai tempo na wiki inglesa. Serve para facer edicións semi-automáticas en moitos artigos, dunha mesma categoría ou varias. Pode resultar útil para facer substitucións de texto en múltiples artigos, ou para cambiar rápidamente unha categoría en moitos artigos, entre outras. Ademáis ten unha serie de "arranxos" pre-programados que fai ela soa, que neste caso é o que estou utilizando, como ordenar as referencias por orde de aparición, agrupar referencias iguais nunha soa reutilizada, arranxar etiquetas HTML, eliminar espazos sobrantes etc. Empecei polos artigos de calidade por aquilo de que teñen que ser o mellor do mellor, incluso no código :D. É unha ferramenta bastante potente, incluso pode traballar como "bot" facendo os cambios que se lle indiquen de forma autónoma, pero hai que ter coidado con ela para que non faga falcatruadas. Eu persoalmente non me atrevo a poñela en automático, prefiro ir revisando os cambios que fai un a un. Banjo tell me 23 de marzo de 2016 ás 10:22 (UTC)Responder

Banjo, tamén pode ser moi interesante botarlle un ollo ó AWB Script, non fai falta instalar nada no equipo (só hai que importar o script como fixen no meu ficheiro Usuario:Elisardojm/common.js), aínda que supoño que non terá toda a potencia. Permite facer substitucións de textos en moitos artigos de xeito semellante ó dun bot. Non a mirei nada nin probei, tan só acabo de atopala a raíz desta conversa. Pode ser unha ferramenta moi util para os que non teñan bot (coma eu agora, por exemplo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2016 ás 12:19 (UTC)Responder
O script non fai os arranxos automáticos que fai a app, creo, pero si, serve para facer as substitucións dun modo semi-automático por exemplo Banjo tell me 23 de marzo de 2016 ás 12:28 (UTC)Responder

RE: Portal Rusia editar

Boas AMPERIO! O certo é que a imaxe que había a puxen de xeito transitorio. Dita imaxe para min tiña varios defectos (comezo polos administrativos): por unha banda unha das imaxes coas que se fixo o collage foi borrada de Commons (mirei a descrición e non figuraba "Image:Optino.jpg") polo que supoño que había algún problema con esa imaxe e o lóxico sería que borraran todo o collage. Esteticamente para min tiña moitas carencias: o lado dereito da imaxe tiña un valeiro considerable e antiestético; por outra banda, o lado esquerdo da imaxe presentaba unha densidade de edificios que fai que todo o "peso" da mesma caia sobre ese lado; a parte do "peso", esa alta densidade de elementos na esquerda provoca que se superpoñan uns por riba dos outros; outra deficiencia estética que lle vexo está tamén no lado esquerdo da imaxe, onde se te fixas aparecen cousas por riba dos edificios que non se sabe moi ben que pintan (para quen a fixo supoño que algo pintarán, é doado quitar esas cousas cun editor de imaxes, ata eu o podería facer e non teño moto control deses programas); a imaxe que había antes é moi pequena, polo que a calidade das imaxes resíntese ao agrandar a imaxe, e por outra banda fai que os edificios sexan máis pequenos e menos recoñecibles. Poñer dous elementos na imaxe é suficiente na miña opinión, son dúas cousas super típicas de Rusia, unha delas o monumento máis internacional (podería case dicirse que o símbolo do país), e outro seguramente o elemento cultural máis coñecido, as matrioskas.

Sobre as matrioskas, foi un erro do que non nos demos conta e que estamos a solucionar agora, o problema é que a imaxe é moi grande e pixelábase ao reducila, agora seguen a verse extrañas (en calquera caso mellor que antes), pero non están pixeladas, é o brillo que ten a imaxe. De todos xeitos, as imaxes son só para darlle un punto estético á cabeceira do portal, non se trata de que sexan imaxes de calidade, trátase de que o conxunto sexa esteticamente harmonioso e agradable.

Sobre o que comentas de poñer o nome do país en ruso na imaxe, a min persoalmente non me gusta, creo que cantos máis elementos máis arriscado é esteticamente, e peor pode quedar, penso que con poñelo en galego (como o título do artigo, do portal e o Wikiproxecto) é suficiente, xa aparece escrito en ruso na descrición que hai xusto debaixo do título. Fixemos dúas versións (co nome en galego e co nome bilingüe), mais vou deixar a versión en galego porque a outra gústame menos, neste caso o nome centrado queda ben, e creo que os dous nomes saturan demasiado a imaxe.

Un saúdo, Piquito (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 15:45 (UTC)Responder

RE:Copyvio editar

É o mesmo, o Earwig's Copyvio Detector. Se marcas "Use search engine" fai procuras en google e outros buscadores, mentres que se marcas "Use links in page" usa as ligazóns que conteña o artigo. Turnitin é unha especie de buscador para artigos científicos, pero normalmente só funciona con textos en inglés. Eu polo xeral marco as dúas primeiras opcións xuntas. Outra cuestión a ter en conta é que os copyvios moitas veces son traducións de textos en castelán, polo que se sospeito que é así o que fago primeiro é traducir co opentrad ó castelán nunha páxina de probas e logo paso esa páxina na ferramenta. Banjo tell me 27 de marzo de 2016 ás 21:38 (UTC)Responder

Bot inoperante editar

Non. Non me funciona. --. HombreDHojalata.conversa 30 de marzo de 2016 ás 21:10 (UTC)Responder

RE:Bot editar

  Feito! Pero só nos que teñen a sección "véxase tamén", xa que o bot depende desa sección para saber onde incluir o modelo. Tamén tiven que cortarlle as ás cando se meteu nas personalidades, tocaba artigos que realmente non deberían levar o modelo. Sempre pode haber algún "falso positivo" máis que se me escapara, ou algún artigo que falte por levalo, pero xa o meteu en bastantes. Banjo tell me 1 de abril de 2016 ás 19:17 (UTC)Responder

Nova escolla de artigos bos editar

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)Responder

Teodosio editar

Ola! Estiven botando un ollo no buscador da biblioteca da USC (xa rematei alí) e non hai moita cousa máis alá do que empregaron Xas e HombreDeHojalata. Quizais o máis completo é o artigo de Maruxa Álvarez de la Granja, pero polo que vin non hai moita máis bibliografía recente. O Diccionario de Couceiro dá datos moi intensos no relacionado á bibliografía de Teodosio e á súa traxectoria relixiosa. Sobre o libro de Alberto Vilanova non teño nin idea. HdH fixo un bo traballo no apartado dos recoñecementos.

En xeral, non creo que haxa moito máis para aumentar, mentres non se publique unha biografía máis intensa do autor. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de abril de 2016 ás 12:03 (UTC)Responder

RE:Referencias editar

Dinlle unha primeira volta ó de Grigori Rasputín. Máis tarde sigo, aínda lle falta revisar unhas poucas, e repaso o outro tamén. Banjo tell me 8 de abril de 2016 ás 13:17 (UTC)Responder

Revisa se podes a 43, que só indica unha web sen ligazón nin título, e a 58 que lle falta o título da url. Polo resto son cuestións menores de formato, poden irse amañando pouco a pouco. Einojuhani Rautavaara non ten maiores problemas de formato, podería cambiarse |editor= a |páxina-web= nalgunhas, pero non é nada problemático tampouco. Dareilles outro repaso máis adiante. Banjo tell me 8 de abril de 2016 ás 13:56 (UTC)Responder

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018 editar

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)Responder

RE:Gravados alegóricos dos meses do calendario republicano francés editar

A 4 por fila quedan máis axustados, e deberían verse ben na maioría de resolucións, agás nas máis pequenas. Outras opcións poderían ser metelo nunha <gallery></gallery> ou usar {{galería}}. Banjo tell me 13 de abril de 2016 ás 18:55 (UTC)Responder

RE:Cuestión editar

Ola! Eu entendo que non, xa que é unha especie de "lista interna" que temos no espazo de nomes "Wikipedia:". Según yo, para quitar {{orfo}} o artigo debería estar ligado dende outro artigo do espazo de nomes principal. Iso é, se o artigo realmente precisa ir ligado dende outros, poden existir casos moi concretos de temas moi específicos ou "esotéricos" nos que non haxa falta ligazón pola particularidade do tema tratado no artigo, ou por que sexa moi improbable que se poida dar tal ligazón nun futuro. Banjo tell me 14 de abril de 2016 ás 10:17 (UTC)Responder

Non hai problema editar

porque o "Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia" establece: "Artículo 13. Exclusiones. No son objeto de propiedad intelectual las disposiciones legales o reglamentarias y sus correspondientes proyectos, las resoluciones de los órganos jurisdiccionales y los actos, acuerdos, deliberaciones y dictámenes de los organismos públicos, así como las traducciones oficiales de todos los textos anteriores." --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2016 ás 10:49 (UTC)Responder

Non. Non hai problema. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2016 ás 10:58 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada editar

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)Responder

RE:Referencias e outras editar

Arranxada a referencia en Grigori Rasputín. No libro de Furhmann indícase a historia esa de se o drogaba, máis non indica que fose Iusupov, polo que redactei lixeiramente. As dúas refs de final de liña tamén indican algo semellante, polo que esa de "alexanderplace.org" aí no medio da frase sobraba. Pola tarde reviso as refs de Motín junker, pero semellan estar ben a simple vista. Banjo tell me 18 de abril de 2016 ás 12:37 (UTC)Responder

  Feito! Motín junker. Banjo tell me 20 de abril de 2016 ás 07:31 (UTC)Responder

RE editar

Lle botei un ollo e cambiei algún. Non teño claro se traduces os nomes de nobres e demáis... Mudei os Alexei e Alexandra por Aleksei e Aleksandra, mais de traducilos habería que pór Aleixo e Alexandra... --Norrin (Fálame) 18 de abril de 2016 ás 14:45 (UTC)Responder

Eurovisión editar

Boas AMPERIO! Os banners fainos Piquita, pero non creo que haxa problema. O que necesitamos saber é que cores querías empregar no portal para poñelas na imaxe ou se nos das liberdade. Por outra banda, se non te importa que faga eu o esquema do portal para ir mirando que as cores sexan as máis aproximadas que sexa posible, logo ti xa pos as seccións que queiras e os contidos, pero é máis doado se facemos armazón e imaxe. Espero que non sexa urxente, as imaxes dos portais van un pouco lentas porque Piquita anda liada ultimamente, pero se ten un anaco hoxe igual pode ser, veremos. Un saúdo, Piquito (conversa) 18 de abril de 2016 ás 16:07 (UTC)Responder

Ok, veremos de facerlle a imaxe e mudar as cores (parece que as cores do festival son negro e branco, veremos como podemos combinar xunto coa imaxe sen que quede un portal de funeral) Sobre as seccións, creo que para evitar o exceso de espazo branco nos cadros o mellor será pasar as curiosidades e os artigos bos e de calidade para as dúas columnas superiores e deixar con todo o ancho só os proxectos irmáns (por certo, nesta parte inferior poderíase engadir unha sección de Wikiproxectos ligando o portal ao Wikiproxecto sobre a música, e outra sección con portais relacionados e ligar ese portal cos de Rusia e Portugal, pero iso xa como queiras) Imos darlle unha volta ao tema da imaxe e logo xa vemos as cores "definitivas", e se o resultado paréceche ben perfecto, e se non te acaba de convencer miramos de cambiar cores ou o que sexa, aínda que creo que con branco e negro se pode xogar moito. Un saúdo, Piquito (conversa) 18 de abril de 2016 ás 20:49 (UTC)Responder
Coidado AMPERIO! O logo do portal de Irlanda que puxeches non se corresponde co que puxo Chairego nos artigos, creo que estaría ben que coincidise, mais pode que el non coñeza esas iconos. Se cadra podes propoñerlle cambialo outra vez (xa tivo outro antes) e así todos os dos países seguen o mesmo patrón, pero creo que mellor falalo primeiro con el. Por outra banda, creo que a icona é un chisco grande, se logo imos ligando a máis portais vai ser unha caixa enorme. Un saúdo! Piquito (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:09 (UTC)Responder
Si, os de Portugal e India son iguais porque eses portais os fixen eu, pero o de Irlanda o fixo Chairego. As iconas están moi ben, pero cada unha ten un tamaño, por iso hai que axustalas "a ollo" para que queden máis ou menos do mesmo tamaño, creo que agora xa están máis ou menos. Piquito (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:13 (UTC)Responder
O tamaño como queiras, era só por aforrar mudar o tamaño de todos cando teñamos moitos máis. Piquito (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:16 (UTC)Responder
Ti mesmo, se queres podes quitala, eu acostumo a poñela por se iso pode axudar á navegación: ver só os portais de países (ou continentes cando teñamos) en lugar de procurar en todo o índice os portais que hai relacionados, pero é só a miña opinión, quen mantén o portal de Rusia es ti, así que se consideras innecesario iso o podes eliminar. Piquito (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:20 (UTC)Responder

Portal Irlanda editar

Paréceme ben. Adiante co cambio. --Chairego apc (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:35 (UTC)Responder

RE:barra lateral editar

Perdoa non recibín aviso do teu comentario e decateime xusto agora (ó mellor foi polas probas que estiveron facendo ou que se me foi a pinza :) Dis a ligazón que está xusto debaixo de "Cambios recentes"? A min aparéceme ben, segue sen funcionarche? Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2016 ás 07:41 (UTC)Responder

Non me decatei, ó mellor foi polas probas do sistema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2016 ás 12:15 (UTC)Responder
Pero fas ben en avisar, canto antes se detecten os cambios/problemas, máis doado é amañalos porque podemos relacionalos con outras cousas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2016 ás 12:16 (UTC)Responder
Si, esas eran as probas do sistema que che comentaba, pensaba que xa te enteraras porque apareceron uns avisos na cabeceira. O artigo non sei se o darei revisado, estes días teño xa bastantes cousas pendentes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2016 ás 20:38 (UTC)Responder

tempos verbais editar

Ola, Amperio!

Como se di en Wikipedia:Libro de estilo#Tempos verbais, debe procurarse usar as formas de pretérito nos artigos de sucesos do pasado. Dígocho polo artigo de Teodorico Luna Novicio; podes botarlle un ollo?

Apertas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de abril de 2016 ás 19:14 (UTC)Responder

Administradores editar

Grazas Amperio por pensares en que eu podería facer ben esa tarefa que me propós, pero sinto dicir, que a miña resposta é que categoricamente NON. Non quero ter máis responsabilidades que as de ser editor, non teño tempo e tampouco me fai especial ilusión, nin teño coñecementos especiais do funcionamento técnico do wiki nin de todas as normas existentes, nin ganas de ter que gardar o equilibrio entre as opinións dun usuario e outro. O que me divirte é facer artigos, e non quero distraer parte (ou moito) do meu tempo facendo outros labores. Por tanto, grazas, é afagador, pero non. :)--Miguelferig (conversa) 27 de abril de 2016 ás 20:58 (UTC)Responder

:D editar

Ven máis ou menos explicado en Axuda:Fusión. Básicamente resúmese en:

  1. Pasar todo o contido necesario e deixar a "versión final" na páxina que vai quedar. Neste caso deixar todo listo en "Medio ambiente".
  2. Mover a que se quere fusionar cara a final, neste caso "Ambiente" móvese a "Medio ambiente"
  3. Durante o proceso de mover, a interface indica que "Medio ambiente" xa existe, polo que hai que marcar a opción de borrala.
  4. Unha vez movida hai que ir ó historial da final, neste caso "Medio ambiente", e restaurar tódalas versións eliminadas no movemento.
  5. En canto o historial está restaurado, só hai que reverter ata a última "edición final" que se fixo no primeiro punto.

Así queda todo o contido na versión final, neste caso "Medio ambiente", pero tamén tódalas edicións dos historiais das dúas páxinas, que quedan fusionados nunha.

É cuestión de práctica, así explicado soa máis lioso do que en realidade é :) Banjo tell me 29 de abril de 2016 ás 12:06 (UTC)Responder

Amy Winehouse editar

Ola AMPERIO! Sinto se te molestou algo do que puxen no meu comentario da votación do artigo de Amy Winehouse para destacado na portada. Non era a miña intención, se hai algo que te sentara mal agradeceríache que mo dixeras para canto menos poder explicarme e arranxar o malentendido. Un saldo! Piquito (conversa) 2 de maio de 2016 ás 21:26 (UTC)Responder

Ola AMPERIO. Pola miña parte non hai ningún problema. Penso que sempre te tratei ben, creo que nunca tiveches pola miña parte unha mala contestación (canto menos a min non mo dixeches), penso tamén que sempre estiven aberto ao diálogo contigo (e con todo o mundo), comprendinte e perdoneite cando tivemos ese malentendido co portal... creo que en definitiva non me portei mal contigo, en todo caso creo que no meu trato contigo fun sempre (ou case sempre, tampouco quero pillar a man) amable e correcto, polo que non entendo por que me estás a dicir todo isto. Non sei que feitos, accións, palabras... puiden dicir/facer para que teñas esa sensación, que non se corresponde co que eu sinto (e pensaba que mostraba) Agradeceríache me dixeras ese cúmulo de cousas que fixeron que teñas esa visión da relación que teño contigo... eu non son persoa amiga dos conflitos, gústame falar as cousas antes de que se enquisten, por iso pídoche que me digas iso... É todo canto che podo dicir, tampouco podo forzarche a contestar. Unha aperta, Piquito (conversa) 5 de maio de 2016 ás 22:35 (UTC)Responder
Boas de novo! Síntome na obriga de explicarche os motivos polos que participei nas votacións de Manuel María e Amy Winehouse. No primeiro caso non ía participar, porén como de pequeno coñecín ao escritor e decidínme a ver un pouco que tal estaba o artigo vendo que era candidato a artigo bo, vin que había un par de "cómpre referencia" e expuxen o caso na votación... Elisardojm solucionou o problema e, como a min non me gustou cando propuxen algún artigo e logo de corrixir todos os problemas que expuña un usuario e logo nin sequera emitía un voto (Banjo, que o citabas na túa mensaxe), considerei que non debía facer con Elisardojm o que non me gusta que me fagan a min. O caso da cantante británica é distinto, nese caso considerei que debía votar por dous motivos: Dodro é un usuario relativamente novo e nunca participara nas votacións para artigos de calidade nin propuxera ningún artigo para calidade, polo que considerei que apoiar a súa proposta podía animalo a seguir por ese camiño e que chegara a propoñer máis artigos e a participar nas votacións; por outra banda, e non menos importante, creo que tratándose dun artigo sobre unha muller, e que o artigo é moi completo, considerei a proposta moi positiva, xa que a día de hoxe non temos máis que un artigo de calidade sobre mulleres (Angela Gheorghiu), e penso que é positivo darlle máis protagonismo e relevancia á figura da muller na Galipedia. Con todo, como puiden ver non está a haber ningún problema en sacar as propostas túas e de Banjo, o cal alédame, polo que tampouco esteas preocupado porque deixe de participar, non son un usuario imprescindible (nin nese sentido nin en ningún), os dous presentades bos artigos e que ademais son atractivos para a comunidade. De todos xeitos, aínda que non tivera dito que ía deixar de participar nas votacións seguramente tampouco votaría, xa que como podes ver as miñas aportacións á Galipedia son cada vez menores, non teño moito tempo, e o pouco que teño prefiro empregalo en mellorar ou crear artigos e en facer portais (que é algo que me gusta porque podo ser creativo e tentar darlle un punto chulo á Wikipedia)
Sobre o que dixen de non propoñer... si, non ía propoñer máis artigos, pero certamente síntome ben facéndoo (aínda que logo non saian elixidos) porque dese xeito fico tranquilo pensando que se a Galipedia non ten máis artigos de calidade non é porque eu non poña da miña parte. Na taberna fixen dúas propostas, non quixen facer máis (aínda que ideas me viñeron á cabeza) porque ás veces semella que todo o que propoño é susceptible de ser interpretado como un ataque á orde establecida e non me apetece aguantar comentarios coma os que ás veces teño que ler.
Espero que entendas os motivos polos que participei nesas votación e non nas túas, non é nada persoal, simplemente coincidencias. De todos xeitos, a próxima vez que che pase algo así comigo fálame, eu non teño problema en dar explicacións e pedir desculpas. Creo que non haberá problema por manter a relación que tiñamos ata agora. Unha forte aperta! Piquito (conversa) 6 de maio de 2016 ás 17:56 (UTC)Responder

Vandalismo ip anónimo editar

Ola, Amperio. Acabo de pasalo a 1 día. De feito, iso era o que quería poñerlle. Foime o dedo ao 3, que está xusto por baixo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 5 de maio de 2016 ás 11:27 (UTC)Responder

Administración editar

Boas, Amperio. Moitas grazas por pensar en min para o posto de administrador. Estarei encantado de aceptalo se así o decide a comunidade na votación. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 5 de maio de 2016 ás 14:06 (UTC)Responder

Probablemente sexa boa idea enviar unha mensaxe para que a xente se entere mellor da votación. Déixoo á túa discreción. Banjo tell me 5 de maio de 2016 ás 14:59 (UTC)Responder

RE:Axuda! editar

Creo que xa quedou, o parámetro pode quedar como |cor= sempre que á propiedade da etiqueta html <span style="color: se manteña como "color". Revisa por se falta algo ou non vai todo ben. Banjo tell me 5 de maio de 2016 ás 14:31 (UTC)Responder

En efecto, é polo fuso horario interno da Wikipedia, que está en UTC. Equivale a CEST+2, polo que para que coincida ben tes que restarlle dúas na chamada do modelo. Termino un choio e logo reviso o de Luís I de España, aínda que a simple vista semella estar todo ben. Banjo tell me 5 de maio de 2016 ás 16:06 (UTC)Responder
Referencias en Luís I de España   Feito! Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 14:00 (UTC)Responder

Aviso votación para administrador editar

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)Responder

Categorías editar

Boas. Si, eu tamén o pensei así que por min adiante. Unha cousa... temos que ter coidado ao recategorizar os anos porque a duración dos séculos ás veces crea dúbidas. Por exemplo: o século XVII vai dende o 1 de xaneiro de 1601 até o 31 de decembro de 1700. Un saúdo e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 13 de maio de 2016 ás 10:38 (UTC)Responder

Penso que igual que en inglés (en:Category:Deaths by year), italiano (it:Categoria:Morti per anno), portugués (pt:Categoria:Mortos por ano)... deberíamos ter Categoría:Personalidades por ano de finamento e dentro dela únicamente as categorías por século (p.ex. Categoría:Finados no século XX) e dentro delas as dos anos concretos (p. ex. Categoría:Finados en 1936).
O sistema con "Categoría:Personalidades por século de finamento" que empregan en Wikipedia en castelán, e poucas Wikipedias máis, paréceme peor. --. HombreDHojalata.conversa 13 de maio de 2016 ás 11:18 (UTC)Responder

RE:Subdución editar

Si, quedou ben. A cuestión é que queden tódalas edicións do historial no artigo de destino, sen que quede ningunha borrada, e no que queda como redirección só unha edición que indique precisamente que foi movido cara o outro. O último paso pode variar, as veces hai que desfacer ou refacer algunha edición máis que só a última, depende do propio historial de ámbolos dous artigos, pero mentres quede o resultado final con tódolos datos nun só artigo está perfecto :) Banjo tell me 20 de maio de 2016 ás 13:19 (UTC)Responder

Algunhas frases editar

Boas AMPERIO! Traducín do inglés o artigo de Kathleen Ferrier nunha subpáxina de usuario, estou a repasar a ortografía antes de publicalo pero antes hai un par de frases que non teño moi claras, a ver se entre os dous vémoslles xeito: "What a blinking nerve to palm him on to me" (está este contexto: Na xira que lle seguiu, o seu acompañante foi Arpád Sándor (1896–1972), que padecía un trastorno depresivo que afectou gravemente ao seu xeito de tocar. Sen darse conta do problema, nas cartas que enviou á súa casa Ferrier reprendeuno cub "este abominable acompañante" que merecía "unha patada no traseiro". Cando soubo que estivera enfermo durante meses, volcou a súa furia contra os promotores da xira: "O que un nervio palpabrexa a el na palma para min".), por outra banda no singer in this country has ever been more deeply loved, as much for the person she was as for the voice she uttered (no contexto: O crítico de ópera Rupert Christiansen, escribindo cando se aproximaba o 50º aniversario da morte de Ferrier, sostivo que "ningún cantante neste país foi nunca tan profundamente amado, para moita xente era como a voz que pronunciaba?".) Tamén teño unha dúbida, hai páxinas web que son con subscrición, na Wikipedia en inglés teñen o modelo "subscription", sabes se temos algo nos para indicalo? Graciñas!! Piquito (conversa) 20 de maio de 2016 ás 20:54 (UTC)Responder

Non te preocupes, así de aquí ao martes leo outra vez o artigo e logo xa o publico. Unha aperta e grazas! Piquito (conversa) 22 de maio de 2016 ás 11:50 (UTC)Responder
Moitas grazas! Xa logo o cambio e cando revise unhas ligazóns o publico. Unha aperta! Piquito (conversa) 24 de maio de 2016 ás 16:47 (UTC)Responder

Dereitos administrativos editar

Moitas grazas! Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 21 de maio de 2016 ás 12:27 (UTC)Responder

Festival de Eurovisión 2017‎ editar

Boas AMPERIO! Vin que eliminaches a sección de "Controversias" do artigo Festival de Eurovisión 2017‎. Non concordo moito, o certo é que pode haber controversias cos eventos futuros (véxase o mundial de fútbol de Qatar, por exemplo) Si que pode que haxa controversias que había que poderían incluirse no artigo Festival de Eurovisión 2016, pero outras (o conflicto Rusia-Ucrania) afectan de xeito directo á próxima edición do certame. Dálle unha volta se queres.

Por certo, non me esquecín do portal!

Unha aperta e espero que foran ben os exames! Piquito (conversa) 23 de maio de 2016 ás 21:34 (UTC)Responder

Eu referíame á que fala da participación rusa en 2017. Certo é que é deste ano, pero é algo que afectaría directamente á próxima edición, polo que penso que nese caso debería incluirse no artigo correspondente á edición de 2017... Non sei se me explico. Unha aperta! Piquito (conversa) 24 de maio de 2016 ás 16:50 (UTC)Responder

RE:Coala editar

Cos correctores automáticos xa se sabe :). Desculpa por non responder antes. Non hai maior problema, as únicas edicións "conflitivas" foron as que afectan á caixa de información taxonómica, que rachan o código de cor e non concordan co libro de estilo. Co resto de edicións non teño ningún conflito ou desacordo maior. Deixei o aviso xa que sendo editor principal do artigo semella algo imparcial de máis protexer a páxina eu mesmo nun caso deste tipo, pero non creo que sexa necesario facelo de tódalas formas. Grazas! Banjo tell me 24 de maio de 2016 ás 11:52 (UTC)Responder

RE:Valerià Paül Carril editar

Está moi no límite. As referencias son escasas ou case nulas, as procuras pola rede non achegan moitas máis, e foi creado pola mesma IP tanto aquí coma na catalá e na española... Eu deixaríao un par de días máis, se mellora ben, se non si que haberá que propoñer o seu borrado. Banjo tell me 24 de maio de 2016 ás 14:15 (UTC)Responder

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración editar

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE:Fusión modelos editar

O proceso de fusión en si é o mesmo, pero no caso dos modelos conleva un traballo engadido. A maiores de fusionar as páxinas hai que revisar a man que parámetros (e con qué nome) se deixan no modelo final, e logo revisar tódolos artigos que conteñen o modelo para arranxar os parámetros e valores en cada caso. É un choio bastante lioso, pero pouco a pouco. Tamén é certo que vai ser mellor atacalos antes de que se inclúan en máis artigos e haxa máis traballo por facer no momento da fusión. Estes días vou estar liado no MundoRealTM, pero en canto poida póñome con eles, que xa lles vai sendo hora a algúns :) Banjo tell me 26 de maio de 2016 ás 10:54 (UTC)Responder

RE:Módulo editar

Precisa algo de traballo, os outros módulos que usa xa os temos, pero probablemente os nomes dalgunhas funcións non sexan iguais. Ademais creo que estaría mellor considerar só os tres principais (PEGI, ESRB e CERO) máis o alemán (por ser un dos máis mencionados nos medios habitualmente). Mañá pola mañá revísoo e póñome con el. Banjo tell me 26 de maio de 2016 ás 21:01 (UTC)Responder

  Feito! Toma os datos automáticamente de Wikidata, pero poden forzarse localmente. Falta a documentación do modelo e do módulo, algo máis tarde póñome con elas. Se detectas que nalgún artigo non se ve algo ben avisa. Banjo tell me 27 de maio de 2016 ás 08:51 (UTC)Responder

bufarda editar

Ola!

Entendo que es:Aspillera se corresponde con gl:Troneira, posto que son construcións militares, non civís. Non atopei artigo correspondente en en, es ou pt, pero non teño moita idea de léxico especializado. Quizais saiba do tema Usuario:Xoacas, que lle pega á arquitectura. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de maio de 2016 ás 15:33 (UTC)Responder

Pittsburgh Penguins editar

Boas AMPERIO! Desculpa que sexa tan pesado pedíndoche cousas. Onte os Pittsburgh Penguins clasificáronse para as finais da Stanley Cup, o caso é que na Wikipedia en francés teñen o artigo do equipo como artigo de calidade, apuntaríaste a traballar de xeito conxunto no artigo? A proposta é que ti cres o artigo Historia dos Pittsburgh Penguins traducindo toda a sección da Wikipedia en francés e eu vaia facendo as outras seccións traendo contidos desa Wikipedia, así como da Wikipedia en lingua inglesa e ligazóns de referencia. Sei que é moito choio, non participes se non queres, pero o meu nivel de francés é moi pobre (ou case inexistente) e tardaría séculos en traducir o artigo completo, vendo que ti coñeces a lingua creo que podemos ir a bo ritmo. Teño o presentimento de que o equipo vai gañar a final e o seu cuarto título (aínda que por se acaso non vou apostar, que na NHL hai demasiadas sorpresas), polo que estaría ben tentar facelo de calidade (e de cara a ter moitos artigos de calidade da NHL en 2017, co 100 aniversario) e mesmo presentar os dous (o do equipo e o da historia). Se te animas e tes calquera problema con aspectos técnicos axúdoche (non son experto en hóckey sobre xeo, pero algo coñezo). Xa me contas. Unha aperta!! Piquito (conversa) 27 de maio de 2016 ás 16:13 (UTC)Responder

Mil grazas! Vai tranquilo que non é urxente (mentres xa vou adiantando eu por outras partes) Que vaia ben cos exames! Piquito (conversa) 27 de maio de 2016 ás 21:31 (UTC)Responder

Támese/Támese editar

É certo que no TILG están atestadas as dúas formas, mais en obras literarias. Basta facer unha procura no Google e aparece Támese en xornais, novas da TVG, etc. Para Támese ademais ofrezo unha referencia de carácter normativo ( DGUD ) na que se condena explicitamente a forma Támesis e que parece que consta como fonte autorizada na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_ex%C3%B3nimos_en_galego. Como non atopei ningunha referencia normativa equivalente para Támesis, por tanto, parece que Támese debe ser a forma preferida.

Saúdos.

Marcio (conversa) 28 de maio de 2016 ás 13:32 (UTC)Responder

Bufarda. editar

Ola, Amperio. O que pasa ca palabra bufarda é que ten varios significados. Un é o que emprega o artigo, o de ventá pequena que serve pra que entre a luz ou corra o aire (sinónimos: fachinelo ou fachineiro). Outro é o de "ventá no tellado dunha casa" (Xerais). Se fose neste segundo caso a tradución ó castelán sería buhardilla. No primeiro caso non o teño tan claro, o primeiro que me ven á mente é saetera ("ventanilla estecha de las que se suelen abrir en las escaleras y otras partes", RAE). Eu movería o actual artigo sobre a bufarda cara a un que se titulase fachinelo, por exemplo, ou calquera dos seus sinónimos, e convertería a páxina actual nunha páxina de homónimos que distribuise cara ó do fachinelo e cara á outra (a da ventá no tellado, non sei se me explico ben). Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 31 de maio de 2016 ás 09:26 (UTC)Responder

RE: Modelo:SM-liiga editar

Boas AMPERIO!! A verdade é que non estaba a traballar no modelo, simplemente era un traballiño de mantemento, poñendo a vindeira tempada e mudando os Blues (que quebraron este ano e disolvéronse) por Jukurit (que gañou a Mestis e substitúe aos de Espoo). De todos xeitos, xa que me dis o das cores, tes razón, o certo é que o modelo aínda ten as cores de cando a competición era a SM-liiga (azul e branco), dende que mudou o nome e a imaxe pola actual non mudei as cores da caixa, así que tentarei poñer todo en branco e negro (as cores da actual Liiga). A ver se atopo tempo para completar o modelo e ler as dúas propostas para calidade que hai anunciadas agora (iso será máis coplicado, pero intentarase), se teño algún problema xa che aviso. Apertas!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 21:24 (UTC)Responder

Si, teño un problema! Aínda que no modelo aparece como cor da fonte do título o branco, só se ve nesa cor no artigo Liiga, se vas a calquera outro (por exemplo Oulun Kärpät) non se le o título porque aparece en azul (como as ligazóns internas) e non en branco. Graciñas!!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 21:30 (UTC)Responder
Non pasa nada, supuxen que te esqueceras. Do que lle puxeches a Elisardojm eu pouco podo facer, non teño coñecementos técnicos. Un saúdo! Piquito (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 09:06 (UTC)Responder

Especial:Contribucións/AlexTref871 editar

Ti que controlas do tema, a ver se podes revisar os cambios que fixo este usuario, en particular este. Agora mesmo estou tras un proxy e non podo ver as imaxes, así que non sei ata que punto son axeitadas, e o pé das imaxes semellan ser autotraducións. Grazas! Banjo tell me 8 de xuño de 2016 ás 08:58 (UTC)Responder

Votación editar

Ola AMPERIO! Grazas polo teu comentario na Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Lista de xogadoras do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá, con todo, creo que tal e como está a votación creo que era innecesario que puxeras un punto vermello máis na votación, podías ter comentado o que pensas que se pode mellorar e todo quedaría igual na votación, sen necesidade de cebarse co artigo enchendo a votación de vermello cando xa hai días que se sabe que o artigo non vai sair elixido. Eu mesmo pechei a votación ao considerar que, dado o elevado número de votos que precisaba (tiña que chegar a oito, creo, canto menos a sete) e a escasa participación en artigos dese tema (os artigos máis votados tiveron 5 votos, e porque votei eu nun deles), era unha proposta avocada ao fracaso, que non ía conseguir apoio suficiente e que por máis que seguira aberta non ía cambiar nada, sería rexeitada... considerei que era mellor pechala para que a comunidade atendera ás outras propostas que si tiñan (e teñen) posibilidade de éxito... con todo, Banjo decidiu que non había que pechala e que debía seguir aberta aínda que o resultado desfavorable estivera xa decidido dende os 15 primeiros días de votación. Está ben participar nas votacións e mostrar o desacordo coas que se considere que non deben sair elixidas, pero creo que ás veces non é necesario votar, quedando un día de votación e con todo decidido...

Sobre o que comentas das imaxes: é imposible para min conseguir fotos de todas as xogadoras, non vivo no Canadá nin teño pensado ir a curto prazo, por outra banda o deporte feminino non é moi mediático e mesmo podería dicirse que ten un papel un tanto marxinal, polo que é difícil que chegue a haber imaxe de todas as xogadoras. A versión inicial do artigo era como a da Wikipedia en inglés, tiña algunha imaxe no lateral, con todo, esta opción daba problemas para visualizar as táboas, o que fixo que ArtaiGZ votara en contra, Norrin propuxo a solución que está actualmente e ambos votaron a favor... Non podo contentar a todo o mundo, uns queren imaxes en todas as xogadoras, outros non queren imaxes "aleatorias" (que en realidade eran as xogadoras máis destacadas), outros queren máis contidos e referencias dun artigo que non dá moito máis de si... a min tanto me ten, eu poría só fotos de Wickenheiser (máxima puntuadora e a mellor xogadora do mundo), Goyette (primeiro gol), Kim St-Pierre (máis vitorias), Ouellette (catro participacións, capitana en 2014 e membro do COHOF), Labonté (máis shutouts por detrás de St-Pierre), e quizáis algunha outra. Es libre de facer todas as modificacións que queiras se o consideras oportuno, eu esta tempada non vou darlle máis voltas, xa fixen abondo para tentar que saíra elixido, se volve ser proposto mirarei de facer máis, pero agora quero descansar del. Unha aperta! Piquito (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 11:17 (UTC)Responder

RE editar

Efectivamente, Kherson. O "kh" é o xeito máis usual de representar en galego o son [x], xa que non temos o "j" do castelán. Como curiosidade, é o mesmo criterio que emprega a RAG para os préstamos (1). Saúdos! --Norrin (Fálame) 14 de xuño de 2016 ás 11:31 (UTC)Responder

Galizionario editar

Boas AMPERIO. Vin que lle pediches a Gallaecio un traballiño no Galizionario. Intentarei falelo eu nos próximos días. Se queres solicitar algún traballo ós administradores, pódelo facer aquí. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 14 de xuño de 2016 ás 21:37 (UTC)Responder

Movidas. [ Furagaitas * ] 15 de xuño de 2016 ás 21:50 (UTC)Responder

RE Artigo solicitado editar

Boas AMPERIO! Xa supuxen que andarías liado con outras cousas. É certo que na Wikipedia en francés a historia da franquía está incluída no propio artigo, con todo eu prefiro poñela nun artigo independente (sobre todo cando son artigos de equipos do Original Six ou das primeiras expansións, como é o caso, nos dos Winnipeg Jets por exemplo non ten sentido de momento porque non se fundaron ata 2011 e polo tanto case non teñen historia) para que non ocupe tanto no artigo e ao final sexa un artigo enorme. Tendo en conta que a sección de historia vai aumentar ano a ano ata que a franquía desapareza ou a trasladen (cousa moi improbable, e máis aínda despois de gañar a Stanley Cup este ano), a sección de historia acabaría por ser moito máis da metade do artigo co paso do tempo, e no caso das franquías da NHL hai moita información dispoñible sobre estatísticas, pavillóns, xogadores... que é tan importante como a historia. Xa fixen a operación con Boston Bruins (eu non fixen a historia, foi outro usuario), Calgary Flames, e o estou a facer (aos poucos) cos New Jersey Devils, que son todos artigos que nas súas Wikipedias de orixe son artigos de calidade. Creo que o resultado así é máis operativo, cando acaben as tempadas amplíase o artigo da historia e resúmese no principal (teño pendente actualizar varios, por certo) e co tempo se un equipo pasa cinco tempadas sen clasificarse para os play-offs, por exemplo, a tempada que se clasifique pos no artigo da franquía que non se clasificou entre o ano X e o ano X e no da historia o detallas, creo que é o mellor para artigos de deporte. Cando poidas, non é urxente. Tampouco nos esquecemos do portal de Eurovisión, a ver se entre hoxe e mañán podemos presentarche unha proposta, Piquita non vai moi sobrada de tempo e é ela quen fai as imaxes. Un saúdo! Piquito (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 10:17 (UTC)Responder

RE: Ref Barbanegra editar

Si, a ligazón orixinal está morta, pero xa ten incluída a ligazón arquivada correspondente e está marcada con |urlmorta=si, polo que non ten maior problema. Banjo tell me 15 de xuño de 2016 ás 10:58 (UTC)Responder

Nas ligazóns externas, se non se emprega modelo tipo {{cita web}}, poden trocarse sen problema, xa que se non funcionan e non teñen arquivo as desa sección deberían eliminarse. Nas referencias deberían incluírse tanto a ligazón orixinal como a arquivada, ben usando os parámetros |url-arquivo= e |data-arquivo= dos modelos de citas ou doutra forma. Banjo tell me 15 de xuño de 2016 ás 11:05 (UTC)Responder
Esa web está dispoñible no arquivo da cita, polo que non cómpre borrala sen máis :) Banjo tell me 15 de xuño de 2016 ás 11:10 (UTC)Responder

RE:Barra portal editar

Mirei o módulo e a versión en inglés e non atopei nada para meter a ligazón a Commons, penso que non se debe poder facer. Unha mágoa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 17:48 (UTC)Responder

RE:Palacio de Aquisgrán‎ editar

Esa é a primeira versión, hai que revisar todas a ligazóns internas, igual que Antínoo, pero esa tarefa non a podo facer agora e como teño outras cousas pendentes, ten que coller turno :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xuño de 2016 ás 10:00 (UTC)Responder

Composto insaturado editar

Ola, Amperio. Boteille unha ollada a composto insaturado agora que tiven tempo. O que había eran tres breves parágrafos traducidos da wikipedia portuguesa. Na miña opinión non contiñan nada incorrecto, pero daban unha definición demasiado técnica, xa que normalmente son definidos, para os usos habituais, como compostos con enlaces simples C-C, é dicir, sen enlaces C=C ou C≡C. Fíxen unha modificación da páxina ampliándoa considerablemente e integrei no texto actual o texto anterior. Creo que agora se entende mellor (na miña opinión). Hai outras definicións de insaturación menos usadas; por exemplo un composto químico cíclico con enlaces simples podería considerarse insaturado con respecto á mesma cadea en forma liñal (non cíclica), xa que ten menos hidróxenos, como se indica na páxina francesa, pero iso non o incluín e limiteime ao uso habitual. Engadín ilustracións e algunha referencia, pero aínda ten poucas referencias. Na miña opinión a páxina debería chamarse compostos saturados e insaturados, como na wikipedia inglesa e noutras, porque parece lóxico fusionar as dúas cousas, xa que ao definir unha defínese por exclusión a outra, e a páxina está escrita enfocada desde esa distinción. Polo meu gusto cambiáballe o nome. A páxina quedou moito máis completa do que estaba antes, pero aínda non é unha páxina perfecta. Mira a ver como quedou e se ten problemas maiores. Ciao.--Miguelferig (conversa) 16 de xuño de 2016 ás 18:34 (UTC)Responder

RE:Modelo:Biblia editar

Ó contrario que BibleGateway, abibliagalega.com non ten os pasaxes ou libros separados por capítulo/versículo etc, se non que agrupa varios nunha mesma páxina. Unha procura por enderezo como fai o modelo (onde dí search={{{1}}}) da como resultado cousas moi distintas, BG ABG. Para poder empregala da mesma forma que fai o modelo actual, a propia páxina tería que ter un formato e funcionalidade de procura semellantes, polo que trocala sen máis non semella moi válido. Poderíase engadir no propio modelo a maiores da BibleGateway, pero hai que ter en conta que os resultados de procura nesa web por este método non van ser exactos nin directos. Banjo tell me 17 de xuño de 2016 ás 10:31 (UTC)Responder

Conflito de edición: Xa o pensara. Poder pode facerse, pero creo que daría moito choio. Dentro do código do modelo habería que incluír unha extensa táboa de correspondencias entre cada versículo da Bíblia e a url correspondente da http://www.abibliagalega.com Nótese que as páxinas de abibliagalega.com van por grupos de capítulos, non por capítulos nin por versículos. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2016 ás 10:37 (UTC)Responder

RE:Wikipedia:Artigos de calidade/Boletín/Subscribirse editar

En Especial:CreateMassMessageList. No campo "Título" indicas o nome da páxina onde estará a lista dos usuarios suscritos, "Descrición" é para un pequeno texto que aparecerá no comezo desa páxina. As que xa existen están na categoría Categoría:Wikipedia:Listas de entrega de mensaxes en masa. Calquera outra dúbida avisa. Banjo tell me 17 de xuño de 2016 ás 11:03 (UTC)Responder

Tamén vale, pero ten en conta que o formato é # {{#target:Usuario:Nome de usuario}} , co "#" para indicar a liña no lugar de "*".Banjo tell me 17 de xuño de 2016 ás 11:10 (UTC)Responder
Agora que lle puxeches os "noinclude" xa non debería ter problema :) Banjo tell me 17 de xuño de 2016 ás 11:18 (UTC)Responder

Boletín Quincenal 15 de xuño de 2016 editar

   
1-15 de xuño de 2016
CALIDADE BOS
   
DESTACADO GALICIA
   
IMAXE DA SEMANA
 

Erro no título editar

A pega sobre o cadafalso, no artigo que ves de crear. --Dodro (conversa) 17 de xuño de 2016 ás 18:11 (UTC)Responder

RE:Negociacións Vikzhel editar

Si, quedou solucionado cando dixen o de que amañara a bibliografía. Non creo que teña problema, é un bo artigo, non lle vin ningún outro problema máis, e de aquí ó día 3 queda tempo de sobra a que consiga máis votos, seguramente vai sair escollido :) Banjo tell me 21 de xuño de 2016 ás 17:44 (UTC)Responder

RE:Boletín editar

Non hai problema. O 30 a última hora do día reviso e envío. Banjo tell me 21 de xuño de 2016 ás 18:56 (UTC)Responder

  Feito! Banjo tell me 30 de xuño de 2016 ás 14:17 (UTC)Responder

RE:Bloqueo editar

Non creo que a alguén de Chile cunha soa edición vandálica lle importe moito un bloqueo dunha semana na Galipedia. A súa intención foi clara, vandalizar, e non nos vai achegar nada alguén así. Para nos é menos traballo innecesario de revisión, polo menos durante esa semana. Banjo tell me 22 de xuño de 2016 ás 09:20 (UTC)Responder

Negociacións editar

Boas AMPERIO! Veño de repasar o artigo das Negociacións Vikzhel. Se podes revisa os cambios que fixen na ortografía e a redacción. Unhas cousiñas, aínda que eu non son o máis axeitado para dar consellos de ortografía: ao principio do artigo empregas "conversacións" e logo empregas "conversas" (pasa o mesmo con "exixía" e "esixía", se podes revisalo estaría ben), mudeino pola segunda, pero creo que deberías tentar sempre empregar a mesma forma (non te culpo, facendo o artigo en varios días é difícil lembrarse); puxen varias comas en frases que non acababa de ver claras, lin e relín algunha delas, estes artigos son de temática un tanto densa (moita política) e ás veces poden facerse un tanto enrevesados, aínda que por norma xeral o artigo é claro; estaría ben que consultaras con Elisardojm, HombreDHojalata, ou outro usuario que teña maiores coñecementos ca min de lingua para que revise todo o artigo (eu teño dúbidas sobre se son correctos os "a" ou "as", por exemplo, ou se deberían ser "á" ou "ás", pero non só con iso, hai outros casos que non lembro). A frase " Lenin esixía o respaldo ás súas posicións expresadas na moción[65][70][71] e a dimisión da oposición ou a toma por esta das rendas do Goberno e a súa propia exclusión." non a dou entendido ben, se ten un momentiño para revisala... A parte do tema da ortografía, hai unha cousa que non entendo moi ben, que ao principio do artigo repartes dun xeito máis ou menos equilibrado as imaxes a ambos lados do texto e cara ao final do mesmo todas van no lado dereito (non lle restan puntos nin lle quitan valor, só parece raro... a min polo menos). Por outra banda, eu editei co editor visual as modificacións, polo que non podía editar as datas, que ás veces inclúen o ano, mesmo cando este xa sae pouco antes (non sei se me explico). Finalmente, e falo dos artigos da Revolución Rusa en xeral (as outras propostas tiñan o mesmo "problema"), insires referencias no medio de frases sen que haxa signos de puntuación, a min resúltame un tanto complicado ler os artigos e seguir o fío cando as referencias van no medio das frases, curtan o discurso e ás veces fan que teñas que reler a frase outra vez... creo que se puxeras todas as referencias ao final das frases sería moito máis sinxelo de ler o artigo, isto é unha recomendación, non é nin crítica nin imposición, simplemente creo que pode facilitar as cousas ao lector. Para rematar, agora si, no artigo en castelán inclúese unha sección ("Conclusións") que eu non lin e que non está no artigo da Galipedia, supoño que consideraches que non procedía, de todos xeitos dígocho por se foi un engadido posterior á túa edición. Nada máis, malia toda a parrafada creo que é un artigo de calidade, parabéns como sempre polo teu traballo e grazas tamén pola revisión que estás a facer no artigo de Ferrier e en xeral nos artigos que eu propoño e que por norma xeral non adoitan ser moi populares jajaja. Unha aperta! Piquito (conversa) 22 de xuño de 2016 ás 23:14 (UTC)Responder

Boletín Quincenal 30 de xuño de 2016 editar

   
16 - 30 de xuño de 2016
CALIDADE BOS
   
DESTACADO GALICIA
   
IMAXE DA SEMANA
 

Editatón editar

Parabéns pola túa participación no wikimaratón! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2016 ás 16:16 (UTC)Responder

India editar

Boas AMPERIO! Que tal de viaxe? Vin o teu comentario na votación para calidade do artigo da India, non tomes a mal a resposta, só que dá a sensación que tes un certo resentimento porque unha vez o fixeron nunha votación túa e agora por iso o fas... que un usuario nun momento dado exixa unha cousa non quere dicir que sexa o criterio ou que se deba aplicar, por exemplo: durante moito tempo Atobar exixiu que se crearan todas as ligazóns internas en vermello, o que nos levou a ampliar a lista de "artigos en progreso" ata un nivel pouco desexable, afortunadamente iso xa non ocorre... son teimas persoais, non criterios da comunidade, se cadra agora mudaches de idea por propia convición, pero na votación de Nova Zelandia o que dicías era outra cousa (que había que valorar o artigo a votar, non os que non existían), estás no teu dereito a mudar de opinión e o respecto, aínda que considero que é unha mágoa que artigos de calidade como India ou Israel queden sen recoñecemento non polo seu contido senón porque non haxa artigos creados... Dígocho sen ánimo de cuestionarte, criticarte, ou recriminarte nada, iso ante todo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 21:02 (UTC)Responder

Eurovisión editar

Boas AMPERIO!! Un pouco tarde pero xa dimos feito a proposta para o portal de Eurovisión, se queres podes vela na páxina Usuario:Piquito/Portal:Eurovisión. As cores que empregamos para a imaxe da cabeceira son (aproximadamente) as empregadas na páxina web do festival (violeta, azul augamariña, negro e branco. Redistribuín un pouco o material que puxeras ti, poñendo no cabezado do portal a descrición do festival que na proposta actual aparece como artigo destacado, e nese cabezado incluín a conta regresiva e unha imaxe coa gañadora deste ano, así como información sobre este ano que irá cambiando segundo se vaian celebrando as edicións e lle dará máis dinamismo á sección (cada ano haberá unha imaxe distinta no cabezado e a descrición do festival dese ano). Sobre as seccións non toquei moito, só puxen unha biografía destacada que seguramente se poida eliminar e substituirse por exemplo por unha listaxe de países que teñen participado como fan noutras Wikipedias (ou incluírse esa sección a maiores se ves oportuno manter a biografía); puxen esta sección para deixar o artigo destacado para edicións, sedes, cancións, eventos especiais, bandas (se cadra estas deberían ir na sección das biografías xunto cos cantantes solistas, non sei...), o Big Five, e outros artigos xerais. Outras cousas que engadín foi unha ligazón ao Wikiproxecto sobre a música (se logo hai un Wikiproxecto sobre Eurovisión pode engadirse, xunto con outros que poidan xurdir e que teñan algunha relación), e a sección de "portais relacionados", na que ir poñendo os portais de países europeos (ou non) que participaron ou participan no festival (polo momento temos tres, espero poñerme con máis). Cambiei a colocación das seccións de curiosidades e artigos de caldade e bos, pasando de poñelos ocupando todo o ancho a ocupar unha columna, o motivo é que no caso dos artigos de calidade e bos polo momento non hai ningún, polo que é un espazo en branco excesivo (ao meu ver, claro), se co tempo conseguimos moitos artigos de calidade sobre o tema pode facerse algo como no portal da ópera da Wikipedia en inglés; no caso das curiosidades non me gustaba moito porque tal como está agora quedaba unha frase dunha liña (xeralmente curta) e un gran espazo en branco ata a imaxe, o que non me parecía moi estético. As imaxes empregadas na cabeceira son dúas imaxes de calidade, unha de Conchita Wurst e a outra dunha tal ManuElla, que representou a Eslovenia e que non coñezo (non debeu chegar á final ou non me debeu impactar moito a canción :-O)

Se che gusta o deseño adiante con el, eu non o quixen cambiar na páxina do portal, se non che convence non pasa nada, queda nos meus portais persoais xunto co de Galicia. As seccións que puxen son baixo o meu criterio, dende a óptica dunha persoa que non é "eurofan", que simplemente ve a final (este ano mesmo en diferido :-O) e non ten moita idea do Festival e que simplemente disfruta de velo. Espero que che guste, e se non che gusta podes dicirmo sen problema. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 11 de xullo de 2016 ás 22:59 (UTC)Responder

Ola AMPERIO! Queda entón co deseño orixinal. Un saúdo! Piquito (conversa) 16 de xullo de 2016 ás 20:48 (UTC)Responder

Boletín Quincenal editar

   
1 - 15 de xullo de 2016
CALIDADE BOS
   
DESTACADO GALICIA
   
IMAXE DA SEMANA
 


Reflexións sobre os artigos de calidade editar

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016 editar

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)Responder

Benvida editar

Boas AMPERIO! Alédame verte de novo por aquí, espero que todo vaia ben. Apertas! Piquito (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 19:05 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "AMPERIO/Arquivo 4".