Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/India
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
India (2018) editar
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 15 de xaneiro de 2018 - 14 de febreiro de 2018
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 15-01-2018 ata o 14-02-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo (é un dos máis grandes da Galipedia), con gran cantidade de referencias e unha bibliografía impresionante. Tradución do artigo en portugués que é tradución do artigo en inglés, os dous de calidade.--Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. Revisei todo o artigo e amañei tódolos erros que fun atopando. --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 10:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 17:57 (UTC)[responder]
- Concordo. Non ía votar, mais o enorme traballo que fixo Elisardojm dende o día da proposta fíxome cambiar de parecer. Grazas e parabéns. Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 21:55 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 16:42 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2018 ás 18:35 (UTC)[responder]
- Concordo.--MAGHOI (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 21:18 (UTC)[responder]
# Concordo. --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 18:27 (UTC)[responder]
- En contra
# Discordo de novo. Segue presentando a maioría de problemas indicados na votación previa. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2018 ás 09:25 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Boas, copio aquí o anterior comentario de Banjo para ver se se van amañando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 13:50 (UTC)[responder]
- Comentario Por partes:
- Pendente de revisión ortográfica como indica Elisardojm, ademais de ter un par de ligazóns a homónimos que hai que revisar. Feito!
- 1x {{ligazón morta}}. Banjo, cal é a ligazón morta? Ó mellor xa se resolveu non sei, nas ligazóns externas non hai problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
- Axuda:Erros nas referencias para: Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros descoñecidos Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen título Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen título e con URL Categoría:Wikipedia:Páxinas con URL incorrectas Categoría:Wikipedia:Páxinas con ligazóns externas incorrectas en parámetros. O marcador de {{atención}} foi, o meu parecer, retirado prematuramente aquí Feito! Xa non hai erros en referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
- Concordo con . HombreDHojalata en que a bibliografía é excesiva. Polo que vin, creo que é principalmente pola repetición de entradas nas referencias e na propia bibliografía, repetición non necesaria, e porque se indican varias referencias en formato curto que logo se detallan na bibliografía cando só se empregan unha vez, e poderían limitarse desa forma cunha indicación única nas referencias. Podería reducirse amañando esas dúas cuestións. Feito!Revisei as referencias e a bibliografía e amañei as duplicadas. Sobre o tema da bibliografía comentar que este artigo é tradución do artigo en portugués, que á súa vez é tradución do artigo en inglés, onde os dous son de calidade e teñen a mesma bibliografía. A maiores, pode compararse esa bibliografía coa do artigo da Enciclopedia Britannica e verase que non é unha bibliografía tan extensa para un artigo referente a un país como o da India (consultar sección Additional reading). A maiores tamén, non sei se toda, pero a gran maioría da bibliografía está ligada coas referencias contidas no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
- Seguindo coas referencias, hai varias empregadas en múltiples ocasións que se poden agrupar, o que tamén axudaría a aforrar espazo e reducir o tamaño das seccións finais. (+ info: WP:CITA / A:CITAS). Feito! Revisadas e corrixidas as referencias duplicadas.
- Tamén coas referencias, non hai uniformidade no uso de formatos curtos. Ademais de que algunhas usan modelos e outras non, usan formatos distintos, con e sen parénteses. Tanto se se escolle usar os modelos dispoñibles como se non, habería que unificar e usar un só formato. Feito!Formato unificado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
- As notas nº 2 e 3 precisarían unha referencia cada unha (probablemente reutilizando algunha das xa indicadas no texto?) Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 10:54 (UTC)[responder]
- Para a estrutura, entendo que unha mellor distribución sería:
- "Símbolos nacionais" / "Festividades" -> Dentro de cultura como nivel 3
- "Biodiversidade" -> Dentro de xeografía como nivel 3 (non estou 100% seguro neste punto)
- "Infraestrutura" -> Eliminar cabeceira
- "Ciencia e tecnoloxía" / "Transportes" / "Enerxía" -> Dentro de Economía como nivel 3
- "Educación" / "Saúde" -> Dentro de Demografía como nivel 3 Feito! todo salvo o de biodiversidade, non me cadra ben dentro de xeografía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 11:05 (UTC)[responder]
- A sección "Goberno e política", xunto a subsección "Goberno", resultan a primeira vista algo excesivas en comparación co tamaño do resto de seccións, polo que quizais se poderían resumir e/ou fusionar ata certo punto para darlles un peso específico máis balanceado dentro do artigo. Non feito A primeira parte de Goberno e política coméntase un pouco a historia dos gobernos democráticos da India e a subsección de "Goberno" explica como está organizado. Ten case o mesmo contido e estrutura que o artigo en inglés, de feito ampliei un pouco a sección para actualizala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]
- O conxunto de todas estas cuestións pendentes fai que me decante polo discordo, xa que entendo que o artigo precisa unha boa man de chapa e pintura antes de consideralo realmente como de calidade. ☣Banjo tell me 14 de xullo de 2016 ás 09:02 (UTC)[responder]
- Banjo, revisei todas as cousas que comentaches e amañei todo o que atopei, penso que quedou todo solucionado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]
- As referencias quedaron como estaban con respecto ó problema da bibliografía excesiva. Isto non sei como amañalo Banjo, agora as citas que usan modelo son todas de tipo harvard sen paréntese ou sfn, se as referencias conteñen un número de páxina, o cal pasa en bastantes casos, creo que esas referencias non se poden unificar, non? Ou polo menos eu non sei como facelo. Eu revisei as referencias e as que atopei repetidas unifiqueinas, o resto, ou non as atopei ou non sei como unificalas máis... Se me indicas algún caso concreto e como amañalo, podería intentar repasar iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 10:00 (UTC) Feito! Agora si, tódalas referencias que non se reutilizaban quiteinas da bibliografía, uns cen libros menos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]
- números con formato non concórde ó WP:LE Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 19:01 (UTC)[responder]
- datos desactualizados/contraditorios Feito! Actualicei os datos de poboación coa información e referencias do artigo en inglés, e outros datos máis da ficha, e amañei os datos do PIB que estaban desactualizados no corpo do artigo.
- peso específico excesivo dunhas seccións sobre outras Non feito Se o problema é a sección de "Goberno e política" e "Goberno", isto xa se comentou arriba, se é outra cousa coméntaa e intento amañala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 10:00 (UTC)[responder]
- introdución escasa Feito! Engadidos contidos do artigo de en.wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 19:01 (UTC)[responder]
- poboación de cidades sen referencias... Feito! Tiña unha referencia pero a web non funcionaba, amañeino e actualicei os datos, agora está igual que en en.wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 20:06 (UTC)[responder]
- Non sigo co tema, non teño tempo nin forzas para isto de novo, queda ó voso criterio. ☣Banjo tell me 22 de xaneiro de 2018 ás 11:38 (UTC)[responder]
- Banjo, revisei todas as cousas que comentaches e amañei todo o que atopei, penso que quedou todo solucionado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]
Comentario@Elisardojm: Non é cuestión de agrupación de referencias, é cuestión de non duplicalas innecesariamente. Cando unha referencia só se utiliza unha vez, ou varias pero sen indicación de páxinas distintas, non é preciso poñela en formato curto e logo coa información completa na bibliografía, con indicala unha vez na nota correspondente é suficiente. ☣Banjo tell me 23 de xaneiro de 2018 ás 10:10 (UTC)[responder]
ComentarioEntón o que hai que facer é quitar as citas curtas que só se usen unha vez e poñer a cita do libro directamente, queres dicir iso Banjo? Así o libro non sairá na bibliografía... Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 10:56 (UTC)[responder]
Comentario Banjo, creo que xa está amañado o das referencias, quitei ó redor duns 100 libros da bibliografía e paseinos ás referencias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]
Comentario Aínda que penso que non afecta á votación, e obviamente foi un erro, habería que retirar o segundo voto de AMPERIO--MAGHOI (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 21:22 (UTC)[responder]
- Feito! MAGHOI, grazas polo aviso!! Piquito (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 21:30 (UTC)[responder]
- A verdade é que non me dera nin conta! Non sei en que estaría pensando eu... Grazas MAGHOI por decatarte. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 13 de febreiro de 2018 ás 16:19 (UTC)[responder]
India (2016) editar
Votación PECHADA: Non aprobado
Período de votación: 8/7/2016 - 7/8/216
SI: 5 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Non aprobado |
- Proposto por: Chairego apc (conversa) 8 de xullo de 2016 ás 11:25 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 08-07-2016 ata o 07-08-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Moi completo e cunha chea de referencias. Ben nutrido de imaxes, estruturado e cunha bibliografía moi extensa. --Chairego apc (conversa) 8 de xullo de 2016 ás 11:25 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 8 de xullo de 2016 ás 11:25 (UTC)[responder]
- Concordo. --Isili0n (conversa) 9 de xullo de 2016 ás 14:55 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 10:27 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 22:58 (UTC)[responder]
- Concordo. Regato das Tres Regueiras (conversa) 14 de xullo de 2016 ás 16:01 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. The Elephant in the room. Explico no comentario. ☣Banjo tell me 14 de xullo de 2016 ás 09:02 (UTC)[responder]
- Discordo. É un artigo moi grande. Amais dunha boa tradución require de moito pulimento. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xullo de 2016 ás 13:38 (UTC)[responder]
- Discordo. Quedan restos de contidos orixinais en portugués. --AMPERIO (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 10:11 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario O artigo está pendente dunha revisión ortográfica, eu cheguei ó apartado de biodiversidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xullo de 2016 ás 14:08 (UTC)[responder]
- Comentario Paréceme que a sección "Bibliografía" ten unha extensión absurda, por excesivamente extensa. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2016 ás 23:43 (UTC)[responder]
- Comentario Habería que facer os artigos principais e os véxase tamén, para manter o mesmo criterio que se exixiu no seu día a Nova Zelandia, Portugal, Israel...--AMPERIO (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 10:25 (UTC)[responder]
- AMPERIO, nesta votación estamos determinando a calidade do artigo que temos, non os que non temos. Nos casos que citas (a excepción do de Portugal, que non lin a conversa da votación) non houbo unha "exixencia" de crear eses artigos principais, o que houbo foi un usuario en cada votación que no caso de Nova Zelandia suxeriu que se crearan e no caso de Israel ti si que exixiches que se crearan eses artigos. A realidade é que na maioría das votacións non se exixiu tal (nos Montreal Canadiens, Johann Sebastian Bach, Georg Friedrich Händel, Edward Elgar... por citar algúns) por que imos aplicar o criterio empregado en tres votacións cando o criterio da maioría foi outro? A realidade é que o artigo cumpre amplamente con todos os criterios de calidade (tamén o de Israel, que tivo unha moi pobre participación), quizais se a comunidade considera que hai que ter creados os "Artigo principal" nos artigos candidatos creo que deberiades presentar unha proposta de política para mudar iso (eu votarei en contra) en lugar de volver a este debate de cada vez que hai unha proposta, xa que o único que se pode conseguir exixíndoos agora é que se fagan ás présas para tentar que os artigos que xa son de calidade reciban os votos necesarios e saian elixidos a pesar da escasa participación que adoita haber nesta Wikipedia. Un saúdo! Piquito (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 21:02 (UTC)[responder]
- AMPERIO, para que un artigo sexa de calidade na política non se esixe que se fagan os artigos principais e véxase tamén, non hai ningunha obriga ó respecto, o que comenten os usuarios na votación é a súa propia opinión. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2016 ás 21:15 (UTC)[responder]
- AMPERIO, nesta votación estamos determinando a calidade do artigo que temos, non os que non temos. Nos casos que citas (a excepción do de Portugal, que non lin a conversa da votación) non houbo unha "exixencia" de crear eses artigos principais, o que houbo foi un usuario en cada votación que no caso de Nova Zelandia suxeriu que se crearan e no caso de Israel ti si que exixiches que se crearan eses artigos. A realidade é que na maioría das votacións non se exixiu tal (nos Montreal Canadiens, Johann Sebastian Bach, Georg Friedrich Händel, Edward Elgar... por citar algúns) por que imos aplicar o criterio empregado en tres votacións cando o criterio da maioría foi outro? A realidade é que o artigo cumpre amplamente con todos os criterios de calidade (tamén o de Israel, que tivo unha moi pobre participación), quizais se a comunidade considera que hai que ter creados os "Artigo principal" nos artigos candidatos creo que deberiades presentar unha proposta de política para mudar iso (eu votarei en contra) en lugar de volver a este debate de cada vez que hai unha proposta, xa que o único que se pode conseguir exixíndoos agora é que se fagan ás présas para tentar que os artigos que xa son de calidade reciban os votos necesarios e saian elixidos a pesar da escasa participación que adoita haber nesta Wikipedia. Un saúdo! Piquito (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 21:02 (UTC)[responder]
- Comentario Por partes:
- Pendente de revisión ortográfica como indica Elisardojm, ademais de ter un par de ligazóns a homónimos que hai que revisar.
- 1x {{ligazón morta}}
- Axuda:Erros nas referencias para: Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros descoñecidos Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen título Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen título e con URL Categoría:Wikipedia:Páxinas con URL incorrectas Categoría:Wikipedia:Páxinas con ligazóns externas incorrectas en parámetros. O marcador de {{atención}} foi, o meu parecer, retirado prematuramente aquí
- Concordo con . HombreDHojalata en que a bibliografía é excesiva. Polo que vin, creo que é principalmente pola repetición de entradas nas referencias e na propia bibliografía, repetición non necesaria, e porque se indican varias referencias en formato curto que logo se detallan na bibliografía cando só se empregan unha vez, e poderían limitarse desa forma cunha indicación única nas referencias. Podería reducirse amañando esas dúas cuestións.
- Seguindo coas referencias, hai varias empregadas en múltiples ocasións que se poden agrupar, o que tamén axudaría a aforrar espazo e reducir o tamaño das seccións finais. (+ info: WP:CITA / A:CITAS).
- Tamén coas referencias, non hai uniformidade no uso de formatos curtos. Ademais de que algunhas usan modelos e outras non, usan formatos distintos, con e sen parénteses. Tanto se se escolle usar os modelos dispoñibles como se non, habería que unificar e usar un só formato.
- As notas nº 2 e 3 precisarían unha referencia cada unha (probablemente reutilizando algunha das xa indicadas no texto?)
- Para a estrutura, entendo que unha mellor distribución sería:
- "Símbolos nacionais" / "Festividades" -> Dentro de cultura como nivel 3
- "Biodiversidade" -> Dentro de xeografía como nivel 3 (non estou 100% seguro neste punto)
- "Infraestrutura" -> Eliminar cabeceira
- "Ciencia e tecnoloxía" / "Transportes" / "Enerxía" -> Dentro de Economía como nivel 3
- "Educación" / "Saúde" -> Dentro de Demografía como nivel 3
- A sección "Goberno e política", xunto a subsección "Goberno", resultan a primeira vista algo excesivas en comparación co tamaño do resto de seccións, polo que quizais se poderían resumir e/ou fusionar ata certo punto para darlles un peso específico máis balanceado dentro do artigo.
- O conxunto de todas estas cuestións pendentes fai que me decante polo discordo, xa que entendo que o artigo precisa unha boa man de chapa e pintura antes de consideralo realmente como de calidade. ☣Banjo tell me 14 de xullo de 2016 ás 09:02 (UTC)[responder]