Bieito (nome)

nome masculino

Bieito (pronuncia: biˈejto̝[1] ), que admite a variante Bento, é un nome galego de orixe latina que tamén presenta a variante culta Benedito, do latín Benedictus (de bene dictus) que significa "ben dito, aquel do quen se fala ben". Os femininos son Bieita e Benedita.

O nome en GalizaEditar

Bieito foi un nome común en galego, sendo San Bieito padroeiro de multitude de parroquias galegas e aparecendo Bieito en multitude de topónimos e microtopónimos: Fonte do Bieito, Rego de San Bieito, O Corgo Bieito, O Bieito etc[2]. San Bieito é considerado un dos santos máis avogosos en Galiza, conta cunha romaría importante en Pontevedra en xullo: Romaría de San Benitiño de Lérez, que conta cunha sonada cantiga popular:

Se vas ao San Benitiño
non vaias ao de Paredes,
que hai outro máis milaghreiro
San Benitiño de Leres

Evolución do nome no galegoEditar

Os primeiros documentos en galego antigo onde aparece o nome son do século XIII, o máis común era xa Bieito (grafado de fiferentes xeitos). De aí até o século XV aparece coma: Beneyto (5 ocorrencias), Beneito (1), Beeyto (30), Beeito (9), Beheito (2), Beyto (17), Beito (3), Beytto (1), Byeito (3), Byeyto (5), Bieyto (64) ou Bieito (46) que nos deixan observar os pasos do latín ao galego coa perda da sonora –d–, a vocalización do primeiro elemento do grupo –kt–, a caída do –n– intervocálico e a asimilación ou disimilación das dúas vogais pretónicas. Encontramos tamén outras solucións evolutivas coma a reposición do –n– desaparecido nas formas Beynto (7).

As únicas dúas atestacións recollidas no Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) coas grafías Beento e Bento pertencen a documentación de Tui e son do século XV. Pero os datos levan a dubidar de que a actual forma estándar portuguesa fose nalgún momento un resultado galego. O que si temos na toponimia son derivados da forma común galega Bieito nos topónimos Bieite (>Benedicti), nome dunha parroquia e cinco localidades galegas e Os Bieites (do apelido derivado de Bieito) na Estrada e tamén da solución Beynto nos topónimos San Baínto no concello de Maside e Baínte (<Benedicti) en Vilamarín (Navaza Blanco / Palacio Sánchez 1999: 769). A correspondencia portuguesa é o topónimo Bente nome dunha freguesía de Vilanova de Famalicão. Ademais, no norte de Portugal Bieito (e Beito) foron formas coñecidas (e usadas) do nome latino até polo menos o século XVI como o testemuña o nome Bieito dun dos rústicos dunha das dúas églogas escritas en portugués por Francisco de Saa de Miranda (1481-1558).

Tamén na nosa documentación medieval encontramos aínda os cultismos Benedicto (5) e Benedito (6) e ademais Benito (4), que é a evolución patrimonial para o castelán polo menos desde o século XV, e que foi desprazando paseniñamente a nosa forma patrimonial[3].

O nome hoxe en GalizaEditar

A variante galega do nome Bieito lévana 82 varóns en Galiza, cunha media de idade de 20 anos. Aparece nas catro provincias galegas. Non atopamos hoxe en día ningún varón coa variante tamén galega, e coincidente co portugués: Bento. A variante galega Benedito lévana 5 varóns en Pontevedra. As que si son comúns son as formas castelás: Benito aparece especialmente en Galiza (por ser un santo moi venerado) especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra, cun total de 3252 varóns galegos. O nome Benedicto lévano 467 galegos[4].

SantoralEditar

VariantesEditar

  • Bento, Benedito, Benito (castelanización);
  • Diminutivo: Bentiño, Bieitiño, Benitiño (castelanización);
  • Feminino: Bieita, Benedita, Benta, Benita (castelanización).

Variantes noutras linguasEditar

Variantes en otras lenguas
Español Benedicto, Benito
Albanesa Benedikti
Alemán Benedikt
Aragonés Benedet
Asturiano Benedictu
Bosníaco Benedikt
Bretón Benead
Búlgaro Бенедикт (Benedikt)
Catalán Benedicte, Benet
Checo Benedikt
Corso Benedettu
Danés Benedikt
Eslovaco Benedikt
Esloveno Benedikt
Esperanto Benedikto
Éuscaro Benedita, Beñat
Finés Benedictus
Francés Bénédict, Benoît
Galés Bened
Galego Bieito
Grego Βενέδικτος (Benédiktos)
Neerlandés Benedictus
Húngaro Benedek
Inglés Benedict
Irlandés Beinidict
Islandés Benedikt
Italiano Benedetto, Benito
Latín Benedictus
Letón Benedikts
Lituano Benediktas
Maltés Benedettu
Noruegués Benedikt
Polonés Benedykt
Portugués Benedito, Bento
Romanés Benedict
Ruso Бенедикт (Benedikt)
Sardo Benedettu
Serbio Бенедикт (Benedikt)
Siciliano Binidittu
Sueco Benedictus
Ucraíno Бенедикт (Benedikt)
Xeorxiano ბენედიქტე (Benedikhti)

Personaxes celebresEditar

SantosEditar

Papas / ReisEditar

Monarcas e membros de casas reais
Estados Pontificios Bieito I, papa, (575- 579).
Bieito II, papa, (684 – 685).
Bieito III, papa, (855 – 858).
Bieito IV, papa, (900 – 903).
Bieito V, papa, (964).
Bieito VI, papa, (973 – 974).
Bieito VII, papa, (974 - 983).
Bieito VIII, papa, (1012 - 1024).
Bieito IX, papa, (1032-1044, 1045 e 1047-1048).
Bieito XI, papa, (1303-1304).
Bieito XII, papa, (1334-1342).
Bieito XIII, (1724 - 1730).
Bieito XIV, papa, (1740 - 1758).
Bieito XIV Garnier, antipapa.
Bieito XV, papa, (1914 - 1922).
Bieito XVI, papa, (2005 - 2013) (Joseph Aloisius Ratzinger).

Outras personalidadesEditar

 
Retrato do galego, Bieito Xerome Feijoo Montenegro , o Padre Feijoo.
 
Bieito Romero, gaiteiro galego.

GalegosEditar

Outras personalidadesEditar

FicciónEditar

  • Bieito Fendeferro (orixinalmente Benoît Brisefer), personaxe de banda deseñada creado en 1960 por Peyo.

NotasEditar

  1. Dicionario de Pornuncia da Lingua Galega - http://ilg.usc.es/pronuncia/?l=2&ficha=59774
  2. Toponimia de Galicia- http://toponimia.xunta.es/gl/Buscador Arquivado 18 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
  3. Sobre onomástica, o nome do papa e o estándar galego, de Luz Méndez, Asociación Galega de Onomástica / Televisión de Galicia, 2011 -http://ilg.usc.es/elg/volume/3/peneira/Peneira_mendez_ELG03_2011.pdf
  4. Instituto Nacional de Estadística - http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do?vista=1

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2. 
  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.