Benito Soto Linares
Benito Soto Linares, nado o 17 de marzo de 1852 e finado en Chantada o 3 de xaneiro de 1914[1], foi un banqueiro e político galego.
Benito Soto Linares | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1852 |
Falecemento | 3 de xaneiro de 1914 |
Lugar de falecemento | Chantada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Jesús Soto Lemos |
Irmáns | Pegerto Soto Linares |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Luis Soto Martínez. Comerciante en Chantada, intermediario na compravenda de terreos, cobraba efectos de comercio, pagaba xiros e prestaba diñeiro. Foi correspondente do Banco de España, representante da Compañía Trasatlántica, empresa relacionada co transporte marítimo de emigrantes a América, e representante da Compañía arrendataria de Tabacos en Chantada.
Foi nomeado alcalde de Chantada o 1 de xaneiro de 1902. Cesou o 1 de xaneiro de 1904.
Logo da súa morte, a súa muller Amadora Lemos e os seus fillos, para seguir nos negocios, formaron unha Comunidade de Bens co nome de Viuda de Benito de Soto. En 1925 asumiu a dirección o fillo Antonio de Soto Lemos ata o seu falecemento en 1931, pasando a dirección aos seus irmáns Jesús e José de Soto Lemos. En 1964 a familia Soto creou o Banco de Soto.
Predecesor: Manuel Estévez Vila |
Alcalde de Chantada 1902 - 1904 |
Sucesor: Julio Guerra Díaz-Varela |
Vida persoal editar
Casou con Amadora Lemos e foi pai de Antonio, Jesús e José Soto Lemos.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en El Regional, 6-1-1914, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Múgica Melgar, José Luis (2010). Bubok, ed. Banco de Galicia, orígenes, evolución y extinción. pp. 39–41. ISBN 978-84-9981-067-6. Consultado o 17 de maio de 2013.