Jesús Soto Lemos

banqueiro e político galego

Jesús Soto Lemos, finado en Chantada en marzo de 1987,[1] foi un banqueiro e político galego.

Infotaula de personaJesús Soto Lemos
Biografía
Mortemarzo de 1987 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBenito de Soto Linares Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Benito Soto Linares e herdeiro da Banca Soto. Formou parte da Rondalla Filarmónica de Chantada. Fundou co seu irmán Ramón o Fortuny, o primeiro equipo de fútbol de Chantada. Con José García "Pepete" organizou os exploradores de Chantada, que tiveron banda de trompetas e tambores. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Chantada,[2] tomando posesión o 5 de abril de 1930.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS[4] e deputado provincial. Finou en Chantada aos 90 anos.


Predecesor:
Jacobo Rodríguez Osorio
  
Alcalde de Chantada
 
1930 - 1931
Sucesor:
Eladio Suárez Fernández

Vida persoal editar

Casou con Alicia Rodríguez Osorio e foi pai de Alicia, Jesús, Amadora, María, Luis, Manuel e Castor Soto Rodríguez.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Lugo, 19-3-1987, p. 25.
  2. El Pueblo Gallego, 9-5-1930, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 6-4-1930, p. 12.
  4. El Progreso, 13-2-1942, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar