Benito Montero
Benito Montero Prego nado en Cambados en 1944, é un fiscal galeguista na Audiencia de Pontevedra e o primeiro en tratar de normalizar a lingua galega na Xustiza coa recuperación da democracia no Estado Español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 ![]() Cambados, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xurista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarÉ residente na parroquia de San Salvador (Poio) desde 1996. Foi cofundador da Irmandade Xurídica Galega dende onde pula pola normalización do galego. Así mesmo, é membro da Irmandade de Viños Galegos e da plataforma cívica Prolingua.
Dende a formación do novo goberno conservador da Xunta de Galicia presidido por Núñez Feijóo, Montero mostrouse moi crítico co tratamento que se lle dá a lingua galega e así o ten manifestado publicamente en varias entrevistas:
Suprimir os exames de galego para formar parte da administración é unha barbaridade porque existe o dereito ao uso do galego coa administración e a que esta resposte tamén en galego as nosas peticións. Daquela, como o vas garantir se os funcionarios non o coñecen? Esa decisión vulnera un dereito constitucional. Se alguén ten a obriga ineludíbel, por lei (Constitución e Estatuto) de defender o galego é o goberno galego, mais non parece que as medidas que toma leven ese camiño.Declaración para o diario 'A Nosa Terra en xullo de 2010.[1]
Obras
editarEnsaio
editar- O proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880-1881). Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Ourense, Colexio de Avogados de Ourense, 2001.
Obras colectivas
editar- Contos da xustiza, Ir Indo, 1991.
Notas
editar- ↑ Entrevisa n'A Nosa Terra Arquivado 22 de xullo de 2010 en Wayback Machine., publicada o 17 de xullo de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista a Montero Prego no Faro de Vigo.