Benito Arias Montano
Benito Arias Montano, nado en Fregenal de la Sierra en 1527, e finado en Sevilla o 6 de xullo de 1598, foi un relixioso e humanista español, eminente políglota, teólogo, bibliólogo e poeta en latín.
Retrato de Arias Montano atribuído a Peter Paul Rubens | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1572 Fregenal de la Sierra |
Morte | 6 de xullo de 1598 Sevilla |
Educación | Universidade de Alcalá (histórica) (pt) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, bibliotecario, tradutor |
Movemento | Orientalismo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Influído pola reforma protestante e a conseguinte contrarreforma e cunha boa relación coa monarquía hispánica, participa no Concilio de Trento e vive o ambiente cultural dende Roma e Flandres, onde comeza correspondencia e amizade cos principais humanistas da época. Humanista cristián, o seu pensamento harmoniza razón e fe, plásmase na produción intelectual, e baseáse nos seus coñecementos do mundo greco-latino e no dominio das linguas clásicas e bíblicas.
É coñecido sobre todo por ser o editor científico da Biblia Políglota de Antuerpen, onde supervisa a súa edición, traduce algunhas partes e é o autor do apparatus crítico. Tamén é coñecido por ser o primeiro bibliotecario da Biblioteca Real do mosteiro do Escorial, onde dirixe a súa instalación, programa as adquisicións e efectua a ordenación do fondo bibliográfico. O seu traballo intelectual céntrase nos comentarios bíblicos e na doutrina cristiá, utilizando a poesía como un complemento da súa obra científica.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Arias Montano |