Benito Cancela Rodríguez

político galego

Benito Cancela Rodríguez, nado en Padroso (Lampaza, Rairiz de Veiga) o 22 de agosto de 1892 e finado en Ourense a finais de maio de 1973, foi un político galego.

Benito Cancela Rodríguez
Nacemento22 de agosto de 1892
Lugar de nacementoPadroso
Falecementomaio de 1973
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba e instalouse en Santa Cruz del Sur (Camaguey) onde amansou unha pequena fortuna con negocios de hostalaría. En Cuba entrou en contacto coa masonería, alcanzando o grao de mestre. Regresou a Celanova en 1932 e instalou o Hotel Cuba na vila. Afíliase a Izquierda Republicana e logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Celanova o 15 de marzo de 1936.[1] Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a Garda Civil foi detelo, pero fuxiu. Agochouse primeiro en Leborín e despois nun zulo na súa propia casa de Celanova. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[2] Ao rematar a guerra civil acolleuse a un indulto. Pero foi novamente denunciado en 1939 polo cura de Bobadela. Detido, foi encarcerado na Prisión de Celanova. Pasou despois á Prisión Provincial de Ourense, á de Porlier en Madrid e ao Penal do Puerto de Santa María. Saíu en liberdade condicional en 1943, pero condenado ao pago de multas, incautación dos seus bens e obrigado ao desterro, tivo que instalarse en Oviedo. Montou unha sidrería, que pechou aos seis meses. Regresou a Celanova na década dos cincuenta. Finou en Ourense a finais de maio de 1973.[3]


Predecesor:
Alberto Moreiras Fernández
  
Alcalde de Celanova
 
1936
Sucesor:
?

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 13.
  2. BOE, 5-1-1941, p. 84.
  3. La Voz de Galicia, 30-5-1973, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Valín Fernández, Alberto. Laicismo, represión y educación en la España del siglo XX. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1993.
  • Valín Fernández, Alberto; Rodríguez Teijeiro, Domingo (1996). "Aproximación biográfica a Benito Cancela Rodríguez: un masón en la alcaldía de Celanova bajo el Frente Popular". La masonería en la España del siglo XX. Toledo: Universidad de Castilla-La Mancha / Centro de Estudios Históricos de la Masonería Española. pp. 245–256. Consultado o 9-2-2014. 
  • Sánchez Martínez, Pablo. Masonería e república en Celanova. Benito Cancela Rodríguez(1892-1973). Gijón, Masónica.es, 2017.

Ligazóns externas editar