Benito Pardo de Figueroa

Benito Pardo de Figueroa, nado en Cambados en 1755 e finado en Riga en 1812, foi un militar galego.

Benito Pardo de Figueroa
Nome completoBenito María de los Dolores Manuel José Ramón Tadeo Pardo de Figueroa y Valladares
Nacemento25 de novembro de 1755 e 1755
Lugar de nacementopazo de Fefiñáns
Falecemento1 de novembro de 1812 e 20 de outubro de 1812
Lugar de falecementoRiga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar, diplomático e envoy
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado no Pazo de Fefiñáns, fillo de Baltasar Pardo de Figueroa e Ana Jacobo, foi un militar innovador da Infantería Española, que chegou a ser Tenente Coronel na época de Manuel Godoy. Participou na guerra da Independencia dos Estados Unidos. Destacou na carreira diplomática sendo embaixador de España en Berlín e San Petesburgo (1908).

Casou con Adelaida Destrehan, coa que tivo unha filla, Clementina, nada en 1798.

ObrasEditar

  • Examen analítico del cuadro de la transfiguración de Rafael de Urbino, seguido de algunas observaciones sobre la pintura de los griegos, París, 1804.

TraduciónsEditar

  • Once odas de Horacio en verso griego, 1810.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar