Historia medieval de Galicia

historia de Galicia durante a Idade Media
(Redirección desde «Idade Media de Galicia»)

A historia medieval de Galicia abarca a historia de Galicia na Idade Media.

Historia medieval de Galicia

Mapa do Reino de Galicia de c. 1603
Historia Historia de Galicia
Cronoloxía Cronoloxía de Galicia
Categoría Historia de Galicia
Prehistoria
Prehistoria de Galicia
Idade Antiga
Historia antiga de Galicia
Idade Media
Historia medieval de Galicia
Historia altomedieval de Galicia
Historia baixomedieval de Galicia
Século V
409 - 585: Reino suevo de Gallaecia
Século VI
572: Diocese de Britonia
585 - 721: Reino visigodo na Gallaecia
Século VIII
711: Invasión musulmá
718 - 1230: Reinos cristiáns de Gallaecia
Século IX
813: Camiño de Santiago
844 - 1066: Invasións viquingas
848 - 1128: Condado portucalense
Século XII
1100 - 1400: Literatura galego-portuguesa
1101 - 1230: Era Compostelá
1128: Independencia de Portugal
Século XIII
1230: Fin da monarquía galego-leonesa
Século XIV
1347 - 1351: Peste Negra
1351 - 1369: Guerra civil castelá
1369 - 1453: Guerra dos Cen Anos
Idade Moderna
Historia moderna de Galicia
Idade Contemporánea
Historia contemporánea de Galicia
Relacionados
Historia Historia da lingua galega
Artigos Pobo galego
Reino de Galicia
Historiografía do Reino de Galicia
Extensión da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano de Occidente.

Século V

editar

A finais do século IV o Imperio Romano atravesaba unha crise política marcada pola división interna e as múltiples ameazas nas fronteiras. No 380 co Edicto de Tesalónica, o cristianismo converteuse na relixión principal do Imperio. Quince anos despois, no 395, dividiuse nos Imperios de Occidente e de Oriente. O de occidente facía fronteira co río Rin, fronteira natural entre o Imperio e os barbarii (bárbaros).

Provincia romana

editar
Artigo principal: Gallaecia.

A Gallaecia de finais do século IV e comezos do século V, rica en recursos marítimos e mineiros, especialmente auríferos, contaba cunha ampla rede viaria e unha administración que comprendía os diferentes pobos galaicos, brácaros e ástures entre outros.

Segundo fontes contemporáneas a extensión da provincia cara finais do século VI era das maiores do Imperio de Occidente, chegando a cidades como Cauca (Coca, Segovia), lugar de nacemento do emperador Teodosio I. Estendíase polo noroeste da Península Ibérica, dende as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur. Compoñíase administrativamente de catro conventos xurídicos con cadansúa capital, así o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga, que tamén exercía como capital da provincia), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este último o que foi integrado neste século, pois antes pertencera á Tarraconense.

Invasións bárbaras

editar
Artigo principal: Invasións bárbaras.

O 31 de decembro de 406, a falta de militarización do Imperio de Occidente e a conxelación do Rin, numerosos pobos xermánicos atravesaron o río e comezaron unha migración devastadora polas ricas e cálidas terras romanas.

Estes pobos, non estaban comandados por un único líder, sendo unha confederación entre diferentes pobos con diferentes dirixentes. Entre eles: os alanos, os vándalos silingos e asdingos e os suevos. Entre 407 e 409 saquearon a Galia ata que atravesaron os Pireneos rumbo á Península Ibérica. Unha vez en territorio ibérico, esta confederación, aproveitou a guerra civil que enfrontaba a Máximo, Constante II e Honorio polo control do Imperio, para asentarse na Península.

Os alanos tomaron a Lusitania e a Cartaxinense, os vándalos silingos a Bética e os vándalos asdingos a Gallaecia oriental e os suevos, liderados por Hermerico, a Gallaecia occidental. Un acordo (foedus) entres as autoridades romanas e Hermerico, concedeu aos suevos a administración da provincia baixo a obediencia ao emperador. Hermerico asentou o seu trono na cidade de Bracara Augusta, capital da provincia, e fundou o regnum suevorum que co tempo acabaría por ser coñecido como galliciense regnum.

O ascenso dos suevos, e a permisión por parte das autoridades romanas, motivou unha sensación de abandono nos cidadáns galaicorromanos. Para Hidacio, bispo de Chaves, o ascenso dos suevos era unha humillación e representaba o triunfo do paganismo fronte a civilización. Moitos castros foron reocupados debido a inseguridade da sociedade. Este enfrontamento social perdurou ata pasado o século.

Reino Suevo

editar
Artigo principal: Reino Suevo.

Hermerico, xunto a inestabilidade interna, tiña unha forte rivalidade externa co resto dos reis xermánicos. Hidacio, comentou no seu Chronicon que os alanos mantiñan unha certa hexemonía sobre os vándalos e os suevos, que rematou coa morte do rei Ataces no 418 a mans de visigodos mandados por Roma. A morte de Ataces e o conseguinte asentamento dos visigodos en Aquitania, xerou un novo marco diplomático para os suevos que rapidamente causou enfrontamentos cos veciños vándalos.[1]

Guerra cos vándalos

editar
Artigo principal: Vándalos.

A hexemonía sobre Gallaecia veuse disputada entre Hermerico e Gunderico, rei dos vándalos, ao entrar en guerra. Esta guerra culminou na batalla dos Montes Nervasos no 419, inicialmente os vándalos acurralaron as forzas suevas, pero finalmente foron auxiliados polas autoridades romanas preocupadas pola posible vitoria vándala. Gunderico foi derrotado e forzado a abandonar a provincia e asentáronse na Bética e na Cartaxinense. Non sería ata o ano 429 que o sucesor de Gunderico, Xenserico, decidiu cruzar o estreito e asentarse na Mauretania.[1]

Expansión

editar

Entre 429 e 456 emprenderon expedicións de saqueo fóra; coa derrota no río Órbigo, pasaron á área de influencia dos visigodos (chegados á Península co obxectivo pactado con Roma de contelos), á que se incorporan definitivamente no 585.

Convertéronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, aínda que non moito despois tornarían ao arianismo ao entraren na órbita visigótica, para volveren por fin á ortodoxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dumio.

Século VI

editar
 
Interpretación do suroeste europeo entre os anos 550 - 600 onde se reflicten tres diferentes territorios, Gallaecia, gobernada polos reis suevos, e Hispania e Septimania gobernadas polos reis visigodos.

A mediados do século VI, as fontes histórico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento político-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura política e eclesiástica toma forma e propicia o establecemento de núcleos administrativos tales como sedes eclesiásticas, ao que se lles adxudican un número de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia é o compromiso real na tarefa de organización plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa.

Entre toda a documentación do período suevo, sobresae sen dúbida a coñecida como Parrochiale suevorum, redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensión territorial do goberno suevo así como a estrutura administrativa interna do reino.

Martiño de Dumio, orixinario da Pannonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parochiale suevorum (572-582).

Século VII

editar

Reino Visigodo

editar

Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.

Século VIII

editar

Invasión musulmá da Península Ibérica

editar

Reconquista cristiá de Galicia

editar

Invasión de Hixam I

editar
Artigo principal: Hixam I.

Século IX

editar
Artigo principal: Reino de Galicia.

Invasión de Al-Hakam I

editar
Artigo principal: Al-Hakam I.

Descuberta do sepulcro de Santiago

editar

Invasión de Abd al-Rahman II

editar
Artigo principal: Abd al-Rahman II.

Incursión viquinga

editar

Conquista de Portucale

editar

Século X

editar

Segunda incursión viquinga

editar

Invasión de Almanzor

editar
Artigo principal: Almanzor.

Século XI

editar

Terceira invasión viquinga

editar

Reinado de García II

editar
Artigo principal: García II de Galicia.

Rebelión de Rodrigo Ovéquiz

editar
Artigo principal: Rodrigo Ovéquiz.

Raimundo e Urraca

editar

Século XII

editar

Era Compostelá

editar
Artigo principal: Era Compostelá.

Urraca emperatriz

editar

Consagración de Afonso VII

editar

Batalla de Viadangos

editar
Artigo principal: Batalla de Viadangos.

Goberno en conxunto

editar

Reino de Portugal

editar

Século XIII

editar

Fin da monarquía galego-leonesa

editar

Proceso urbanizador

editar

De comezos do século XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores a través dun " villicus "; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.

A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co Camiño Francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).

Á beira das catedrais e dos seus cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).

Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, dende 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior (" Adelantado Mayor de Galicia ", ligado á casa de Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.

Século XIV

editar

Peste Negra

editar
Artigo principal: Peste Negra en Galicia.

Proclamación de Xoán de Gante

editar
Artigo principal: Xoán de Gante.
 
Xoán de Gante

Entrega das chaves de Compostela

editar
  1. 1,0 1,1 Peres Vigo, Alexandre; Ermida Meilán, Xosé Ramón; Picallo Fontes, Héitor (2023). "Os reis e as raíñas da Galiza". Monografías con perspectiva galega (Sermos Galiza S.A.) (6). ISBN 978-84-09-45637-6. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Carriedo Tejedo, Manuel (2005). "Pervivencia altomedieval (714-1080) de la “Gallaecia” suevo-visigoda (561-714)". Memoria Ecclesiae (en castelán) (Oviedo: Asociación de Archiveros de la Iglesia en España) (27): 553–590. 
  • Rodríguez Castillo, Héctor (2005). Os mosteiros dúplices en Galicia na alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-56-0. 
  • Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII). Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-45-5. 
  • Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na alta idade media de Galicia: o enxoval. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-120-6. 
  • García Oro, José (1999). Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-58-4.  (2ª edición)
  • Paredes Mirás, María del Pilar (2002). Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-47-5. 

Outros artigos

editar