De correctione rusticorum

carta de Martiño de Dumio

De correctione rusticorum ('Da corrección dos rústicos'), tamén coñecido como Pro castigatione rusticorum ('para o castigo dos rústicos') é un sermón catequético elaborado por Martiño de Dumio, para a instrución do clero cristián do reino suevo de Galicia.

De correctione rusticorum
Martiño de Dumio e o rei Miro.
O correctione dátase no seu reinado.
Tamén coñecido comoPro castigatione rusticorum
TipoSermón catequético
Dataca. 572
Lugar de orixeReino de Galicia
Lingua(s)Latín
Autor(es)Martiño de Dumio
PromotorSegundo Concilio de Braga
OutrosDirixido a Polemius, bispo de Astorga.
modificar datos en Wikidata ]

Características editar

O texto, escrito como unha carta ao bispo Polemio de Astorga, é na realidade un sermón preparado para a lectura pública.[1] Constitúe un manual práctico para asistir o clero cristián na súa labor evanxelizadora. A previsión, no Segundo Concilio de Braga, dun documento destas características serve para datar o escrito, considerándose que debeu ser elaborado pouco despois da asemblea de bispos galaicos,[2] que tivo lugar no ano 572, en tempos do rei Miro.

O correctione fai unha listaxe das principais prácticas idólatras presentes na época, e explica como estas se orixinaron. O escrito permite coñecer parte das crenzas e ideas relixiosas dos habitantes da Galicia do século VI. Estes, segundo Martiño:[3]

  • Rendían culto as avelaíñas e aos ratos.
  • Facían agoiros observando o voo das aves e os espirros.
  • Acendían cirios na noite cabo de pedras, árbores, fontes e nas encrucilladas.
  • Ofrendaban aos deuses deitando gran e viño sobre os troncos no lume, e pan e viño nas fontes.
  • As mulleres invocaban á deusa Minerva mentres traballaban nos teares.
  • Encantaban con formulas máxicas a herba e as colleitas. etc..

Tamén celebraban as vulcanais (festas na honra de Vulcano) e seguían o calendario romano, que asignaba aos días da semana os nomes dos seus principais deuses (Marte, Mercurio, Xúpiter,etc.). Para Martiño, os días debían pasar a contarse por feiras, conforme a liturxia cristíán. Tal e como aínda se fai en Portugal e, até hai pouco, na propia Galiza.[4]

Notas editar

  1. Vieira, Gerardo. "Instrução Pastoral sobre Supertições Populares". 
  2. López Ferreiro, Antonio (1882). Monumentos antiguos de la iglesia compostelana. p. 49. in tota Galliciae regione (Braga, Lugo, Dumio, Britonia (Mondoñedo), Iria (Compostela), Coimbra, Lamego, Ourense, Porto, Astorga, Tui, Idaña, Viseu) 
  3. De correctione rusticorum.Tradución de X. E. López Pereira (Universidade da Coruña).
  4. Gentalha do Pichel (09/07/2012). Quarta Feira logo vem (Youtube). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar