Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Música, danza e teatro
Temos ben poucos artigos
editarNa miña opinión debería haber moitos máis artigos nesta categoría, que é unha das menos extensas. Artigos que ao meu xuízo deberían ir (descoñezo o currículo de secundaria, pero son cultura xeral e polo tanto entendo que se darán):
- Ballet
- Wolfgang Amadeus Mozart
- Ludwig van Beethoven
- Johann Sebastian Bach
- Antonio Vivaldi
- Richard Wagner
- Reveriano Soutullo
- Pascual Veiga
- Música da Idade Media
- Música do Barroco
- Música do Clasicismo
- Música do Romanticismo
- Escala musical
- Acorde
- Melodía
- Harmonía (música)
- Gaita galega
- Requinta
- Zanfona
- Tamboril
- Muiñeira
- Bravú
Dende logo os 49 que hai son totalmente insuficientes, poderían engadirse moitos outros, algúns que seguramente non estean nos temarios pero que sería moi positivo de cara a formar xeracións que coñezan especialmente a música galega (algunha banda -Merza, A Lira, por exemplo-, compositorxs como Carlos López García-Picos, instrumentos como a corna (impulsado nos últimos tempos por Abraham Cupeiro), a movida viguesa, algúns grupos galegos (Suaves, Siniestro Total, Resentidos, Dios ke te crew, Astarot... por citar algúns coñecidos), personalidades como Pucho Boedo, Manuel Quiroga Losada ou Bismark el Gallego (José Lago), grandes cantantes como Ángeles Gulín, Carolina Casanova, Ofelia Nieto, Ignacio Varela (tenor) ou María Luisa Nache (todas estas persoas ben coñecidas máis aló das nosas fronteiras, e algunhas tristemente esquecidas, como adoita pasar con demasiada frecuencia coas personalidades da música deste país). Podería haber case (ou sen case) cen artigos nesta lista e tan só aparecen 49, unha cifra ben ridícula en comparación coa literatura (en cuxa lista hai moitos nomes que son, con moito, menos notables que Mozart, Beethoven ou Bach, por exemplo).
Concordo tamén co expresado por HombreDHojalata, non se debería ter comezado a poñer a icona nos artigos mentres non se tiveran confeccionado as listas, proporía eliminalos mentres non se aclare o tema de que artigos van e cales non para non liar ao personal, agradécese o esforzo, pero non é necesario ir ás carreiras na colocación das iconas. Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de xaneiro de 2019 ás 23:51 (UTC)
- Piquito, concordo con engadir as biografías dos músicos universais que comentas, xunto con Reveriano Soutullo, gaita galega e muiñeira que entendo que teñen que estar no apartado do currículo galego. Con eses engadidos esta lista chega xa ós 57 artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 15:12 (UTC)
- Acabo de revisar a versión de eu.wiki e vin que teñen 150 artigos, o problema é q no apartado do currículo éuscaro teñen 100 artigos. Eu penso que iso é excesivo. Para chegar ata eses 150 artigos o que se pode facer aquí é engadir algúns grupos senlleiros galegos no apartado do currículo galego e poñer outros artigos no apartado xeral, como os que indicaches ti por exemplo Piquito, ata chegar máis ou menos a eses 150. Que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 15:21 (UTC)
Elisardojm, dende o meu descoñecemento total do currículo da asignatura de música. Engado 69 artigos que considero (baixo o meu criterio, acertado ou non) que todo o mundo debe coñecer, incluídos 48 artigos relacionados con Galiza. Hai artigos que estou seguro non aparecen no currículo da materia por ser de personalidades pouco coñecidas e estudiadas pero cunha traxectoria internacional importante e que na miña opinión deberían recuperarse na memoria colectiva, ou que como Eugenia Osterberger foron pioneiras. Poderían incluirse máis artigos xerais, non o fixen por se se considera que deberían meterse máis artigos de teatro ou danza (non metín ningún artigo de personalidades da danza, podería meterse algunha se o consideradas, pero non sei moi ben o criterio). Tamén se podería engadir a ópera Inese e Bianca (primeira ópera galega) ou a zarzuela ¡Non máis emigración! (1ª zarzuela en galego e primeira obra en lingua galega en representarse fóra de Galiza), aínda que se nos empezamos a meter tamén en obras... (xa puxen a Novena de Beethoven por ter o que agora é o himno de Europa, pero poderían meterse máis que foron importantes por un motivo ou outro). Véxase que na lista hai 10 artigos que xa son de calidade (e un está agora en votación).
- Música
- Historia da música
- Música clásica
- Jazz
- Soul
- Rock and roll
- Gospel
- Música folk
- Música pop
- Heavy metal
- Rap
- Hip hop
- Música electrónica
- World music
- Orquestra
- Ópera
- Coro (grupo musical)
- Sinfonía
- Cantata
- Notación musical
- Instrumento musical
- Partitura
- Pentagrama
- Movemento (música)
- Harmonía (música)
- Timbre (música)
- Monodia
- Polifonía
- Homofonía (música)
- Contrapunto
- Melodía
- Software de edición de son
- Banda sonora orixinal
- Wolfgang Amadeus Mozart
- Ludwig van Beethoven
- Johann Sebastian Bach
- Antonio Vivaldi
- Richard Wagner
- Dramatización
- Teatro
- Improvisación
- Coreografía
- Comedia
- Musical
- Videoclip
- Curtametraxe
- Parodia
- Guión cinematográfico
- Atrezzo
- Escenografía
- Iluminación
- Teatro galego
- Reveriano Soutullo
- Manuel Lourenzo
- Gaita galega
- Música tradicional galega
- Muiñeira
- Ballet
- Claudio Monteverdi
- Georg Friedrich Händel
- Joseph Haydn
- Franz Schubert
- Piotr Ilich Tchaikovski
- Giuseppe Verdi
- Gustav Mahler
- Igor Stravinskii
- Arnold Schönberg
- John Cage
- John Coltrane
- Miles Davis
- Billie Holiday
- Elvis Presley
- Bob Marley
- Michael Jackson
- Jesús Bal y Gay
- Eugenia Osterberger
- Carlos López García-Picos
- Rogelio Groba Groba
- Andrés Gaos Berea
- Pascual Veiga
- Manuel Quiroga Losada
- Ángeles Gulín
- Carolina Casanova
- Ignacio Varela (tenor)
- Ofelia Nieto
- María Luisa Nache
- Carlos Núñez
- Cristina Pato
- Pucho Boedo
- Andrés do Barro
- Carlos Jean
- Luz Casal
- Abe Rábade
- Paco Charlín
- Sinfonía n.º 9 (Beethoven)
- Música da Idade Media
- Música do Renacemento
- Música do Barroco
- Música do Clasicismo
- Música do Romanticismo
- Escala musical
- Acorde
- Requinta
- Zanfona
- Tamboril
- Bravú
- The Beatles
- Los Suaves
- Siniestro Total
- Os Resentidos
- Os Diplomáticos de Monte-Alto
- Dios ke te crew
- Astarot
- Los Tamara
- Milladoiro (grupo musical)
- Luar na Lubre
- Berrogüetto
- Mr. Dixie Jazz Band
- Sumrrá
- Movida viguesa
- Coral Polifónica El Eco
- Banda Artística de Merza
- A Lira de Ribadavia
- Orquestra Sinfónica de Galicia
- Corna
- Sonata
Insisto, eu non teño nin idea do currículo, son todos artigos que eu engadiría se tivera que crear o currículo. O mellor sería que máis xente se pronunciara, as miñas achegas foron máis dende o punto de vista da música, especialmente da clásica. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 18:11 (UTC)
- Piquito, engadín os músicos clásicos da túa lista e ballet, porén o resto méteme un pouco de respecto engadilo así directamente. Penso que deberíamos buscar un criterio, ou varios, o máis obxectivo posible para engadir novos termos. Non sei, quizais os grupos gañadores dalgún premio musical do seu estilo ou algo así, algo externo no que basearse e ter de referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 22:47 (UTC)
- Paréceme ben Elisardojm, os meus coñecementos do currículo de música son nulos, o único que sei del é que é escasísimo (como adoita pasar coas materias artísticas, que por suposto son menos importantes que as materias científicas, por exemplo -véxase o artigo ironía-). De todos xeitos creo que Pascual Veiga ben se pode meter, compuxo a música do himno galego, por outra banda, Elvis Presley, Michael Jackson e Bob Marley foron sobradamente relevantes na historia da música como para estar na lista (non sei se están no currículo... pero non creo que nel apareza seguramente nin Mahler!!). Relevante é tamén Jesús Bal y Gay, non todos os compositores galegos podían presumir de ser amigos de Igor Stravinskii! Os períodos históricos poderían ir ou non, serán tamén artigos principais do artigo historia da música (ou non, porque se fora así o artigo tería unha óptica eurocentrista... hai que pensalo). É complicado, o mellor é consultar a lista á comunidade e que opine e propoña outros sobre música e engada uns cantos de teatro/danza. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:19 (UTC)