Abraham Cupeiro

músico, lutier e musicólogo galego

Abraham Cupeiro, nado en Sarria en 1980,[1] é un músico e musicólogo galego, coñecido por recuperar e reconstruír instrumentos da antigüidade.[2]

Modelo:BiografíaAbraham Cupeiro

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, lutier, musicólogo, multiinstrumentista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoTrompeta Editar o valor en Wikidata

Sitio webabrahamcupeiro.com… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5769450 Musicbrainz: 876de33d-c349-4200-92b3-64d3a644f036 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e fixo un máster de Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.[3]

No ano 2006, construíu unha trompeta barroca con técnicas do século XVIII. Tamén reconstruíu un carnyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, guiándose pola imaxe dunha moeda romana. Recuperou un instrumento desaparecido da tradición galega, a corna, que tocaba o seu avó.[4] Conta cunha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de diferentes épocas.[5] Dende 2006 leva a cabo o espectáculo "Resoando no pasado", un concerto-monólogo no que dá a coñecer instrumentos de vento de diferentes épocas e lugares, moitos deles construídos por el mesmo.[6]

Entre as súas colaboracións salientan diferentes agrupacións historicistas, a do acordeonista belaruso Vadzim Yukhnevich, así como co grupo musical galego Grupo 1500, onde tocaba a corneta, frautas e a gaita.

En outubro de 2017, lanzou con Warner Classics un disco coa Real Filharmonía de Galicia, Os sons esquecidos,[7] no que interpreta diferentes instrumentos ancestrais.

Discografía

editar
 
Abraham Cupeiro co seu carnyx tralo concerto "Resoando no pasado" en Vigo.
  1. "El músico gallego Abraham Cupeiro actúa en la iglesia de San Salvador de Soutomaior". Faro de Vigo. 25 de xaneiro de 2024. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  2. "O Goberno da Deputación leva os sons ancestrais de Abraham Cupeiro a 16 Concellos da provincia". Deputación Lugo. 8 de abril de 2018. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  3. "Abraham Cupeiro". aine.gal. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  4. "Abraham Cupeiro e a Banda de Música Municipal de Santiago". mare.gal. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  5. "La Diputación de Lugo llevará los sonidos ancestrales de Abraham Cupeiro a 16 municipios de la provincia". Galicia Press. 8 de abril de 2018. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  6. "Resoando no pasado". abrahamcupeiro.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  7. Abraham Cupeiro.com (ed.). "Novo disco: Os sons esquecidos". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018.