Grupo 1500

Grupo galego de música antiga

Grupo 1500 é unha formación musical galega, vocal e instrumental, dedicada á interpretación da música antiga[1][2].

Grupo 1500
OrixeGalicia Galicia
Período2005–presente
Xénero(s)Música clásica
MembrosMaría Giménez (voz e percusión), Belén Bermejo (voz e organetto), José Ignacio Castro (sacabuxa e frautas), Víctor Blanco (guitarra barroca, guitarra renacentista e arpa), Roberto Santamarina (fídula e violin barroco), Andrés Díaz (frautas, chirimía, baixón, vihuela e guitarra renacentista)
Na rede
www.grupo1500.es

Formación editar

O grupo conta cunha formación estable de seis músicos, ampliando tanto a formación coma os instrumentos segundo os programas. Son colaboradores habituais Abraham Cupeiro (corneta, frautas e gaita) e Arquímedes Artal (viola de gamba e lirone). Na actualidade está dirixido por Andrés Díaz[3].

Traxectoria editar

O gruo fundouse no ano 2005, e o seu repertorio abrangue desde a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media até a música do Renacemento[4] e o primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500. Na interpretación e composición dos seus programas emprega instrumentos medievais e renacentistas[5].

Para alén da súa actividade concertística, o grupo desenvolve outros proxectos musicais, tales como bandas sonoras para audiovisuais e teatro (como a curtametraxe Cadea Perpetua ou os documentais O Mariscal e Cetreiros do Século XXI), guías e concertos monográficos, ademais da colaboración con outras formacións no eido da música antiga (Silva de Sons, Os Menestreis de 1500, etc).

O grupo actuou no festival “Espazos Sonoros” (edicións do 2008[6] e 2012), a “Festa da Istoria” de Ribadavia, o ciclo “Músicas na Compañía” da USC, así como noutros eventos[7][8], tanto da xeografía galega como da europea (Portugal, Francia, Austria, etc).

Programas editar

Os programas xiran arredor de diferentes xéneros temáticos: Eamus videre… – ciclo da Semana Santa nos cancioneiros do século XVI - ; Do divino e o mundo – un percorrido pola música antiga, do século XIII ao XVI - ; ou Amor e Danza na Europa das Nacións - viaxe musical imaxinaria pola Europa do século XVI.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar