Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos

Benvida

editar

Benvidas e benvidos ó Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Nesta páxina podedes comentar as dúbidas que teñades sobre calquera aspecto do proxecto, tentaremos responder o máis axiña posible. Se nalgún momento alguén considera que precisamos crear outras páxinas para mellorar a organización do traballo, ou o que se precise, poderemos facelas sen problema, tan só tedes que comentalo aquí.

A primeira fase do proxecto debería ser facer unha revisión das listas de artigos de cada materia, xa que este proxecto está baseado no proxecto homónimo da Wikipedia en éuscaro. Polo tanto é preciso que profesores de cada materia, coñecedores do currículo galego, cambien esta lista de artigos para que se adapte o mellor posible ó contexto de Galicia.

A idea inicial era ter unha lista duns 1.000 artigos, pero no proxecto orixinal xa se decataron que poñer un número de artigos tan redondo era imposible, por iso a súa lista supera os 1.500 artigos. Aquí actualmente hai un número semellante, un chisquiño máis de 1.500, pero non debemos aumentar moito máis este número para que non se perda o obxectivo do proxecto, facer artigos da maior calidade posible destes temas. Por iso, se alguén detecta que algún artigo é imprescindible nalgunha das seccións, pode engadilo sen problema, pero con sentidiño :). Hai algunhas seccións, como a de historia e a de literatura, que haberá que adaptar moito ó currículo galego xa que eu non coñezo en detalle eses temarios e quitei moitos artigos que había na Wikipedia en éuscaro. Seguramente faltarán bastantes artigos importantes nesas seccións e noutras, por iso é tan necesario que se faga este traballo de revisión das materias.

Este proxecto pretende, ademais, ser unha ferramenta que facilite o uso da Galipedia nas aulas, xa que grazas a este enfoque por materias e artigos importantes, todo o profesorado atopará espazo para colaborar. Neste sentido na Galipedia hai outro proxecto irmán deste, Wikipedia:Proxectos pedagóxicos, que facilita a creación de proxectos educativos na Galipedia, achega ferramentas e ten documentación de axuda para comezar a usar a Galipedia nas aulas.

E coma sempre, toda colaboración é benvida e eu, e os editores da Galipedia, estamos para axudar a quen o precise a comezar na wiki, polo que preguntade todo o que precisedes sen medo! Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2018 ás 09:39 (UTC)Responder

P.D:Lembrade, a Galipedia non racha!

Nome do proxecto...

editar

Quizais habería que reformular o nome deste Wikiproxecto, a 5 de xaneiro de 2019 ten bastantes máis de 1000 artigos, concretamente 1 518 no momento no que fixen a conta. Non sei se será unha situación pasaxeira ata que se faga a selección de artigos conforme ao currículo escolar, que por certo, deixo aquí por se a alguén lle interesa consultalo, ou en realidade non hai un límite claro de artigos, pudendo chegar entón ao absurdo de que todas as páxinas da Galipedia se poidan chegar a incluír nesta listaxe por un motivo ou por outro. --AMPERIO (conversa) 5 de xaneiro de 2019 ás 12:48 (UTC)Responder

O nome de 1000 era a idea orixinal de eu.wiki, alí tamén pasaron dos 1500 artigos xa que non era posible axustar a lista de artigos a un número redondo. Non vexo problema en que aquí se faga o mesmo, cando se vaia revisando a lista, é o mesmo que haxa 1200 ou 1600 artigos, a idea básica é que esta lista de artigos melloren a súa calidade. Eu entendo que o número 1000 pode manterse porque é un número redondo para facilitar a difusión do proxecto, e un número de referencia, está claro que non ten sentido que a lista teña máis de 2000 artigos, nese caso si habería que cambialo.
E se o proxecto avanza e evoluciona podería ser que houbera que amplialo no futuro, e si podería ter sentido cambiar o nome... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2019 ás 23:35 (UTC)Responder

Colaborar cos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos

editar

Ola! Lin na páxina do wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para os alumnos galegos que se quería colaborar podía pasarme pola taberna e deixar unha mensaxe. Ben, aquí estou. Gustaríame colaborar con algúns artigos relacionados coa bioloxía, non sei se teño que falar con alguén. Disculpádeme se este fío está onde non debe, son novo na wikipedia e, como vedes, ando algo perdido! Un saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Tío Eliseu (conversacontribucións) 10 de marzo de 2019 ás 23:59‎

Boas Tío Eliseu, movín o fío aquí, a conversa do proxecto, porque penso que é máis acaído. Podes dicirnos un pouco máis como queres colaborar?, así poderemos comentarche mellor as posibilidades que hai. Queres simplemente mellorar artigos da lista pola túa conta? Ou es profesor e queres organizar algo para traballar cos alumnos da túa clase? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2019 ás 11:29 (UTC)Responder
Gracias por movelo. Non, non son profesor. Polo de agora só pensaba facer melloras pola miña conta, cando vaia tendo tempo. Preferín preguntar antes de botarme a facelo por precaución, por se había algo en especial que ter en conta. Supoño que con editar procurando seguir as normas e explicar os cambios no resumo da edición chega, non é? E se nalgún momento teño dúbidas sobre como enfocar algo, podo pedir axuda na páxina de discusión do artigo, imaxino. Nada máis era iso.--Tío Eliseu (conversa) 11 de marzo de 2019 ás 16:35 (UTC)Responder
Xustamente iso Tío Eliseu, eu non o podería explicar mellor! :) Dálle para adiante sen medo! Se queres, se vas a traballar en artigos deste proxecto, podes preguntar por aquí tamén se son cousas xerais, ou non che fan caso na conversa dun artigo concreto :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2019 ás 10:55 (UTC)Responder


Ola, en primer lugar quero felicitar a todos vós polo feito de estar todo tan ben explicado, e segundo: Creo eu que hai que ver o artigo do Camiño de Santiago e amplialo, xa que é unha cousa Galega, e está menos extendido en Galego que en Castelán ou en Alemán. Simplemente é un dato que por casualidade, fixeime. Solo é para que se alguén ten tempo e sabe diso... xa sabe que facer. Grazas.--Gaescribe (conversa) 2 de xullo de 2021 ás 14:53 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos".