Idade Media en Galicia

A Idade Media en Galicia abarca a historia de Galicia na Idade Media; do século V, coa caída do Imperio Romano de Occidente, ao século XV, co inicio da Idade Moderna.

Idade Media en Galicia

Mapa do Reino de Galicia de c. 1603
Historia de Galicia Galicia
Cronoloxía Cronoloxía de Galicia
Categoría Historia de Galicia
Idade Media
Idade Media en Galicia
Século V
409 - 585: Reino suevo de Gallaecia
Século VI
572: Diocese de Britonia
585 - 721: Reino visigodo na Gallaecia
Século VIII
711: Invasión musulmá
718 - 1230: Reinos cristiáns de Gallaecia
Século IX
813: Camiño de Santiago
844 - 1066: Invasións viquingas
848 - 1128: Condado portucalense
Século XII
1100 - 1400: Literatura galego-portuguesa
1101 - 1230: Era Compostelá
1128: Independencia de Portugal
Século XIII
1230: Fin da monarquía galego-leonesa
Século XIV
1347 - 1351: Peste negra
1351 - 1369: Guerra civil castelá
1369 - 1453: Guerra dos Cen Anos
Relacionados
Historia Historia da lingua galega
Artigos Pobo galego
Reino de Galicia
Historiografía do Reino de Galicia
Artigo principal: Idade Antiga en Galicia.
 
Extensión da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano de Occidente.

A finais do século V e comezos do século VI, a provincia de romana de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estendíase por todo o noroeste da Península Ibérica, desde as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur. Compoñíase administrativamente de catro conventos (conventus) xurídicos con cadansúa capital, así o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus Cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este último o que foi integrado máis tardiamente na Gallaecia (século IV), pois antes pertencera á Provincia Tarraconensis. Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo, Braga, Astorga e Clunia) era a cidade de Bracara (Braga) a que exercía de capital provincial de toda a Gallaecia

Así, polas descricións de numerosos autores da época como Paulo Orosio, Hidacio ou Isidoro de Sevilla coñécense algunhas das rexións humanas e xeográficas que posuía a provincia romana deGallaecia:

  • Cantabria, rexión montañosa sita no Conventus Cluniensis onde vivían os cantabros.
  • Campus Gallaeciae (Campos de Galicia), extensa chaira sita entre o Conventus Asturicensis e o Conventus cluniensis, antigamente habitada polos vacceos, coñecida actualmente co nome de Tierra de Campos, na actual Castela e León.
  • Asturia, rexión habitada polos astures coincidente grosso modo co Conventus Asturicensis.
  • Pars Gallaeciae (Partes de Galicia), foi a rexión netamente galega composta polo Conventus Lucensis e o Conventus Bracarensis, sendo o núcleo da Gallaecia e co que se designou ao conxunto da provincia.

Alta Idade Media

editar
Artigo principal: Alta Idade Media.

A época altomedieval estendeuse desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o século XI. O Imperio Romano caeu baixo a presión das migracións xermánicas. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans dos suevos e dos vándalos asdingos. Despois dunha guerra entre ambos, os suevos impuxéronse formando un Reino suevo que estaría en conflito coas elites galaico-romanas e cos visigodos que culminou cunha guerra civil que duraría ata o reinado de Remismundo.

Século V - Reino suevo

editar
 
Interpretación do suroeste europeo entre os anos 550 - 600 onde se reflicten tres diferentes territorios, Gallaecia, gobernada polos reis suevos, e Hispania e Septimania gobernadas polos reis visigodos.
Artigo principal: Reino suevo.

Os suevos entraron no noroeste peninsular seguindo a costa e evitando a zona de León, para evitaren así enfrontamentos coa mili­cia romana. De vida itinerante, estaban dirixidos por unha aristocracia guerreira e preferíanse asentar no medio rural e non nas cidades ou vilas. Coa toma de Lugo, os xermánicos adquiriron o control definitivo da provincia. A cultura material non diferirá moito da galaico-romana. Os suevos, dado o seu escaso número, concentráronse no territorio que arrodea Braga.

Entre 429 e 456 emprenderon expedicións de saqueo fóra; coa derrota no río Órbigo, pasaron á área de influencia dos visigodos (chegados á Península co obxectivo pactado con Roma de contelos), á que se incorporan definitivamente no 585. Convertéronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, aínda que non moito despois tornarían ao arianismo ao entraren na órbita visigótica, para volveren por fin á ortodoxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dumio.

Paulo Orosio coñeceu a Agostiño de Hipona e a Xerome de Estridón. É o autor da Historiarum adversus Paganos Libri VII (Os sete libros da historia contra os pagáns) contra Prisciliano; Hidacio, orixinario da Limia e bispo da Diocese de Aquæ Flaviæ desde 427, é autor do Chronicon, que chega até o ano 469.

Século VI

editar

A mediados do século VI, as fontes histórico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento político-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura política e eclesiástica toma forma e propicia o establecemento de núcleos administrativos tales como sedes eclesiásticas, ao que se lles adxudican un número de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia é o compromiso real na tarefa de organización plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa. Entre toda a documentación do período suevo, sobresae sen dúbida a coñecida como Parrochiale suevorum, redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensión territorial do goberno suevo así como a estrutura administrativa interna do reino. Segundo esta, o reino conta coas seguintes dioceses:

  • Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea, Verugio, Bibalos, Teporos, Geurros, Pincia, Cassauio, Verecanos, Sanabria, Calapacios maiores.
  • Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos.
  • Diocese de Braga: Bracarensem, Centumcelas, Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis, Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. Así como os pagus: Panonias, Laetera, Brigantia, Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio.
  • Diocese de Britonia: Britonorum, Monasterio Maximi,
  • Diocese de Conimbriga: Conembrica, Eminio, Selio, Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum.
  • Diocese de Dumio: Dumio.
  • Diocese de Idanha: Egitania, Municipio, Francos.
  • Diocese de Iria: Iria, Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mercienses, Pestemarcos,
  • Diocese de Lamego: Lamego, Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos.
  • Diocese de Lugo: Lugo, Carioca, Seuios, Cauarcos,
  • Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo, Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria, Villa Gomedei, Tauvase. Tamén os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca.
  • Diocese de Tui: Tudensem, Turedo, Tabulela, Lucoparre, Aureas, Langetude, Carisiano, Marciliana, Turonio, Celesantes, Toruca, Aunone, Sacria, Herbilione, Cauda, Ovinia, Cartase.
  • Diocese de Viseu: Viseu, Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.

Martiño de Dumio, orixinario da Pannonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parochiale suevorum (572-582)

Século VII - Reino visigodo

editar
Artigo principal: Reino visigodo.

Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.

Século VIII - Invasión musulmá

editar

A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmá de 711.

Século IX - Reinos cristiáns de Gallaecia

editar
 
A descuberta da tumba de Santiago vai converter a Galicia nun eixo da cristiandade medieval. Na imaxe: Santiago, obra de Rembrandt van Rijn.

En 813, o bispo Teodomiro anunciou a descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago.

O fin do primeiro milenio viu certo crecemento demográfico e a repoboación de zonas cada vez máis ao sur, a través do sistema de "presura". A comezos do segundo as costas padeceron os saqueos viquingos. Desde o século IX comezaron a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso.

Século X

editar

Baixa Idade Media

editar
Artigo principal: Baixa Idade Media.

A época baixomedieval abrangue o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos turcos e do descubrimento de América, a finais do século XV. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

Século XI

editar

Século XII - Literatura galego-portuguesa

editar
Artigo principal: Literatura galego-portuguesa.

Século XIII

editar

De comezos do século XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores a través dun " villicus "; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.

A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co Camiño Francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).

Á beira das catedrais e dos seus cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).

Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, desde 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior (" Adelantado Mayor de Galicia ", ligado á casa de Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.

Século XIV

editar
 
Acea en Caldas de Reis.

Desde que o Reino de Galicia pasou progresivamente a depender da monarquía castelá, así como o constante desgastade da súa alta aristocracia en conflitos dinásticos que buscaban a fin da dominación castelá, acabaría esmorecendo a súa capacidade de actuación. Despois das terríbeis fames e pestes do século XIV,

Século XV - Gran Guerra Irmandiña

editar
Artigo principal: Gran Guerra Irmandiña.

A conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).

 
Restos do Castelo da Rocha Forte arruinado polos irmandiños no 1466

A propiedade da terra constituía o elemento de diferenciación social e provocaba a necesidade de pedir protección. Esta protección pagábase encomendando terreos propios ou cedéndoos como pagamento de rendas; foise consagrando así o sistema de privilexios nobiliarquicos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Carriedo Tejedo, Manuel (2005). "Pervivencia altomedieval (714-1080) de la “Gallaecia” suevo-visigoda (561-714)". Memoria Ecclesiae (en castelán) (Oviedo: Asociación de Archiveros de la Iglesia en España) (27): 553–590. 
  • Rodríguez Castillo, Héctor (2005). Os mosteiros dúplices en Galicia na alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-56-0. 
  • Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII). Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-45-5. 
  • Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na alta idade media de Galicia: o enxoval. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-120-6. 
  • García Oro, José (1999). Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-58-4.  (2ª edición)
  • Paredes Mirás, María del Pilar (2002). Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-47-5. 

Outros artigos

editar