A época baixomedieval esténdese desde o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos turcos e da descuberta de América, a fins do século XV. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
Megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

Historia

editar

O fin do primeiro milenio viu certo crecemento demográfico e a repoboación de zonas cada vez máis ao sur, a través do sistema de "presura". A comezos do segundo as costas padeceron os saqueos viquingos. Desde o século IX comezaron a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores a través dun "villicus"; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.

 
Acea en Caldas de Reis.

Desde que o reino de Galiza pasou progresivamente a depender da monarquía castelá, así como o constante desgastade da súa alta aristocracia en conflitos dinásticos que buscaban a fin da dominación castelá, acabaría esmorecendo a súa capacidade de actuación. Despois das terríbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).

O sistema feudal

editar
 
Restos do Castelo da Rocha Forte arruinado polos irmandiños no 1466

A propiedade da terra constituía o elemento de diferenciación social e provocaba a necesidade de pedir protección. Esta protección pagábase encomendando terreos propios ou cedéndoos como pagamento de rendas; foise consagrando así o sistema de privilexios nobiliarquicos. A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co camiño francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).

Á beira das catedrais e dos seus cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).

Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, desde 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior ("Adelantado Mayor de Galicia", ligado á familia dos Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • García Oro, José (1999). Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-58-4.  (2ª edición)
  • Paredes Mirás, María del Pilar (2002). Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-47-5. 

Outros artigos

editar