Cronoloxía do Reino de Galiza
|
409
|
Os suevos encabezados polo rei Hermerico pactan un foedus con Roma e establécense formalmente na provincia romana da Gallaecia, que pasa a ter rango de reino, con capital en Braga.
|
438
|
O rei Requila leva a cabo a expansión sueva pola Lusitania e Bética
|
448
|
Morre Requila en Emerita Augusta, o seu fillo Requiario herda o trono.
|
449
|
O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo.
|
456
|
Ten lugar a batalla do Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario.
|
457
|
O herulo Aguiúlfo proclámase rei da Galiza.
|
457-463
|
Guerra civil entre os diversos reis suevos que pretenden o trono de Braga.
|
463
|
Remismundo logra impoñerse sobre os seus opositores e coróase rei da toda a Galiza.
|
550
|
Carriarico, rei de Galiza, converte o reino ao catolicismo.
|
561
|
Celébrase o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro
|
572
|
Celébrase o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro.
|
583
|
Fracasa a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda.
|
585
|
O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facéndose deste xeito co reino. Os visigodos gobernarán Galiza ata o ano 711.
|
587
|
Celebrase o III Concilio de Toledo, ao que asisten bispos de Galiza, España e Septimania.
|
698-702
|
O príncipe visigodo Vitiza goberna Galiza con atribución reais, dende a súa corte en Tui.
|
711
|
Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Vitiza. Derrota e morte do rei visigodo Rodrigo.
|
714 e 719
|
España e Septimania son respectivamente tomadas polos exércitos musulmáns. Fin da monarquía visigoda.
|
711-791
|
A ausencia da autoridade real, ocasiona que os nobres galaicos comecen a disputarse o control sobre Galiza. Período de conformación dun novo reino cristián na Galiza.
|
791
|
Afonso II fixa a capital do reino Galiza na cidade asturiana de Oviedo.
|
794
|
Bispos galegos acoden ao sínodo relixioso celebrado en Frankfurt.
|
818 - 847
|
Descubrimento dos restos atribuídos ao apóstolo Santiago o Maior.
|
842
|
Ramiro I derrota a Nepociano que usurpara o trono de Oviedo.
|
910
|
Afonso III é destronado polo seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente na cidade de León a corte de Galiza.
|
997
|
O xeneral musulmán Almanzor saquea a cidade de Compostela.
|
1027
|
Morre o rei Afonso V dun frechazo durante o asedio a Viseu.
|
1037
|
Morte de Vermudo III de Galiza na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros.
|
1065
|
García de Galiza herda o territorio do reino de Galicia (xunto co condado de Portugal e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla), volvéndose este independente.
|
1071
|
García de Galiza vese obrigado a se exiliar debido á entrada en Galiza do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II.
|
1111
|
Coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galiza na Catedral de Santiago de Compostela.
|
1128
|
Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do reino de Galiza.
|
1230
|
Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galiza e León.
|
1296-1301
|
O rei Xoán I restaura a independencia galego-leonesa e titúlase rei de Galiza, León e Sevilla.
|
1369
|
A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique de Trastámara ataca Portugal.
|
1386-1388
|
Alianza entre nobres galegos e Inglaterra. John of Gaunt, duque de Lancaster, é coroado rei en Galiza.
|
1467-1469
|
Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña.
|
1483
|
Execución de Pero Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde do Gobernador dos Reis Católicos en Galiza.
|
1486
|
Os Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento de todos os nobres galegos.
|
1518
|
Mobilización das cidades e vilas galegas para recupera-lo seu voto lexítimo en Cortes.
|
1528
|
Formase a Xunta do Reino de Galicia.
|
1623
|
O reino recupera o voto das cortes reais tras pagar 100 000 ducados.
|
1808
|
Formación da Xunta Suprema do Reino de Galiza coa fin de defender o reino ante os exércitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias.
|
|
|
1833
|
A rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asina o decreto da disolución da Xunta do Reino de Galicia.
|