Xoán de Gante

(Redirección desde «John of Gaunt»)

John of Gaunt ou Xoán de Gante, nado en Gante o 24 de xuño de 1340 e finado en Londres o 3 de febreiro de 1399, cuarto fillo do rei Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainault, foi o primeiro duque de Lancaster.

Xoán de Gante
Nacemento24 de xuño de 1340
Lugar de nacementoGante
Falecemento3 de febreiro de 1399
Lugar de falecementoCastelo de Leicester
SoterradoCatedral de San Paulo de Londres
Ocupaciónpolítico
PaiEduardo III de Inglaterra
NaiFilipa de Hainaut
CónxuxeBranca de Lencastre, Constanza, duquesa de Lancaster e Catarina Swynford
FillosFilipa de Lancaster, Isabel Plantageneta, Henrique IV de Inglaterra, Catarina de Lancaster, João Beaufort, 1.º Conde de Somerset, Joana Beaufort, Blanche Plantagenet, John of Lancaster, Edward Planatagenet, John Plantagenet, Isabella Plantagenet, Henrique Beaufort, Thomas Beaufort, Primeiro Duque de Exeter e John Plantagenet
IrmánsMary of Waltham, Isabela de Coucy, Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke, Joana de Inglaterra (1335–1348), Eduardo de Woodstock, Edmundo de Langley, Leonel de Antuérpia e Tomás de Woodstock
PremiosOrde da Xarreteira
Na rede
WikiTree: Plantagenet-66 Find a Grave: 28331470 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Entre 1386 e 1387 emprendeu unha expedición militar de conquista do reino de Castela, tomando o reino de Galicia como base de operacións. O duque foi derrotado polas tropas castelás cando trataba de avanzar pola Meseta.

Traxectoria editar

Xoán tornouse duque de Lancaster en 1362, a través do casamento coa súa curmá Branca de Lancaster. En 1390 tornouse duque da Aquitania por doazón do sobriño Ricardo II de Inglaterra. Xoán de Gante foi o fundador da Casa de Lancaster, a facción encarnada da guerra das rosa. Era pai de Henrique IV de Inglaterra.

Despois da morte de Branca, Xoán de Gante casou en 1371 coa princesa Constanza, filla do falecido rei Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, e envolveuse na complicada política castelá ao declararse pretendente da coroa castelá, rivalizando con Henrique de Trastámara. O ano seguinte, a posición inglesa foi reforzada co casamento de Edmundo de Langley, outro fillo de Eduardo III, con Isabel, irmá máis nova de Constanza. As súas intencións foron goradas polos Trastámara, mais Xoán continuou a influenciar a política ibérica. Cando estalou a crise dinástica de 1383-1385 entre Portugal e Castela, o duque apoiou a facción de Xoán, Mestre de Avis, do punto de vista político e militar, enviando unha división de arqueiros galeses. É da súa iniciativa que naceu o tratado de Windsor que confere a Inglaterra e Portugal o estatuto de aliados desde 1387. Para asinar este tratado, a súa filla máis vella, Filipa, casou con Xoán I de Portugal.

Despois da morte do seu irmán máis vello, Eduardo, o Príncipe Negro, o duque de Lancaster viu o seu poder incrementado. Foi este estatuto de privilexio que lle permitiu protexer o reformador relixioso John Wycliffe, cuxas ideas defendía. Os primeiros anos do reinado do seu sobriño Ricardo II, alcanzou o estatuto de tío favorito e conselleiro de confianza. Porén, algunhas medidas menos acertadas da súa parte fíxolle perder o apoio do rei e do pobo. En consecuencia, o seu pazo foi destruído por unha revolta popular en 1381. En 1386, Xoán é enviado para o continente como embaixador e en 1390 tórnase Duque da Aquitania, nun exilio disfrazado. Cando Xoán morre en 1399, Ricardo II declara a aprehensión de todas as súas propiedades, o que causa a revolta do herdeiro de Lancaster Henrique Bolingbroke, e, a medio prazo, o seu asasinato.

Xoán de Gante mantivo unha amante, Catarina Swynford, durante os derradeiros 30 anos da súa vida e con quen casou despois da súa viuvez. Os fillos desta unión, coñecidos como os Beaufort, foron entón lexitimados aínda que eliminados da sucesión ao trono. A pesar diso, o futuro rei Henrique VII de Inglaterra baseou a súa pretensión ao trono con base no seu avó, John Beaufort, fillo máis vello de Xoán de Gante e Catarina.

Notas editar

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Fernando 'O Fermoso' de Portugal e Xoán de Gante. Uns reis galegos na segunda metade do século XIV .
(Nós Diario, 26.10.2022)


Predecesor:
Xoán I
Rei de Galiza
1386-1387
 
Sucesor:
Xoán I